sábado, 5 de mayo de 2012

Fase FINAL OLIMPIADA Matemáticas.-


Tres estudantes da cidade loitarán en Vigo na final da Olimpiada Matemática


  redacción > ferrol .
  Os alumnos do colexio Mercedarias, Miguel Picos Maiztegui –primeiro clasificado da fase zonal– e Daniel Santalla García –segundo–, e a estudante do IES Sofía Casanova, Cecilia Ramil López –terceira–, lograron o pase á final da Olimpiada Matemática para alumnos de segundo de Educación Secundaria Obrigatoria de Agapema (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática) que o vindeiro día 25 deste mes de maio terá lugar na cidade de Vigo.
Os tres alzáronse coas tres primeiras prazas na proba zonal que o pasado día 27 de abril se disputou no IES Sofía Casanova, nunha cita na que tomaron parte 21 alumnos de cinco centros da comarca de Ferrolterra.Xunto a estes tres estudantes, figura un suplente, en concreto o alumno do IES Sofía Casanova Antonio José Lorenzo Vázquez.Na vindeira proba da cidade olívica tomarán parte os clasificados dos respectivos concursos  zonais nas que se estruturou unha competición da que sairán os seleccionados para a fase de carácter estatal.

Diario de Ferrol.-

No hay comentarios: