jueves, 23 de octubre de 2014

Manifestación estudantes.- 23 out.-


Manifestación na praza de Armas dos estudantes

O sindicato estudantil celebrará hoxe a terceira e última xornada da folga

Escrito por:
ferrol / a voz
23 de outubro de 2014                                         
.


           Decenas de mozas concentráronse onte. josé pardo          

 
Hoxe será a terceira e última xornada da folga convocada polo Sindicato de Estudantes. Onte máis dun centenar de mozos manifestáronse na praza de Armas para mostrar o seu rexeitamento á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce), que consideran «ataques totalmente inaceptables» ao sistema educativo.
 
Os manifestantes censuraron a redución de graos de catro a tres anos, o establecemento de taxas de matriculación en bacharelato e FP ou a retirada de bolsas, entre outras, cuestións como os recortes en varios institutos da comarca.
 
Os convocantes do paro, que comezou antonte e termina hoxe, aseguran que o seguimento da folga foi dun 100 % os ensinos medios e entre un 70 % e 80 % nas superiores. Con todo, desde a Xunta alegan que estas cifras lles parecen excesivas, aínda que non dispoñen de datos sobre esta folga.
 
En calquera caso, a marcha discorreu onte por diferentes rúas do centro da cidade e terminou na praza de Armas sen que se rexistrasen incidentes. Os alumnos corearon consignas contra os recortes e mostraron carteis reivindicativos das súas demandas.
 
 
- La Voz de Galicia.-

No hay comentarios: