- CHARLA -DEBATE da LOMCE -
O Consello Escolar deste IES SOFÍA CASANOVA, organizou un debate sobre a futura Lei de Educación- LOMCE- no salón de actos cunha ampla representación de organizacións e sindicatos do ensino como Sindicato de Estudantes; CIG-Ensino; CC OO - Ensino; Fedración AMPAS - CONFAPA- ; Nova Escola Galega.
Os diferentes representantes coincidiron nos seus argumentos e conclusións para rexeitar esta Lei LOMCE do actual ministro de educación, Ministro Wert, que definiron como una lei retrógrada, clasista, sexista, confesional ..etc , a cal volve a tempos pasados e sobre todo non conta co requerido consenso dos axentes sociais, agás a patronal e a conferencia episcopal.
Denunciaron o regreso das temidas reválidas en diferentes ciclos e idades por parte de examinadores externos que, ademáis, representa una desconfianza e desconsideración ao profesorado dos centros. Outras cuestión debatidas foron o adoctrinamento católico, prexuízo da educación pública, sistema de elección director/a dos centros a dedo polas administracións ou a eliminación da capacidade executiva dos Consellos Escolares.
Os relatores explicaron as cambios nos ciclos de secundaria e bacharelato con as anunciadas probas de reválidas e os accesos á Formación Profesional de grao medio e superior.
Para rematar o acto, houbo un intercambio de opinións por parte de profes e nais -país e a mesa de representantes sindicais onde quedou patente algunhas discrepancias sobre a UNIDADE de ACCIÓN nas mobilizacións de ensino de forma unitaria. Foi a guinda deste debate dende o respecto e as diferenzas ideolóxicas dentro das mesmas reivindicacións.
Saúdos
No hay comentarios:
Publicar un comentario