martes, 8 de abril de 2014

Bolsas ERASMUS .-

 

Dez mil bolsas Erasmus buscan propietario

O novo programa establece requisitos académicos e de idiomas

 máis esixentes que as 30.000 bolsas financiadas pola Unión Europea

Escrito por:
Madrid / La Voz
04 de abril de 2014  11:34 GMT
          
Os estudantes universitarios e de ensinos superiores -FP de grao superior, artísticas, artes plásticas, deseño e deportivas- poderán solicitar a partir de hoxe e ata o 24 de abril unha das 10.000 bolsas do novo programa Erasmus+ que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte financiará de xeito íntegro para o curso que vén cun orzamento de 18 millóns de euros.
 
Así o indica a orde publicada onte no Boletín Oficial do Estado (BOE), que establece requisitos académicos e de idiomas máis esixentes que as 30.000 bolsas financiadas pola Unión Europea, ademais dunha contía superior ao mes. En ambos os casos, as bolsas terán unha duración de cinco meses para a realización de estudos e de tres para prácticas en empresas.
 
Os estudantes poderán obter entre 300 e 500 euros ao mes, segundo os casos. Recibirán 400 euros cada mes os que elixan para a súa formación destinos como Francia, Italia, Reino Unido, Liechtenstein ou os nórdicos; 350 se escollen Bélxica, Alemaña e os Países Baixos, por exemplo; e 300 se van a Polonia, as repúblicas bálticas, Bulgaria ou Romanía, entre outros.
Máis diñeiro que as da UE
 
Se o solicitante foi beneficiario dunha bolsa ou axuda xerais do Ministerio de Educación no curso 2013-2014, recibirá cen euros adicionais. Se é alumno de prácticas, terá outros cen euros, aínda que incompatibles co complemento anterior. As axudas, que non estarán suxeitas a IRPF, serán incompatibles coas do programa europeo Erasmus Plus, que financia a Unión Europea.
O pagamento será único, unha vez comezada a estancia e previa presentación do certificado que asegure a incorporación efectiva ao centro académico ou de prácticas. A finais de maio publicaranse as listas de admitidos.


- La Voz de Galicia.-


No hay comentarios: