A ANPA do IES Sofía Casanova denuncia que non se cubre a baixa da profesora de Tecnoloxía
Sábado, 17 de Diciembre de 2011
redacción > ferrol
A Asociación de Nais e Pais de alumnos (ANPA) do IES Sofía Casanova de Ferrol denunciou onte, a través dun comunicado, que o centro leva varios días sen a profesora de Tecnoloxía, de baixa por motivos de saúde.

Así, instou á Consellería de Educación a que cubra de forma inmediata esta ausencia, sobre todo tendo en cuenta que nestes momentos o centro está levando a cabo os exámenes e os procesos de avaliación.
Desde o mencionado centro educativo informouse que a profesora cursou a baixa desde o día 5, se ben o sistema da Administración educativa galega non a rexistrou ata o día 7, según informaron onte fontes do departamento. Aínda que non aportaron ningunha previsión sobre cando se vai cubrir esta praza, as mesmas fontes quixeron salientar que a Xunta “está cubriendo las bajas como se ha hecho siempre”.
Diario de Ferrol.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario