-CHARLA - ALCER-
-TRANSPLANTES ÓRGANOS-
30 Abril -2013
Esta ANPA Sofía Casanova e o centro organizou para o alumnado de 3º da ESO a habitual charla da Asociación ALCER sobre a importancia dos transplantes de órganos neste salón de actos do IES.
Unha charla ampla e moi interactiva entre o alumnado e os membros da Asociación ALCER sobre a concienciación se ser doantes de órganos para as persoas enfermas que os necesitan para poder seguir con VIDA.
O presidente de ALCER, Rafael Rodríguez, quere que se faga mención do bo comportamento e interese do alumnado participante dos 3º cursos da ESO, durante este charla.
Saúdos.-
- A directiva.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario