viernes, 18 de enero de 2013

Recortes ensino

 
 

   Educación recorta un 15 % a partida de axudas aos libros de texto.
 
Jesús Vázquez recoñece que en tres anos reducíronse 1.276 profesores. Anuncia a convocatoria de máis de 200 prazas para profesorado de infantil e primaria
 
 
 
Elisa Álvarez
Santiago 14 de xaneiro de 2013.

 
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, admitiu hoxe que o número de xubilacións non cubertas ascende este curso a 369, o que sumado ao descenso de profesorado dos últimos dous cursos supón unha diminución de 1.276 profesores en tres anos.
Vázquez asegura que o aumento do horario lectivo, a diminución de liberados sindicais e a non cobertura dalgunhas xubilacións permitiron que este descenso non afecte á atención dos alumnos.
 
Nunha comparecencia para explicar os orzamentos do seu departamento no Parlamento, o conselleiro anunciou ademais a convocatoria de oposicións en 2013 para o profesorado de infantil e primaria que superará as 200 prazas.
 
Un dos descensos máis rechamantes este ano será o das axudas para que as familias con rendas máis baixas adquiran libros de texto, que cae un 15 %, pasando de 15,1 a 12,7 millóns nun ano.
 Vázquez apuntou á posibilidade de facer un axuste orzamentario neste capítulo para atender ás solicitudes se non é suficiente.
 
La Voz de Galicia.-
 

No hay comentarios: