miércoles, 29 de abril de 2015

Proxecto Pista Polideportiva.-



 
 
  • PROXECTO PISTA POLIDEPORTIVA -

 
A Xunta directiva desta ANPA Sofía Casanova, presentamos no Rexistro de Xefatura Educación a nosa denuncia polo mal estado da Pista Polideportiva exterior ante un deterioro constante e falta de mantemento, resultando ser obsoleta e non reunir as condicións mínimas para exercer o deporte de base.

Esta Directiva lembra que nun encontro anterior neste centro co Xefe Territorial, foi moi crítico con esta Pista Deportiva, cualificándoa de inadecuada, e mesmo animou a reclamar unha actuación integral por ser incluso perigosa para a práctica deportiva.

Esta Xunta Directiva reclama e insta a esta Xefatura Territorial da Consellaría de Educación unha actuación integral de construción dunha PISTA POLIDEPORTIVA de calidade con materiais adecuados para estes fins deportivos.
 

Ferrol, a 20 de Abril de 2015.-

 
- Xunta Directiva.-

No hay comentarios: