- Informacións banco de libros -
A ANPA do IES Sofía Casanova informamos que continuaremos coa RECOLLIDA de libros de texto durante esta semana polas mañás en horario de 11h a 13 horas no local desta ANPA.
Estamos agrupando os libros por lotes, acorde coas vosas peticións e sempre lembrando un riguroso sistema de puntuación que lembramos para os socios/as son 5 puntos máis 1 punto por cada libro de texto válido entregado.
Temos previsto comezar a ENTREGA de Libros de texto en concepto de préstamo para a vindeira semana, a partir do día 10 de setembro, concretando en próximos correos as datas concretas de entrega e máis información.
- Grazas pola colaboración de todos/as .-
Ferrol, a 3 de Setembro de 2013.
- Saúdos
- Xunta directiva.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario