Ola a todas as familias!
Este curso acábase de estrear no instituto un recuncho para todas as familias que chamamos "Biblioteca de Familias".
Está situdado ó carón do despacho da Orientadora conta cunha serie de libros sobre a educación dos rapaces (estudo, saúde, motivación, redes sociais, alimentación, adiccións...) Que se irá ampliando coas vosas suxestións. Para o cal pedimos colaboración e que nos deixedes na bandexa que habilitamos na estantería os vosos desexos de lecturas ou de información que precisedes.
A biblioteca do centro é de todos: alumnos, profes, personal non docente e tamén das familias. Pero como algúns sodes un pouco tímidos, e non vos atrevedes a entrar, será a biblioteca a que saia.
Entendemos que moitos pais e nais pasan algún tempo sentados neste recanto, pensamos que era un bo lugar para aproveitar estes tempos mortos na súa formación.Está situdado ó carón do despacho da Orientadora conta cunha serie de libros sobre a educación dos rapaces (estudo, saúde, motivación, redes sociais, alimentación, adiccións...) Que se irá ampliando coas vosas suxestións. Para o cal pedimos colaboración e que nos deixedes na bandexa que habilitamos na estantería os vosos desexos de lecturas ou de información que precisedes.
A biblioteca do centro é de todos: alumnos, profes, personal non docente e tamén das familias. Pero como algúns sodes un pouco tímidos, e non vos atrevedes a entrar, será a biblioteca a que saia.
Normas de uso
1. Como as bibliotecarias soamente estamos na biblioteca nos recreos e en poucas horas máis, non podemos atender o préstamo.
2. Seredes vós quen autoxestionaredes o propio préstamo.
3. Podedes coller tres libros por familia.
4. Debedes apuntarvos na folla que atoparedes na estantería, cubrindo ben todos os vosos datos.
5. O préstamo dura 15 días, renovables outros 15 días.
6. Confiamos no voso bo uso.
7. Os materiais son de todos e non son precisamente baratos.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

No hay comentarios:
Publicar un comentario