lunes, 2 de marzo de 2015

Parabéns premio "ferrolán do ano-2014"


A Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra quere felicitar oficialmente á comunidade educativa do voso centro polo recoñecemento "Ferrolán do Ano-2014", concedido pola traxectoria de tantos anos na formación do seu alumnado.

Coñecedores como somos do traballo que se leva facendo e se está facer tamén na actualidade na mesma liña, non queremos deixar de pasar esta oportunidade para solicitarvos transmitades a todo o persoal do centro e e as nais en pais que optan por enviar ás súas fillas e fillos ás vosas aulas a nosa máis sincera felicitación.

Dende esta Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra compartimos con vós a defensa dun ensino "público" de calidade e queremos seguir contando con vos na mellora da nosa sociedade, independentemente de recoñecementos oficias que, sen dúbida ningunha, serían extendibles a outras comunidades educativas da nosa cidade e bisbarra.

Asistiremos ao acto do 7 de xaneiro para amosar a gratitude e o recoñecemento de todas as familias de Ferrolterra polo voso compromiso.


Recibide un cordial saúdo de todas as familias ás que representamos,



Xunta directiva 
Fed. ANPAS Ferrolterra




No hay comentarios: