Estimados/as pais e nais.-
A xunta directiva da ANPA do IES SOFIA CASANOVA, comunica que este pasado día 11 de outubro celebrouse unha ASEMBLEA de pais e nais no salón de actos deste centro educativo co obxecto de constituír e nomear unha nova directiva.
Despois de varios anos sen representación de ANPA, un grupo de nais e pais estamos determinados a retomar esta Asociación de Nais e Pais co obxectivo de reivindicar a calidade educativa deste Centro público.
Así pois, quedou constituída a ANPA da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do I.E.S. “Sofía Casanova” na forma que recolle os seus Estatutos polo que queremos expresar aos pais e nais a nosa dispoñibilidade para traballar por unha educación pública de calidade e os fins marcados nos estatutos en beneficio do alumnado e a comunidade educativa. Queremos dar as grazas ao profesorado e dirección do centro pola súa colaboración e facilitarmos os medios necesarios para lograr impulsar esta ANPA, así como agradecer a todas as nais e pais que forman parte desta Asociación de ANPA por súa participación.
Esta Xunta Directiva te ANIMA a formar parte desta Asociación de ANPA do I.E.S.Sofía Casanova coa intención de defender e reivindicar unha maior calidade educativa para os nosos fillos e fillas.
Recibide os nosos saúdos e mellores cumprimentos .
Ferrol, a 19 de Outubro de 2011
* Enviamos a ficha para cumprimentar. Devolver nun sobre pechado e depositar no buzón da ANPA da entrada do Centro por medio de vosos/as fillos/as.
* A Asemblea acordou unha COTA ANUAL de 10 € .
- - A Directiva da ANPA - I.E.S. Sofía Casanova.-
1 comentario:
Por fin un ANPA.
Esperamos as opinións de todos/as..
Saúdos
Publicar un comentario