lunes, 31 de agosto de 2015

Nomeamento nova directora- SEN CONSENSO.- 4 Xullo

 
-        COMUNICADO -

-        Delegación Educación ROMPE CONSENSOS -
 

As/os representantes de nais e pais do Consello Escolar, representante de ANPA Consello Escolar e Asociación de Nais e Pais -ANPA -deste IES Sofía Casanova, queremos expresar o noso malestar coa Delegación de Educación pola forma de ELECCIÓN para o cargo de Director/a tras ROMPER con todos os CONSENSOS alcanzados no Consello Escolar e Claustro de profesores deste centro.

Esta semana iniciouse un proceso de elección para o cargo de Director/a, motivado a dimisión do anterior equipo directivo. Reunido o Claustro de profesores, presentou a este Consello Escolar do IES Sofía Casanova unha proposta de UN CANDIDATO a DIRECTOR por ampla maioría e consenso, aceptado polo mesmo candidato.

Este Consello Escolar, previo debate, procedeu a votar a favor por UNANIMIDADE esta proposta.  

Se nos informa que a Delegación e Inspección de Educación REXEITOU esta proposta sen alegar algunha razón que puidera ser de nosa reconsideración coa conseguinte falta de respecto ao candidato. Pensamos que esta falta de cortesía democrática e falta de respecto aos órganos da Comunidade educativa, produce unha ROTURA DE CONSENSO alcanzado polo que criticamos este  procedemento arbitrario e partidista por parte dos representantes da Consellaría de Educación.

Acatamos por IMPERATIVO LEGAL este nomeamento. Con este tipo de decisións queda demostrada que a LOMCE  vulnera a expresión democrática dos órganos como os Consellos Escolares e claustros, nomeando directores de forma arbitraria e partidista de forma unilateral sen ter en conta a comunidade educativa.

Reivindicamos un cambio de normativa educativa consensuada por toda a Comunidade educativa.

 
Ferrol, a 4 de Xullo de 2015 .-

 
- Representantes de Nais e Pais IES Sofía Casanova.-

- Asociación ANPA do IES Sofía Casanova .-

No hay comentarios: