MASIFICACIÓN CENTRO EDUCATIVO
A Xunta directiva da ANPA Sofía Casanova, expresamos a nosa preocupación ante as informacións que aseguran da chegada de novos alumnos/as de 1ª da ESO para o futuro curso 2012-13.
Segundo cálculos realizados, podemos prever para o vindeiro Curso 2012-13, a chegada duns 105 novos/as alumnas/os para 1º de ESO neste Centro educativo polo que consideramos que son excesivos e ampliando aínda máis o problema de masificación do alumnado neste centro, entendendo que o reparto deste alumnado sexa asumido por todos os centros públicos desta cidade.
Lembramos que este IES SOFÍA CASANOVA ten na actualidade máis e 600 alumnos e alumnas polo que pedimos a administración debe velar para ter as mellores condicións de espazo e uso das súas infraestruturas escolares.
Por todo isto, esta Asociación de Nais e Pais pide a intervención da Consellaría de Educación co obxecto de dar solucións a este problema de masificación cun mellor aproveitamento dos seus espazos con maiores investimentos e mediante a optimización e reparto entre os diferentes centros Educativos desta cidade de Ferrol.
Ferrol, a 5 de Marzo de 2012.
- A directiva
- Sr. Inspector/a e Xefatura da Consellaría de Educación – Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario