lunes, 14 de octubre de 2013

Acordos Consello Escolar- 9 Outubro-2013


 

INFORMACIÓN CONSELLO ESCOLAR

9 de OUTUBRO -2013

 

    Información do Consello Escolar celebrado este pasado mércores, 9 de Outubro-2013 ás 12, 10 horas na Sala de Xuntas do IES Sofía Casanova.
     

      1 .- Aprobación do proxecto do Plan de lectura.-

 
      2 .- Elección de días non lectivos.-

 
     3 .- Aprobación do Comunicado sobre o Tanque de Tormentas.-

 

Punto 1 .- Aprobamos o Plan de Lectura.-

 
   Plan aprobado pola Xunta de Galicia con 700 € para material e llibros.

 Plan de Lectura para Adultos, que se presentará o vindeiro día 29 de Outubro dirixido a todas as familias e comunidade educativa do centro coa colaboración e a propia ANPA Sofía Casanova.

 
Plan Xuvenil que comezou o 8 de Outubro.

 
            Organizado por profes do centro de recibirá o apoio de tod@s e a   
         colaboración e publicidade da  ANPA.

 
Punto 2 .- Aprobamos como días NON lectivos o día 2 de Maio e 28 de Febreiro.

  

Punto 3 .- Aprobamos o envío dun Comunicado do CE a prensa co fin de rexeitar a ubicación do Tanque de Tormentas no Parque Infantil deste Parque Pablo Iglesias.

 
    
        Ferrol, a 9 de Outubro de 2013.-

 

            

Informacións Consello Escolar- 26 Set-2013


        
Informacións CONSELLO ESCOLAR
                                                                 -26 Setembro-2013-

 

A nova dirección presenta a programación escolar a este Consello Escolar, trala xubilación do anterior director –Juan Silvar-.

Recibimos unha delegación de tres membros da Comisión de Medio ambiente da A.V. Pilar para explicar as súas demandas pola construción dun Tanque de Tormentas no Parque Pablo Igesias, que afecta ao parque infantil.

Traen datos técnicos sobre o Saneamento da Ría de Ferrol e expresan a inconveniencia da ubicación deste tanque. Despois dun largo debate e explicacións, acordamos facer un comunicado a este respecto co fin de expresar as nosas reivindicacións.


-              INFORMACIÓNS da DIRECCIÓN.-

 A nova directora informa da situación actual do Salón de Actos polo desprendimentos do teito, ante o cal a Unidade Técnica da Consellaría de Educación ten o compromiso de facer un cambio da cuberta e os arranxos necesarios a partir do vindeiro mes de Xaneiro.

Aconsellase facer un seguimento do Concurso público das empresas e obras.

Informa do Plan de mellora Biblioteca escolar por parte da Xunta de Galicia.

Club de lectura adultos.

-              Organización actos 50º Aniversario deste Instituto Sofía Casanova.

-              Informacións de diferentes planos alumnado de carácter ambiental, social, consumo..etc.

-              Atención o Plan xeral Diversidade ou alumnado de Altas capacidades e atención autoestima.

-              Plano actuación Normalización lingüística.
      
         -       Planos estudos Mat., Ciencias Sociais, Tecn., F y Q
 
-              1/3 linguas extranxeiras, Ingés, Francés,

Fomento da lectura.

-              Plano de Convivencia – Desenvolver un Regulamento Réxime Interno,  conforme a nova Lei Convivencia.

-       Saídas do alumnado das instalacións- Permisos saídas BACH. polo CE.

-              Autorización familiar para saír do centro en caso de non haber profes nas clases de última hora.

-              Non se pode saír das instalacións nos recreos, agás permisos.

-              Plano da TIC,s.

-              Participación Comunidade Educativa.

-              Excursións 4º ESO .

-              Regular as excursións coa aprobación das familias e visto bo deste Consello Escolar do lugar a visitar, en clara alusión das visitas a Salou. Procura de ir profesores/as, ademais dos monitores a estas excursións.

-              Reunión para redactar o futuro Regulamento de Convivencia.

-              Reunión específica con titores/as de 1º e 2º Cursos.

-              Comentamos que os Deberes non son excesivos.

  

        Ferrol, a 26 de Setembro de 2013.

 

CLUB DE LECTURA.-


 

NOME DO CLUB DE LECTURA :  CLUB DE LECTURA SOFÍA CASANOVA

 

BREVE HISTORIA:  O noso centro xa leva tres cursos participando na convocatoria de Clubs de Lectura con grande implicación de profesorado e alumnado. No primeiro curso tivemos cinco Clubs de Lectura temáticos que se reunificaron en catro ao seguinte e a un o pasado curso. Este ano imos ampliala oferta co Club de Lectura de Adultos.

FINALIDADES E A SÚA RELACIÓN CO PROXECTO LECTOR DE CENTRO E A BIBLIOTECA ESCOLAR:

O Club de Lectura naceu dende o primeiro momento como unha actividade máis do Proxecto Lector do Centro

As finalidades do noso Club de Lectura seguen a ser as mencionadas no proxecto dos cursos anteriores:

-                     Fomentar o pracer pola lectura en rapaces que xa teñen o hábito lector.

-                     Achegar á lectura a aqueles que non o teñen.

-                     Desenvolver lazos de amizade que teñan como base a común afección polos libros.

-                     Valorar as recomendacións dos rapaces fóra dos libros de lectura fixados no ámbito académico.

-                     Promover condutas de respecto ás normas de discusión e debate (quendas de palabra, crítica educada, aceptación da diversidade de pareceres…)

-                     Crear unha listaxe de libros favoritos e/ou imprescindibles e preocuparse de que sexan adquiridos para a biblioteca.

-                     Comentar e recomendar lecturas de especial interese e actualidade.

-                     Posibilitar encontros con autores de literatura xuvenil.

-                     Propoñer saídas culturais relacionadas con roteiros literarios.

ACTIVIDADES PREVISTAS:


A principal novidade deste curso é o nacemento dunha nova sección, o Club de Lectura de Adultos do Sofía que xa ten data de comezo, o 29 de outubro. Contamos con fixar o seu calendario nesta primeira xuntanza, e propoñemos que teña lugar cada último martes de cada mes. Respecto ao Club de Lectura xuvenil, botará a andar o vindeiro, 8 de outubro, e pensamos realizar as seguintes actividades:


-                     Presentación: Retomaremos o contacto tralo paréntese do verán, daremos a coñecer a experiencia dos cursos anteriores, tratando de volver a animar aos participantes veteranos e de enganchar aos novos alumnos. Incidiremos, como sempre, en que é unha actividade ao marxe das clases de linguas, que é totalmente voluntaria e que non conta para nota.

-                      Inicio: Acordaremos un calendario de reunións e un listado posible de lecturas, tendo en conta os alumnos apuntados, a súa idade, os seus gustos, a súa dispoñibilidade horaria, etc. Tamén contaremos cos libros que poden prestarnos os centros que xa teñen o seus Clubs de Lectura: IES de Fene, IES de Neda, IES de Catabois, e outros fondos ofrecidos polo banco de libros da xunta no seu blogue: http://librosaeito. blogspot.com.

-                     Encontro con algún escritor: Pretendemos organizar encontros con escritores, o que prepararemos con lecturas e exposicións dos seus libros. Xa temos contactado co Marcos Calveiro para que veña falar do seu libro: O pintor do sombreiro de malvas.

-                     Ler aos nosos maiores: Queremos iniciar una actividade que consiste en ler as persoas maiores da veciña residencia: "Abrente".

-                     Excursión de fin de curso: Gustaríanos organizar por primeira vez unha saída que estea relacionada coa lectura dun libro.

-                     Festa de despedida na biblioteca: Xa é tradicional a nostra Festa das Tartas Literarias ao final do curso. Aproveitaremos para facer o préstamo de verán.

COMPOSICIÓN E NÚMERO DE PARTICIPANTES APROXIMADO. IMPLICACIÓN DOUTRO PROFESORADO DO CENTRO.

Dinamizadores: Esperamos contar, polo menos, cos mesmos dinamizadores do pasado curso: Cristina, Ana, Dani, Laura, Emilio e Pilar.

Alumnos: Tamén esperamos contar con moitos alumnos interesados e chegar, como o ano pasado, aos 40 de todos os cursos. 

FORMA DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO: Seguiremos co formato do pasado ano que nos deu moito xogo. Cada mes propoñerase un libro para a súa lectura conxunta. O moderador será un ou dous alumnos cada sesión, de forma que moitos teñan a oportunidade de traballar as presentacións. Así se fomentará a participación e implicación dos rapaces para que aporten as súas opinións, suxestións, recomendacións de lectura. Ademais elixiremos un encargado de subir ao blog as conclusións de cada sesión.

HORARIO E CALENDARIO PREVISTO PARA AS REUNIÓNS DE CARÁCTER PRESENCIAL: Seguiremos co mesmo, os martes a medio día, logo de xantar. Como fixemos outros cursos, cando veña algún escritor reunirémonos segundo a súa axenda.

MEDIOS PREVISTOS PARA A SÚA DIFUSIÓN ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA: Aparte de "o boca a boca", entre os membros do club, do noso taboleiro de anuncios, dispoñemos do noso blog: http://bibliotecasofia.blogspot.com, da páxina web do centro: www.ies.sofiacasanova@edu.xunta.es, e da nosa revista Planeta Lingua. Contamos coa implicación do ANPA-Sofía Casanova que informará a toda a comunidade educativa.
 
    IES. Sofía Casanova.-
    Consello Escolar.-

 

martes, 24 de septiembre de 2013

Comparativa libros- 2012/ 2014




 
     

LIBROS   /   FAMILIAS

 

                                  CURSO 2012-13      CURSO 2013-14          DIF.

 


 

1º ESO

 
99 Libros

25 Familias

 
112 Libros 23  Familias

 
+13

-2

 

2º ESO

 

50 Libros

23 Familias

 

257 Libros

43 Familias

 

+207

+20

 

3º ESO

 

99 Libros

15 Familias

 

293 Libros

33 Familias

 

+194

+18

 

4º ESO

 

21 Libros

7 Familias

 

73 Libros

16 Familias

 

+52

+9

 

1º BACH

 

50 Libros

7 Familias

 

31 Libros

16 Familias

 

-19

+9

 

2º BACH

 

24 Libros

3 Familias

 

3 Libros

2 Familias

 

-21

-1

 

TOTAL …   343 LIBROS   /  769 LIBROS    + 426 LIBROS

                  80 FAMILIAS  / 134 FAMILIAS  +  54 FAMILIAS

 

                 Ferrol,      Setembro de 2013.
 
 

martes, 17 de septiembre de 2013

Presentación alumnado - curso 2013-14-




 
O horario de PRESENTACIÓN :

MARTES-17  ás 11,30 h. para 1º ESO.
    "           "   ás 12,00 h. para 2º ESO.

   "            "   ás 12,30 h. para 3º ESO.
 
MÉRCORES-18     ás 11,00 h. 4º ESO.

        "            "    ás  11,30 h. 1º BACH.
       "             "    ás  12,30 h. 2º BACH.

Inicio das clases será este vindeiro XOVES-19 de Setembro-2013.



Info.- WEB IES Sofía Casanova.-

 


Curso escolar 2013-14 - IES - BACH- FP.


Arranca o novo curso para máis de 12.500 alumnos da zona de Ferrolterra.


REDACCIÓN FERROL |
Actualizado 17 Setembro 2013.-
 
 
Cinco días despois do inicio do curso 2013/2014 nos niveis de Educación Infantil e Primaria, onte deuse o pistoletazo de saída ao calendario académico en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e Formación Profesional, así como noutros ensinos como as musicais ou de idiomas.
 
En todos os casos, como é habitual, as primeiras xornadas resérvanse ás presentacións, sesións informativas que adoitan cobrar maior interese entre aqueles que acceden por primeira vez ao centro educativo no que continuarán coa súa formación.
 
Entre este colectivo inclúense os novísimos alumnos de 1º de ESO, aqueles de entre 11 e 12 anos de idade que deixan atrás o colexio no que estiveron no últimos nove anos para incorporarse a un instituto no que iniciarán a etapa da ESO. Un cambio que, a xuízo dalgúns pais, é moi precoz. ¿Deberían ter a ESO nos propios colexios ou, polo menos, esperar dous cursos máis para entrar no instituto, como se facía até hai uns anos?.
Así o comentaban onte nais de alumnos que comezan 1º de Secundaria no IES Concepción Arenal, cuxo equipo directivo citou nesta primeira sesión do curso -do mesmo xeito que fixo o pasado- tanto aos nenos como ás súas familias co obxectivo de darlles a benvida e dar a coñecer o centro.
Presentacións
 
Do mesmo xeito que na Concepción Arenal, a práctica totalidade dos centros educativos da comarca abriron onte coas presentacións o plano do novo curso - o Sofía Casanova, por exemplo, farao hoxe-, un exercicio no que, segundo os datos estimados achegados desde a Administración educativa, máis de 12.500 alumnos, entre o réxime xeral e o de adultos, cursarán ensinos de ESO, Bacharelato e ciclos formativos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
Na primeira das etapas farano 5.855 mozos e 539 persoas polo réxime adulto, mentres que o Bacharelato será cursado por 2.814 estudantes, dos cales 737 farano polo réxime de adultos.

No que respecta aos ciclos formativos, e a falta de coñecer aínda os datos definitivos de matrícula unha vez conclúa o proceso extraordinario de admisión, róldanse xa os 3.300 alumnos. Na cidade naval, o número de matrículas seguiu incrementándose con respecto a anos anteriores. Nos dous centros integrados de Formación Profesional da cidade, o Ferrolterra e o Rodolfo Ucha Piñeiro, tamén onte viviron as xornadas de presentación.
pcpi
 
Tamén onte inaugurouse o curso, tal e como se informou desde a Consellería de Educación, nos Programas de Cualificación Profesional Inicial que na comarca de Ferrolterra cursarán máis de 320 persoas
 
Diario de Ferrol.-
 
 

lunes, 9 de septiembre de 2013

Sobe ensino público.-

:

   O alumnado baixa na escola privada este curso e sobe na pública.

Máis de 200.000 escolares de infantil e

primaria inician o ciclo 2013-2014.

Un total de 200.710 estudantes de infantil e primaria empezarán a mediados desta semana o ciclo 2013-2014 en Galicia, segundo información «provisional» difundida onte pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Suman 256 máis que o curso pasado. De feito, trátase da cantidade máis elevada no que vai de século XXI, de acordo coas bases de datos do departamento que dirixe Jesús Vázquez, o cal, con todo, non deu a coñe
O curso escolar comeza o mércores 11. carmela queijeiro cer «aínda» o número de profesores que pensa mobilizar para atender esa marca de nenos nas aulas.
Observando en detalle as cifras si facilitadas pola Xunta, aprécianse outros dous feitos de certa relevancia: en plena crise, sobe o alumnado no ensino público mentres que baixa na privada e a concertada, e o parque de colexios descende un pouco, a pesar de ascender levemente o grupo de usuarios.
Fronte aos 985 do período 2012-2013, a partir do mércores abrirán as súas portas na comunidade 18 centros menos, ou sexa, 967:
 
 151 de educación infantil,
 644 de primaria e infantil
 172 de primaria e secundaria obrigatoria.
 
Por provincias, 369 das devanditas instalacións sitúanse na da Coruña,
362 que se achan na de Pontevedra,
122 na de Lugo
114 na de Ourense.
«Neste punto, cómpre destacar que a consellería volve garantir a axeitada atención docente a todo o alumnado galego, prestando especial atención e apoio aos estudantes con necesidades específicas», valorou onte a través dunha nota de prensa, a pesar do peche de infraestruturas, o equipo de Vázquez.
Marca de matriculados
 
Desde pasadomañá, a eses edificios comezarán a chegar un 0,13 % máis de menores que os 200.454 que estaban matriculados no sistema hai apenas uns meses.
 Ese volume de nenos acollidos contrasta cos anos anteriores;
 
 2001-2002 (190.626),
 
 2002-2003 (187.967),
 
 2003-2004 (186.172),
 
 2004-2005 (185.451),
 
 2005-2006 (183.450),
 
 2006-2007 (184.833),
 
 2007-2008 (187.438)...


 
 De feito, non atopa parangón con ningún curso da serie histórica dispoñible.
Dese total, nas escolas concertadas e privadas formaranse tres de cada dez, exactamente, 60.281, un 0,7 % menos que os 60.713 rexistrados no 2012-2013. No polo oposto, nas públicas farán o propio 140.429, medio punto porcentual máis que na tempada anterior (139.741). Consultada respecto diso, a Administración dixo onte non dispor dunha explicación oficial para esa circunstancia, «máis aló de que se estea producindo unha maior aposta pola educación pública», en expresión dunha portavoz.
 
A crise de natalidade
 
Aínda que en termos xerais se detecta un tenue incremento de escolares, discriminando entre o ensino infantil (de 3 a 6 anos de idade) e a primaria (ata os 12) obsérvanse comportamentos diferentes.
 Na primeira baixan de 67.716 a 67.591 os inscritos, cando na segunda ocorre xustamente o contrario: soben desde 132.738 ata 133.119. Dito doutro xeito, hai unha caída do 0,2 % contra un repunte do 0,3. Iso débese á crise de natalidade que padece a comunidade autónoma, un argumento cuxa validez a Xunta tamén recoñece.
Sumando ambas as etapas de formación, por territorios, o volume de matriculados soamente mingua en terras pontevedresas, ao retroceder un 0,5 % (de 77.713 a 77.321). En cambio, avanza en chan coruñés (de 83.748 a 84.279) e, xa en menor medida, tanto no lucense (de 19.937 a 19.992) como no ourensán (de 19.056 a 19.118).
No seu comunicado de onte, ademais, o departamento de Vázquez recorda que o mércores entran tamén en funcionamento os servizos de transporte e comedor xestionados pola consellería. «Ambos os dous -reza o escrito- foron adaptados, un ano máis, ás necesidades existentes. [...] Educación volve deste xeito demostrar o seu interese polo benestar dos estudantes».
 
La Voz de Galicia.-