miércoles, 31 de agosto de 2022

DIAS DE APERTURA DEL ANPA Y HORARIO

CURSO 2022/2023


POR LA MAÑANA

JUEVES         1/9/22     HORARIO 10H   A  12H

VIERNES       2/9/22     HORARIO  10H   A  12H

LUNES           5/9/22     HORARIO   10H   A  12H


POR LA TARDE

MARTES         6/9/22     HORARIO      16,30H   A 18H

MIERCOLES   7/9/22    HORARIO       16,30H   A  18H



EL RESTO DEL MES DE SEPTIEMBRE Y OCTUBRE SE ABRIRÁ LOS MARTES POR LA TARDE EN HORARIO ESCOLAR.

Y DURANTE EL RESTO DEL CURSO SE ATENDERA POR CORREO ELECTRÓNICO Y POR TELEFONO.

TFO.  698 177 178

CORREO: anpa.sofia.casanova@gmail.com

viernes, 13 de mayo de 2022

MAIOS NO SOFÍA CASANOVA


Nos últimos anos estase a consolidar no Sofia Casanova a recuperación da festa dos Maios, sabendo que na nosa cidade ten un grande impacto desde que o barrio de Canido tomara a iniciativa de actualizar esta festa facendo decoracións florais nas súas rúas e comercos. Pola nosa parte fixose na entrada do Instituto, un Maio coas achegas de plantas e flores recollidas polo alumnado coa axuda do profesorado. Na sua confección participaron particularmente a Biblioteca o e os Departamentos de Dinamización, Orientación e o de Bioloxía. 

Tamén a nosa Anpa puxo o seu grao de area axudando os rapaces na sua confección, botando unha man en todo o que nos pediron.

Tamen se celebrou co Voluntariado da Biblioteca e os anciáns da residencia Domus VI esta mesma festa, artellando dous Maios, pois un quedou no noso centro e o outro foi para a residencia. Xuntaronse diante da parroquia do Pilar e alí recitaron poemas e cancións propios desta festa. Por fin este ano podese recuperar esta actividade de colaboración, entretenemento e acompañamento os nosos maiores, os que lles temos que agradecer tanto.
Deixamos imaxes da actividade.
O Maio 2022
O Maio 2022 de Libertad lopez lopez

viernes, 8 de abril de 2022

OBRADOIRO DE BENESTAR EMOCIONAL


Na anterior entrada chamamos a atención sobre a saúde mentale aquí queremos deixar información sobre un proxecto pioneiro en Saúde Mental que se está a desenvolver no instituto. Debido á preocupación por estes aspectos que se viña recollendo desde diversos ámbitos da comunidade educativa, por parte do Departamento de Orientación e da dirección, pensouse en ofertar un obradoiro de Atención Emocional ao alumando que se ven celebrando desde o 17-3-2022. (Pica na imaxe para ler) .
A prensa local tamén se fixo eco desta actividade, sinalando Teresa Sebio, a directora, que esta inquietude lle fora comunicada tanto polo alumnado coma polos profesores, este foi o motivo que os impulsou  na creación da actividade de Benestar Emocional, que está dirixido ós grupos de 4º da ESO e Bacharelato. O profesional encargado das sesións é Carlos de Francisco Moure, terapeuta que forma parte da Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar da Universidade da Coruña, e que ten acreditada unha longa experiencia neste ámbito, tal como se recolle nos artigos de www.ferrol360.es, do 15-3-22, e de La Voz de Galicia ,do 24 mar 2022 . Nos que se relata que esta actuación ten por obxectivos desenvolver habilidades para identificar e expresar as emocións para que o alumando sexa quen de recoñecer as súas cualidades persoais e os apoios externos, a fin de lograr unha vida sa. Nunha primeira fase falouse co alumnado voluntario e informouse ás familias da relevancia de acompañar aos fillos neste momento do seu ciclo vital.  A segunda consiste na formación e o traballo grupal que se realizará ó longo de seis sesións. 
Foto de La Voz de Galicia 

Este será un programa susceptible de ser ampliado o outros cursos, unha vez se teña avaliado a experiencia. Na Aula Virtual do centro no
Curso de Convivencia podemos atopar máis información.
Para rematar, so nos resta invitarvos a pasar pola biblioteca na que podemos atopar información de utilidade na sección, Biblioteca de Familia, así como lecturas na que os protagonistas están a sufrir na adolescencia diveresas formas de desequilibrio emocional.


jueves, 7 de abril de 2022

DIA DA SAUDE MENTAL

 

O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde para lembrar o aniversario da fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1948. Despois de ter pasado estes anos por un longo período de pandemia e inmersos como estamos en varios conflitos bélicos no planeta , pode parecer que hoxe temos que falar de medicina, descubrimentos científicos e outros logros importantes da humanidade. Sendo moi importantes este temas, hoxe queremos facer mención dun tema de saúde que nos afecta a toda a comunidade educativa e que non se pode visibilizar con máscaras, nin facer prevención con vacinas, que é a saúde mental.
Na nosa contorna vemos compañeiros, traballando, estudando, facendo deporte, todos parecen saudables e felices. Pero o certo é que:se nos afecta un problema e nos desequilibra mentalmente , non levamos unha escaiola que faga visible a nosa dor; por iso faise difícil identificar estas doenzas nos outros, incluso podemos chegar á convicción de que somos os únicos que experimentan a angustia, o medo ou o sufrimento interior. Nesta sociedade da comunicación, curiosamente, só se publican fotos ou vídeos divertidos, compoñendo un calidoscopio de risas e poses falsas que nos dan a entender que todos viven unha realidade mellor que a nosa. Non se fala do sufrimento. Se alguén ten algún problema, sentenciamos que o fale cos amigos, cos profesores, coa orientadora, ou cun especialista. En fin, que o comparta con calquera pero que non sexa connosco. Dicimos que non estamos preparados para axudar. Sen minimizar o problema e recomendando que se acuda ós profesionais da saúde, o certo é que todos podemos abrir os ollos e tomar conciencia da dor dos semellantes.
Non se trata de facer grandes xestos pero saudar, acompañar, comentar en positivo, sorrir, felicitar, escoitar, poden ser para un compañeiro ou compañeira, un luz de esperanza que nos alumee o camiño cando no se ve a saída do túnel da desesperación.
Son moitos os aspectos conectados coa saúde mental e unicamente deixamos dúas propostas para iniciar o diálogo nas aulas. Ó noso lado hai compañeiros, amigos e profesores afectados por este motivo invitámosvos a comentar os seguintes vídeos e a realizar as seguintes actividades.

            

  A información está resumida na infografía.

Saúde Mental de BibliotecaSofíaCasanova.


SAÚDE MENTAL LIBROS E PELÍCULAS de BibliotecaSofíaCasanova.

1. Escollemos  unha das películas, series ou libros. Lemos ou vemos un anaco ou un capítulo da serie ou do libro.

2. Recollemos información para completar a táboa e facemos diálogo en grupos sobre os aspectos de saúde mental que nos chamaron a atención.



Na biblioteca de Familia podedes atopar libros que tratan diversos temas de saúde mental. Pero na sala de lectura tamén temos historias nas que os seús protagonistas teñen que lidiar con problemas de Anorexia, adiccións, acoso ou situacións do ámbito familiar que trastornan o seu equilibrio mental. Aquí deixamos algún pero hai moitos máis que podes ler.