Charla da ONG "AXUDA EN ACCIÓN"
- Charla de "Axuda en Acción" no salón de actos do IES Sofía Casanova este Martes-13 pola tarde sobre as actividades relizadas nos pobos de Nicaragua.
Diana Fonseca, presentando un documental sobre o traballo realizado en Nicaragua.-
Manifesto Dia da Muller.-
..
Cando os meus compañeiros do ANPA encargáronme facer un borrador reivindicando o día da muller, dubidei se era a persoa indicada. E penseino por unha razón moi simple, non recordo haberme sentido nunca en inferioridade de condicións fronte a un home. Sempre defendín que alcanzar unha meta non depende de ter máis ou menos capacidade intelectual, de ser home ou muller ou outras circunstancias que nos diferencien do resto. Alcanzala depende do esforzo e o empeño que poñamos en facelo. As mulleres teñen tantas ganas, levan tantos anos esperando unha oportunidade, que están acaparando uns resultados excelentes nas universidades, ata en carreiras tipicamente masculinas.
O que non podo obviar, é que sendo a súa capacidade tan grande, aínda non están xustamente representadas en postos de responsabilidade e poder. Aínda é raro atopar mulleres ocupando cargos directivos en empresas, na política,... Por que? Pois supoño que elas avanzan moito máis rápido que a sociedade. A mentalidade social cambia, pero o fai tan lentamente que provoca un mundo esgotador para unha muller que teña ambición. Ou ben a converte nunha especie de superwoman (que atende ao seu traballo, aos seus fillos, á súa casa e ao seu marido) ou a transforma aos ollos de moitos, nun bicho raro porque renuncia a unha vida en familia para ocuparse da súa evolución laboral. Non é xusto, falamos de conciliar a vida laboral coa familiar pero o facemos desde a distancia e dun xeito hipócrita.
En definitiva, o camiño é longo, pero como di a canción faise camiño ao andar e teño a total convicción, de que cada vez son máis as mulleres que cren que no mundo laboral non hai sexos diferentes senón persoas diferentes.
Mónica García-
No hay comentarios:
Publicar un comentario