- IMPUGNACIÓN –-ELECCIÓNS NAIS- PAIS - CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL-
A Xunta directiva do IES SOFÍA CASANOVA, reunida este pasado Mércores, día 7 de Novembro, nas instalacións deste centro educativo, INFORMA ;
-Que este pasado Venres, día 2 de decembro, celebrouse unha Asemblea da Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra co obxecto de elixir os membros representantes de centros públicos para a constitución do Consello Escolar Municipal da Cidade de Ferrol.
Cando precedíamos a comezar a votación, informa o presidente que esta convocatoria, segundo documentación da que dispón, vai dirixida a elección de nais e pais dos centros públicos. Esta circunstancia sorprende a maioría dos presentes, representantes de ANPAS, posto que en todo momento entendíamos que íanse elixir representantes das ANPAS.
Dadas as explicacións do presidente da Federación, varios/as representantes das ANPAS chaman a atención sobre a necesidade de que non podíamos continuar xa que deberíase realizar unha nova convocatoria pública dirixida a todos/as os/as pais e nais dos centros públicos. Facendo caso omiso o presidente decide continuar coa votación saíndo elixida a maior parte da súa Xunta directiva...
Por todo isto;
A xunta directiva desta Asociación de ANPA de alumnos/as “Sofía Casanova” expresamos o noso rexeitamento con este proceso electoral e acordamos por unanimidade pedir a IMPUGNACIÓN e NULIDADE da VOTACIÓN da mencionada Asemblea deste día 2.
Pedimos a inmediata intervención do presidente/a deste Consello Escolar Municipal de Ferrol e da propia Consellaría de Educación co obxecto de pedir unha nova convocatoria de elección de nais e pais de centros públicos dunha forma transparente, clara e pública.
Ferrol, a 7 de Decembro de 2011
A PRESIDENTA O SECRETARIO
Asdo. Mª Carmen DIAZ CORRAL asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO
- PRESIDENTE CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE FERROL .-
No hay comentarios:
Publicar un comentario