miércoles, 16 de noviembre de 2016

Anpa - Rúa Galego Soto - Zona peonil.-

- La Voz de Galicia .-

Pais do Sofía Casanova piden peatonalizar a rúa

Galego Soto.

O Anpa propón estudar esta medida ante as situacións

de inseguridade vial na saída do centro.



 A Voz de Galicia
B. a.
Ferrol - 16/11/2016

  A asociación de pais do Sofía Casanova pide que se estude a posibilidade de peatonalizar a rúa na que se sitúa a entrada do centro, a Galego Soto, para incrementar así a seguridade vial na zona. «Por agora é unha proposta que estamos tratando de ver si é viable, pero o certo é que nos preocupan algunhas situacións, porque as beirarrúas nesa rúa son moi estreitas, hai coches aparcados nos lados e os nenos van camiñando pola calzada á entrada e á saída das clases», explica Ana Ríos, que é a presidenta dunha directiva que acaba de comezar a súa andadura e que se estreará nun consello escolar que se celebrará nos próximos días. A dirección do centro xa ten coñecemento desta petición, mentres que a Xunta alega que non está dentro das súas competencias.

 Solicitan un profesor de apoio e reiteran que lles urge un ascensor

A asociación de pais tamén solicita un profesor de apoio, xa que asegura que os recursos actuais son insuficientes para os 496 alumnos. Desde o centro apuntan que hai un docente que realiza estes labores, pero o Anpa considera que están convencidos da «necesidade de Profesores de apoio en pedagoxía- terapeuta» polo que se tramitou unha petición a Educación.
 
Pola súa banda, desde a Xunta replican que estudarán a demanda dos pais.

Outro asunto sobre o que seguen esperando é a eliminación de barreiras arquitectónicas e a construción dun ascensor.
 
 
- La Voz de Galicia.-
 

No hay comentarios: