martes, 29 de diciembre de 2015

Feliz aninovo - 2016

 

 
 
A Xunta Directiva deséxavos unhas
 
 
BOAS FESTAS
 
FELIZ EDUCATIVO ANINOVO -  2016
 


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
- Directiva Anpa  .-
 

 
 
 
 

Banco de Alimentos.-

 - BANCO

- BANCO DE ALIMENTOS -



A Xunta directiva informa que se recaudaron máis de 14 CAIXAS !! de alimentos solidarios.
 


Nos felicitamos e damos os nosos parabéns a toda a comunidade educativa desta centro pola participación de xeito xeneroso nestes tempos de crise e recortes.

Desexamos a fin das desigualdades e a fin da esmola para as familias.

Vivamos en pé de igualdade social para tod@s.

Os tempos serán chegados


Saúdos .-


- Anpa .-


miércoles, 16 de diciembre de 2015

ANPA - Doc.contra a violencia de xénero.-Nov.2015



 - ANPA IES SOFÍA CASANOVA -


- CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO -
 
 

A ferramenta máis eficaz para combater a desigualdade é a educación.

 É imprescindible o compromiso político e social, para evitar comportamentos  machistas.

     (Murais feitos polo alumnado do IES Sofía Casanova)
 
A que nos refirimos?

 Podería resumirse nunha breve frase, ¿ loitar contra a hipocrisía?.

 Hipocrisía, cando se critica a desigualdade no mundo laboral e non se articulan leis que impidan que unha muller cobre o mesmo que un home ao desempeñar o mesmo traballo.
 Hipocrisía, cando algún político chega a propoñer, separar aos nenos das nenas nos colexios, con non se sabe que posibles beneficios didácticos.

 Hipocrisía, fariseísmo, finximento, cando unha revista que pretende vender reportaxes de investigación, utiliza como reclamo a mulleres espidas na súa portada. Esta idea, podería ter na súa orixe (a transición española) como inspiración, a liberdade de expresión e sexual. Pero hoxe, en pleno século XXI, cheira simplemente a facer caixa. Así que a suma de facer caixa, muller espida e sexo, pode dar como resultado a prostitución.

 Todos coñecemos algún canle de televisión, que aínda presumindo de progresista, ten presentadores masculinos pouco agraciados, pero simpáticos e audaces. Nelas, o que destaca é a súa beleza, exuberancia e pouca roupa. Será unha rareza estatística ou outra vez, simple hipocrisía.

 No deporte tres cuartos do mesmo, animadoras, recollepelotas, azafatas,?

 Alguén se parou a observar (que parvada, claro que o viron, é imposible non facelo) como se decoran vehículos e motos? Si, decóranse con mozas que parecen sacadas da revista Playboy. E enlazando temas, que muller non entrou nun taller de coches e viuse intimidada por un bonito calendario?

 Poderíamos  seguir poñendo       exemplos de condutas hipócritas. O que importa é que sexamos capaces de detectar e corrixir.

Podemos dicir con orgullo, que o alumnado do Sofía Casanova, no día internacional contra a violencia de xénero, denunciaron e expresaron os comportamentos que incitan á violencia nun marabilloso mural. Rexeitaban que as súas parellas controlasen os seus móbiles ou o uso que facían das redes sociais.

Rexeitaban o control do que vestían ou con quen se relacionaban.

 Rexeitaban que as tratasen como un cacho de carne en venda ou que se lles asubiase coma se fosen cans.

 Debemos actuar e esixir que se actúe con responsabilidade á sociedade e aos políticos. 

A mellor cura para previr un mal, é a prevención, a educación.

E como isto non é tarefa dun día, poñámonos mans á obra.

Contra o maltrato e a desigualdade, tolerancia cero.

( Mónica García).

 

-  Anpa .-

 



miércoles, 25 de noviembre de 2015

25 N -Dia contra a violencia de xénero .-

 
 
 
-DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO-
 

 
O manifesto 25 de novembro contra as violencias machistas da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza “PAREMOS O FEMINICIDIO” comeza sinalando que a violencia de xénero é unha práctica que se remonta ao inicio da sociedade patriarcal. Durante séculos as mulleres foron asasinadas baixo o silencio e a complicidade do seu entorno social, as leis, a relixión e a cultura imperante...

Hai 25 anos, no ano 1990, a  ONU declarou, por primeira vez, que a violencia contra as mulleres era o crime máis encuberto do mundo. Porén, na nosa sociedade aínda perdura a idea de que a violencia exercida contra a muller, sobre todo se quen a exerce é a súa parella, é un asunto privado.

A violencia considerada como un asunto privado deixou de ser invisible para a sociedade e para as institucións, grazas ao esforzo, á denuncia e a constancia dos movementos de mulleres e do feminismo. Persoas expertas na violencia de xénero afirman que está directamente relacionada co poder e a xerarquía, coas relacións asimétricas de poder entre homes e mulleres.

O manifesto afírmase que estamos vivindo día a día un feminicidio contra o empoderamento feminino. Homes que asasinan as mulleres motivados polo odio, desprezo, pracer ou por un sentimento de propiedade. Homes que a través da violencia tentan impedir a liberdade das mulleres. Feminicidio que a sociedade contempla narcotizada, acostumada aos titulares informativos  da aparición doutra muller ”morta” a mans da súa parella ou ex-parella, en vez de falar de asasinatos.

Facemos nosas as expresións de rexeitamento da violencia contra as  mulleres, queremos apoiar e alentar a resistencia e a rebeldía  para construír un mundo novo, unha vida libre de violencias para as actuais e as futuras xeracións de mulleres.

- Anpas Galegas .-

- Anpa  Sofía Casanova.-



domingo, 22 de noviembre de 2015

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria .- 9Dec.


 
    -      CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-
                        
                              -       9 de Decembro de 2015 -

 

  Estimad@s Soci@s ;

 
A Xunta directiva te CONVOCA para celebrar unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no Salón de Actos deste IES Sofía Casanova o Mércores, 9 de Decembro, ás 16,30 horas en primeira convocatoria e ás 17 horas  na segunda.



          Orde do día

 

1 .- Lectura e aprobación, se procede, ACTA  da Asemblea anterior.

 
                2 .- Aprobación- Informe de XESTIÓN- MEMORIA ANUAL.

    
                 3 .- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio 2014

4 .- Previsión económica para o exercicio 2015.

 
      5 .- Suxestións e preguntas.-

 
-   Esperamos a vosa presenza cara a unha mellor calidade do ensino público.-


-      Saúdos.

  

-      Ferrol, a 17 de Novembro de 2015.-

            -   A directiva .-


Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria.- 9 Dec.

 

 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA-

                                                     -       9 de Decembro de 2015 –

 
 
A Xunta directiva te CONVOCA a unha ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA no Salón de Actos deste IES Sofía Casanova o Mércores,      9 de Decembro, ás 17,45 horas, a continuación da Asemblea anterior.

 

          Orde do día

 

1     .-   Nomeamento e renovación da Xunta Directiva, segundo o Artigo 22 e 29 dos Estatutos.- 

          Novas incorporacións.

 

 
-   Esperamos a túa presenza co fin de ter unha mellor calidade do ensino público.-

 

 
              Ferrol, a 17 de Novembro de 2015.-


                - A directiva.-