martes, 23 de diciembre de 2014

Ferroláns do ano -

 

O título de Ferrolán do Ano será para cinco centros educativos da cidade.

O Club de Prensa, a Escola de Hostalería da Armada e o Colexio de Arquitectos, distinguidos coas Insignias de Ouro de Ferrol

Escrito por:
La Voz
Ferrol  22 de decembro de 2014                                         
          
As distinción de Ferrolán do Ano concederase a cinco centros educativos da cidade. O acalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, anunciou hoxe os galardoados, que serán o colexio Compañía de María, o IES Sofía Casanova e os centros de Educación Infantil e Primaria de Recimil, Manuel Masdías e San Xoán. Ademais, concederanse as Insignias de Ouro de Ferrol ao Club de Prensa, a Escola de Hostalería da Armada e o Colexio de Arquitectos-Delegación de Ferrol.

A proposta de distincións foi tratada na xunta de portavoces e mañá levará ao pleno da Corporación municipal para a súa aprobación.
Entregaranse o próximo 7 de xaneiro, coincidindo coa festividade local de San Xiao, no teatro Jofre.

- La Voz de Galicia.-

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO-2015.-


 
 

 - Boas Festas -
 
 - Feliz educativo aninovo -2015 -
 



 
 
- Anpa IES Sofía Casanova .-
 
 

sábado, 20 de diciembre de 2014

Solidariedade

 
 

 

Queremos agradecer a vosa solidariedade polas vosas DOAZÓNS dirixidas a todas as  persoas desfavorecidades, e  as entidades   como a Cociña  Económica  e D y P.

O alumnado  e familias tiveron a importante tarefa de doar e levar estes produtos básicos como xesto de solidariedade. 
 
 
 
 
 
Esperamos e desexamos a verdadeira RECUPERACIÓN de emprego
e unha maior EQUIDADE económica e social para vivir dignamente. 
 
 
Felices Festas .-


- ANPA .-


jueves, 13 de noviembre de 2014

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR-



Esta ANPA do IES Sofía Casanova anima as nais,  país ou titores legais a presentar candidaturas para as eleccións de representantes ao Consello Escolar.

Son elixibles todas as nais, país e titores legais que formulen a súa candidatura oficial, segundo modelo que facilitará a Secretaría do  IES Sofía Casanova ate as 14 horas do martes - 18 de novembro.
 


Importante advertir que superada esta data e hora non poderase presentar ningunha candidatura fóra deste prazo.

No presente proceso electoral corresponde elixir 1 nai - pai  dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar, tendo en conta a importancia de
cobrir estas plazas e suplencias. A ANPA nomea a súa  propia representación.
  
- A campaña electoral comprenderá dende o 21 ao 24 de novembro, lembrando que o dia 26 de novembro, véspera das votacións . non
 poderase  facer campaña electoral.


 - Ás VOTACIÓNS terán lugar o día 27 de novembro de 18,30 a 20 horas.
 

- Teñen dereito a voto a nai e o pai ou titor legal do alumnado.




- Saúdos
 

 - A directiva .-

 

Cogumelos

 
 

 
 - MOSTRA DE COGUMELOS  NO SOFÍA -
 
 
 
 
 
 
 
 



- TRABALLO ESCOLAR E PROFESORADO DE

COGUMELOS NO SOFÍA CASANOVA.-



Xuntanza ANPA - EQUIPO DIRECTIVO .-

 
    
-REUNIÓN DIRECCIÓN - ANPA –
                                                            - 21 de Outubro-2014 –  
  • Reunión desta ANPA Sofía Casanova co Equipo directivo deste IES, este martes-21 de outubro ás 16,30 horas  na sala de xuntas do IES Sofía Casanova.
     
    Asisten polo Equipo Directivo, a Directora e Xefe de Estudos e pola ANPA asisten Maria Carmen Díaz; Mónica García, Monserrat Moreda, Esperanza Sanchez e Xosé M. Sanxoán.
     
    Comezamos pedindo información sobre o inicio de clases. Informan das dificultades iniciais con Inspección de Educación pola falta de 11 profesores menos que foron negociando para conseguir 4 e aliviar o impacto deste déficit. Quéixanse da falta de profesores especialistas que deben cubrir con docentes non especializados.
     
    3 grupos de  1º da ESO.
    3 Grupos de 2º da ESO.
    3 Grupos de  3º da ESO e 10 alumnxs en Diversificación.
    3 Grupos de 4º da ESO e 10 alumnxs en Diversificación
    5 grupos en 1ºBach
    4 Grupos en 2º Bach
    Formación profesional Básica 15 alumnxs.
     
    Houbo problemas de programación con diferentes areas de ciencias, letras educación física ..etc. polo que tiveron moitas dificultades sobre todo a finais de agosto.
     
    A implantación da LOMCE 1ª, 3º e 5º primaria para o vindeiro curso. Este ano comeza a implantación da Formación Profesional Básica.
     
    O centro conta cun total de 551 alumnxs.
      
  • Preguntamos cal vai ser a política a seguir con respecto o uso dos  libros. Comentamos que se mercan os libros e hai profes que non os utilizan nin os usan polo que pedimos unha reflexión e outras alternativas.
      -  Preguntamos se hai previsións de cambios de libros coa LOMCE. Non parece que se  
        produzan cambios nas editoriais e pedimos que se respecten os prazos de seis anos 
        segundo á lei.

  •  A directora se informará xa que observamos que a veces supón un gasto innecesario dependendo do profesor/a
  •  Programa ABALAR para pais -nais  publicitando máis esta ferramenta que será útil para notas, faltas, citas titorías..etc. Coincidimos na importancia de impulsar este proxecto ABALAR.
        -   Faise a observación de que a páxina web deste Instituto está algo parada e fáltalle  
           máis información en xeral.
  •  Falamos dos dereitos á Folga do alumnado e as directrices a seguir segundo a consellaría.  
  •  Intercambiamos varias lecturas sobre este dereito e lembramos que mañá, 22Out, hai Manifestación de 3 días, convocada polo Sindicato de estudantes . Pedimos atención se hai exames os días de folga.
    A dirección di que hai que madurar e pulir esta norma.
  •  Pídese explicacións sobre a excursión a Roma dende a materia de Relixión, polo que esta ANPA a cuestiona por inadecuada dende este centro público.  Non colaboraremos con esta actividade.
     
  • O Vice-director responde que ten unha herdanza e hai que cambiar varias cuestións e lembra que trátase dunha materia curricular.. Suscítase o debate da relixión, aconfesional, laico..etc-
  • A directora di que pode haber unha excursión para todos a Roma. Insistimos que debe ser cultural.
  • A directora informa dun programa para profesores-34- sobre TIC,s aplicacións informáticas para ensino.
        - Informase que serán días non lectivos este vindeiro 3 de Outubro e o 4 de maio.
  • INFRAESTRUTURAS .- Unha de nosas principais reivindicacións son as melloras nas instalacións deste centro, coincidindo sobre o lamentable estado da Pista deportiva a cal empiora co mal tempo e períodos de choivas.. Redactarán informes técnicos que serán remitidos a esta ANPA- antes de dirixilos a Consellaría.
  • Lembramos as deficencias técnicas do pavillón denunciadas por esta ANPA e tamén o propio Xefe Territorial.
     
  • Eleccións ao Consello Escolar .- Informa a directora que comezará en breve un proceso electoral e seus prazos. Todos debemos colaborar e publicitar estas eleccións para nais-pais e alumnado co fin de lograr unha maior PARTICIPACIÓN.
 Remata esta xuntanza ás 18,45 horas sen máis asuntos que tratar.
 
    
 Ferrol, a 21 de Outubro de 2014.-

 
    
    • A directiva.-

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Convocatoria Asemblea Ordinaria-2014 .-


 
     
    
- CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-

 18 de Novembro de 2014

 

  Estimad@s Soci@s ;

 

A Xunta directiva CONVOCA a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no Salón de Actos deste IES Sofía Casanova o MARTES-18 de Novembro, ás 16,30 horas en primeira convocatoria e ás 17 horas  na segunda.



          Orde do día


     

1 .- Lectura e aprobación, se procede, ACTA  da Asemblea anterior.

 
2 .- Aprobación- Informe de XESTIÓN- MEMORIA ANUAL 2013-14.

     (Información banco de libros, demandas centro, actividades..etc)

 
                 3 .- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio 2013. 

4 .- Previsión económica para o exercicio 2014-15.
    

      5 .- Suxestións e preguntas.-

 

 
          -    Información as eleccións ao Consello Escolar de nais- pais do centro.

-   Esperamos a vosa presenza cara a unha mellor calidade do ensino público.-

              -  Saúdos.
 
 
 
                Ferrol, a 4 de Novembro de 2014.-

  

                         A Presidenta                                              O Secretario

 
    
  

              
         Asdo. Mª Carmen DIAZ CORRAL -          - Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO-

Convocatoria Asemblea Extraordinaria.-



- CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA -
 
- 18 de Novembro de 2014 – 
 
 
  Estimad@s Soci@s ;
    
 
A Xunta directiva CONVOCA a ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA no Salón de Actos deste IES Sofía Casanova o MARTES-18 de Novembro, ás 17,45 horas, a continuación da Asemblea anterior.
         
     Orde do día
 
  1. .-   Nomeamento e renovación 1ª quenda de cargos da Xunta
          Directiva, segundo o Artigo 23 Estatutos.- Vicepresidente/a;

       Tesoureiro/a;
         - vogais Pares.
   
         - Novas incorporacións.
 

-  Esperamos a túa presenza cara a unha mellor calidade do ensino público.-
 
              Ferrol, a 4 de Novembro de 2014.-

  
               A Presidenta                                              O Secretario
 

 
                      
  Asdo. Mª Carmen DIAZ CORRAL -          - Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO-

 

miércoles, 29 de octubre de 2014

Folga Estudantes - 23 Out-

 

O Sindicato de Estudantes chama a CCOO, UGT y Ceapa para que se convoque unha nova Folga Xeral.

REDACCIÓN FERROL | Actualizado 23 Octubre 2014 -                                
 
 
                            
La manifestación concluyó en la plaza de Armas daniel alexandre

 
manifestación concluíu na praza de Armas - daniel alexandre


  O Sindicato de Estudantes fixo onte un chamamento ás direccións tanto de CCOO como de UGT e á Ceapa "Confederación Española de Asociacións de Pais de Alumnos" para que se convoque unha nova folga xeral da comunidade educativa. "Non existen motivos para non convocala tralo enorme éxito que supuxeron as dúas precedentes. Podemos e debemos derrubar a este goberno coma primeiro paso para liberar ás familias traballadoras do pesadelo que este sistema, a través do goberno do PP, estannos obrigando a vivir".
Así o destacaba onte en Ferrol o representante local da organización sindical estudiantil, Guillermo Díaz. El foi o encargado de ler o manifesto co que se puxo fin á manifestación celebrada onte na cidade naval - do mesmo xeito que se fixo en moitas outras cidades galegas e españolas- en contra da Lomce e dos recortes do Partido Popular en materia educativa.
 
A mobilización, que reuniu a varios centenares de mozos, partiu do edificio da Xunta na praza de España para concluír en Armas.
Como en anteriores ocasións, os estudantes pediron a derrogación da lei así como a dimisión da súa impulsor, o ministro popular José Ignacio Wert. Aseguraron ademais que continuarán protestando e loitando co propósito de poñer fin aos recortes e "ataques" dun goberno cuxas políticas, din, provocaron, entre outras cousas, o despedimento de 32.000 profesores e a redución de 275 millóns de euros para becas.
 Hoxe levarase a cabo a terceira e última xornada da folga estudiantil.


- Diario de Ferrol.-

jueves, 23 de octubre de 2014

Manifestación estudantes.- 23 out.-


Manifestación na praza de Armas dos estudantes

O sindicato estudantil celebrará hoxe a terceira e última xornada da folga

Escrito por:
ferrol / a voz
23 de outubro de 2014                                         
.


           Decenas de mozas concentráronse onte. josé pardo          

 
Hoxe será a terceira e última xornada da folga convocada polo Sindicato de Estudantes. Onte máis dun centenar de mozos manifestáronse na praza de Armas para mostrar o seu rexeitamento á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce), que consideran «ataques totalmente inaceptables» ao sistema educativo.
 
Os manifestantes censuraron a redución de graos de catro a tres anos, o establecemento de taxas de matriculación en bacharelato e FP ou a retirada de bolsas, entre outras, cuestións como os recortes en varios institutos da comarca.
 
Os convocantes do paro, que comezou antonte e termina hoxe, aseguran que o seguimento da folga foi dun 100 % os ensinos medios e entre un 70 % e 80 % nas superiores. Con todo, desde a Xunta alegan que estas cifras lles parecen excesivas, aínda que non dispoñen de datos sobre esta folga.
 
En calquera caso, a marcha discorreu onte por diferentes rúas do centro da cidade e terminou na praza de Armas sen que se rexistrasen incidentes. Os alumnos corearon consignas contra os recortes e mostraron carteis reivindicativos das súas demandas.
 
 
- La Voz de Galicia.-

Cartuchos e pilas usadas.-

 
 
 

 

 
 


Trae as túas baterías e cartuchos usados ao Instituto.

 

Fwd:

 

 
 
FOTOS VERSIÓN
 
" MENINAS DO SOFÍA EN CANIDO "
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 




Club lectura adultos.-

Club de lectura para adultos. Arrinca a nova temporada.

Enviado por Actual o Sáb, 27/09/2014 -



WEB .- IES SOFIA CASANOVA.-
Bota a andar de novo o club de lectura para adultos do IES "Sofía Casanova".
Quedades convidados todos a esta segunda temporada, moi especialmente os que participaron o ano pasado e os pais dos novos alumnos.
O arranque da nova edición terá lugar o vindeiro martes 30 de setembro ás 18:15 na biblioteca do centro e continuará esta lectura un martes ao mes.



 

jueves, 25 de septiembre de 2014

Arrincan as clases da ESO e Bacharelato.

 

Arrincan na cidade as clases para máis

de 3.600 alumnos da ESO e Bachalerato.

REDACCIÓN FERROL | Actualizado 17 Septiembre 2014 -                               
 
 
    






                                      
 

Matrículas alumnado bacharelato.-


         Secundaria abre o novo curso con máis alumnos de FP que nunca

A matrícula destes estudos sobe un 5 % mentres a de Bacharelato baixa un 8.

Escrito por:
m. santalla, s. lorenzo
redacción / a voz  16 de setembro de 2014                                          
         
 
  Aínda que nalgúns institutos  están pendentes de recibir algún profesor para completar o equipo docente, o certo é que o inicio do curso en educación secundaria caracterizouse pola normalidade e a ausencia de incidentes. Onte volvían a clase máis de 200.000 estudantes de ESO, Bacharelato, FP e ensinos de réxime especial para adultos, artísticas e deportivas.
 
ADVERTISEMENT
  Aínda que a matrícula en Formación Profesional aínda segue aberta, a Consellería de Educación cre que a cifra final de alumnos sumará máis de 53.700, o que significaría un aumento de máis do 5 % con respecto ao curso anterior. A subida, significativa en si mesma, por canto supón cifras históricas de matrícula nos ensinos profesionais, o é aínda máis se se ten en conta que en Bacharelato ocorre todo o contrario, e perde un 8 % de alumnado con respecto ao pasado ano.
 
  En Bacharelato matriculáronse 30.463 estudantes;
 Ensino Secundario Obrigatorio (ESO), 88.529;
 e en ensinos de réxime especial, 16.287.
 
  Entre as novidades deste curso que onte se iniciou está a posta en marcha da FP básica, unha modalidade que substitúe aos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) e que permitirá aos alumnos obter unha titulación que, a nivel laboral, será equivalente á de ESO, así como acceder aos ciclos medios.
 
  Coincidindo co inicio do curso en secundaria, a Plataforma en Defensa do Ensino Público denunciou onte en rolda de prensa que o curso comeza con 59 docentes menos que o anterior nas aulas de infantil e primaria. Esta asociación, que subliñou a controversia que marca este inicio do ano académico pola implantación da Lomce, precisou que desaparecen 74 unidades neses niveis educativos.
Alertou, ademais, do que considera unha diminución na calidade do sistema público, pola existencia de 1.027 profesores interinos en ESO e de 22 prazas itinerantes.
 
Neste sentido, os representantes da plataforma apuntaron que a petición da Xunta de elevar a taxa de reposición do 10 % implica un «recoñecemento da súa política errática».
 
- La Voz de Galicia .-
 
 

jueves, 11 de septiembre de 2014

Banco de Libros de texto -2014-15.-

 


 

     A Xunta directiva informa que estamos en pleno proceso do Banco de Libros de texto no local desta ANPA.

   Observamos nos nosos datos que faltan Libros de texto por entregar, polo que pedimos a devolución.

     Manifestar que o proceso deste banco de libros de texto marcha a bo ritmo nos cursos da ESO e moi escasos de libros en Bacharelato , polo que pedimos a vosa colaboración.



Saúdos


Directiva Anpa.-

domingo, 22 de junio de 2014

Banco de libros de texto 2014-15 .-


 

 
         - Banco de Libros –
 
  •   Esta directiva informa que repetiremos o BANCO DE LIBROS para o vindeiro curso 2014-15 a finais do mes de xuño coa DOAZÓN de libros de texto e recollida no mes de setembro.
     
  •  
  • Seguiremos por un sistema de puntos co fin de facer un reparto o máis equitativo posible . Daremos 1 punto por cada libro de texto en bo estado e 5 puntos por ser ou facerse socia/o.

 

-Animamos as familias a participar neste programa de doazón e aproveitamento de LIBROS de TEXTO no senso que a máis participantes máis oportunidades para todos.
 
Pedimos que a cesión de libros se faga de forma DIRECTA a través desta anpa e sen intermediarios no compromiso de cedelos ou devolvelos .


 - Lembramos que hai circulando máis de 1 MILLEIRO de libros de texto os cales son propiedade de todos/as os socias/os desta ANPA IES Sofía Casanova.-
 
 
Ferrol,  a   xuño de 2014.-
 
 
Seguiremos informando.
 
 
- Grazas e saúdos

 
         -  A directiva .-

Día das NOTAS .- 25 XUÑO.-

 

Entrega dos Boletíns de Cualificacións   

 



Info - web
IES Sofía Casanova
A entrega dos Boletíns de Cualificacións ó alumnado terá lugar o mércores 25 ás 12:30.
 
Os días 26 e 27, xoves e venres, de 9:00 a 13:00; son os días previstos para atender posibles reclamacións.

Datas MATRÍCULAS CURSO 2014-15.-

 

DATAS MATRÍCULA CURSO 14-15  

PARA ALUMNOS CURSANDO ESTUDOS NO CENTRO

30 de XUÑO    2º e 3º da ESO
1 de XULLO    4º ESO e 1º de Bacharelato         
2 de XULLO           2º de Bacharelato

PARA ALUMNOS DE NOVO INGRESO NO CENTRO

25 de XUÑO    Colexio de Esteiro
26 de XUÑO    Colexio de Ponzos
27 de XUÑO    Colexio de Recimil
3 e 4 de XULLO      
     ESO e Bacharelato doutros centros
 
- O alumnado que estea pendente dos exames de setembro formalizarán a matrícula nese mes.

- Rógase ao alumnado que respecte o día que lle corresponda de matrícula.


Info -Web IES Sofía Casanova.-
 

sábado, 21 de junio de 2014

Devolución LIBROS subvencionados.-

 
     Galicia:

  Os alumnos que compren libros de texto con axudas deberán devolvelos       

Ademais, por primeira vez non poderá usarse o vale para material escolar

Escrito por:
E. Álvarez / B. Villaverde
Santiago / La Voz  21 de xuño de 2014  08:44 GMT

 
O Goberno de Feijoo decidiu modificar o modelo de préstamo universal dos libros de texto por un sistema de axudas para as familias con menos recursos, que contarían cos manuais en propiedade. De feito, un dos argumentos que sempre utilizou a Consellería de Educación é a posibilidade de que os nenos con poucos recursos teñan o material en propiedade e poidan así manexalo con comodidade.
Pois ben, xa non será así.
Na convocatoria do próximo curso recóllense dúas novidades en relación a este programa.
 A primeira, que non se poderá adquirir material didáctico nin complementario, unicamente libros de texto - antes si se podía-; e a segunda, que o alumnado beneficiario das axudas ten a obrigación de conservar en bo estado os libros adquiridos na súa integridade con cargo a estas subvencións, e ao terminar o curso -sexa xuño ou setembro-, incorporalo a un fondo solidario que se creará no colexio ou instituto.
 
ADVERTISEMENT
É dicir, que ao final o alumnado que reciba o vale será só para adquirir os libros en préstamo, xa que deberá devolvelos, como ocorría co modelo creado por Fraga e xeneralizado polo bipartito. De feito o establecemento debe especificar que libros adquiríronse co vale. Desde Educación aseguran que o funcionamento destes novos bancos de libros regularase con posterioridade, pero con toda probabilidade serán os directores dos centros quen xestionen estes bancos.
 
A orde que regula a concesión das axudas, á que se destinan o próximo curso case quince millóns de euros, recolle que os manuais se devolverán para que poidan ser reutilizados «como medida que favoreza o establecemento dun sistema de socialización do seu uso». Iso si, neste caso a socialización será obrigatoria unicamente para os estudantes que reciban axudas.
 
Desta medida quedan excluídos os pequenos de primeiro e segundo de primaria -xa que teñen manuais cos que se traballa directamente, non son reciclables-, así como os estudantes de educación especial e aqueles que teñan unha discapacidade superior ao 65 % cando non poidan volver usarse.
 
Os limiares da renda para ter axudas serán os mesmos -unha renda per cápita inferior a 9.000 euros-, e impórtelos tamén.
 
 
 - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Reaccións:
 
  Os pais esixen o vello modelo
       
         
A Confederación de ANPAS Galegas, que agrupa a case 300 entidades, rexeitou tanto os cambios como estes bancos de libros específicos, e reclaman o modelo de préstamo universal que se eliminou a partir do 2009. En concreto sosteñen que con esta medida se estigmatiza ao alumno, ao haber nenos con libros que deben devolvelos e outros que non, os bancos dependerán das axudas que se deron; e concerto aos profesores e equipos directivos en Tamén «policías que deben facer un seguimento dos libros subvencionados». é confuso para as familias, que só terán que devolver os manuais que compraron con axudas

- La Voz de Galicia.-