viernes, 23 de septiembre de 2016

Petición Profesor/a Pedagoxía Terapéutica.-


 

     

  • PETICIÓN PROFESOR PT –
   
                           Esta Xunta directiva ANPA Sofía Casanova rexistramos esta petición diante da  Consellaría Educación do Edif. da Praza de España, onde amosamos a nosa preocupación pola falta de Profesores de apoio en Pedagoxía- Terapéutica -PT- neste Centro educativo ante o aumento de alumnado con necesidades específicas e especiais.
         Estamos convencidos da calidade educativa deste IES Sofía Casanova como así o amosan os resultados de aprobados/as nas continuadas probas de Selectividade ou outros baremos con cualificacións moi positivos. Queremos insistir en realizar máis esforzos e dispoñer de todos os medios humanos e físicos para lograr unha mellor e maior calidade de ensino público.
         O Consello Escolar do IES Sofía Casanova na súa última xuntanza analizou a situación escolar para un determinado número de alumnos polo que aconsella pedir a Consellaría de Educación un PROFESOR/A PT para atender as necesidades escolares.
         Esta ANPA Sofía Casanova demanda un profesor/a de Pedagoxía- Terapéutica co fin de atender as necesidades especiais e específicas neste IES Sofía Casanova e seguir mellorando a calidade no Ensino Público.

 

                   Ferrol, a 20 de Setembro de 2016 .-

          - Directiva Anpa .-

 

Petición xuntanza Equipo directivo-Anpa .-


 

                                                                                                                                                                                 
  •                 -   EQUIP0 DIRECTIVO- IES - ANPA -
     

A Xunta directiva da ANPA Sofía Casanova, SOLICITA a celebración dun encontro co Equipo directivo deste Instituto co obxecto de recibir información precisa para este curso 2016-17.
 Pensamos que toda a comunidade educativa, profesores, familiares debemos involucrarnos na consecución dunha boa educación pública e de calidade para os nosos fillos e fillas polo que pediremos información referente a temas propios en materia de ensino, plans de estudo, desenvolvemento do  ABALAR, novo horario,  profesorado  e cambios motivados a nova Lei da LOMCE como as probas de Reválidas e cambios na Selectividade ou libros de texto.
Preguntamos polas actuacións en cuestións relacionadas coas infraestruturas e instalacións deste centro, ascensor, eliminación barreiras arquitectónicas, pista deportiva, material escolar ou deportivo, así como outros temas de interese e posibles colaboracións.
Esta xuntanza poderíase realizar un martes en horario de tarde.



Saúdos


   Ferrol, a 20 de Setembro de 2016.-

- Directiva .-

 
     

  • SRA. DIRECTORA IES SOFÍA CASANOVA.-

Petición dun ASCENSOR.-


                                                                                                       -IMPLANTACIÓN de ASCENSOR –
    
A Xunta directiva desta ANPA IES Sofía Casanova expresamos nosa preocupación ante a falta de ASCENSOR neste Instituto Sofía Casanova.

Consideramos que a Administración debe facilitar un ASCENSOR para implantar a necesaria mobilidade a persoas por necesidades especiais ou accidentes temporais que limitan a súa capacidade de mobilidade.

 Esta Anpa do IES Sofía Casanova, reitera a petición  a esta Consellaría de Educación para habilitar un ascensor neste centro co obxecto de facilitar unha adecuada  mobilidade na comunidade educativa.
 
Ferrol, a 20 de Setembro de  2016.-


 
- Directiva Anpa .-



Eliminación barreiras arquitectónicas.-






-        ELIMINACIÓN BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS –

   Esta Xunta Directiva  Anpa  Sofía Casanova pide a ELIMINACIÓN  de BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS en todos os accesos a este Centro educativo para facer cumprimento da normativa e facilitar a mobilidade a persoas con diversidade funcional.

  Amosamos unha foto da entrada do Instituto para pedir unha actuación por parte do Concello de Ferrol ou a propia Administración da Consellaría de Educación.


- Saúdos .-

-Directiva Anpa .-

miércoles, 21 de septiembre de 2016

BENVIDA - INFORMANDO .-




 
               
      Estimad@s soci@s.-
 
A  Directiva da Anpa Sofía Casanova quere dar a benvida as familias que se  incorporan  a este centro educativo, así como dar a benvida as nov@s soci@s que integran esta Asociación de nais e pais.
 
Supoñemos que a moitos de vós, chegará esta primeira mensaxe e esperamos de todos/as unha boa comunicación e participación.
 
Esta directiva iremos dando as informacións que estimamos de interese e atenderemos as actuacións que consideredes necesarias,  ben diante das distintas administracións públicas ou Consellería de  Educación.
 
Formamos parte da Federación de Anpas de Ferrolterra con importante aportacións e para a Defensa do Ensino PÚBLICO que sempre é necesario.
 
- Informamos que hai uns días o centro celebrou un CONSELLO ESCOLAR para aprobar a Memoria que presentou o equipo directivo para a súa aprobación sobre diferentes cuestións que iremos comentando con algunha actuación a reivindicar por esta Anpa ante a Consellería de Educación, consistente na reclamación dun Profesor/a de Pedaxía Terapéutica-PT- .
 
- Este Martes celebramos unha Xunta Directiva con importantes iniciativas e a presentación de varios Doc.s Escritos ante Xefatura Territorial e Inspección.
 
- Pediremos un encontro  Equipo directivo- Anpa, habitual nestes últimos cursos, co fin de intercambiar informacións sobre o centro.
 
- Informar que está previsto convocarvos en  ASEMBLEAS anual  nun prazo de 1 mes.
A As. ORDINARIA para aprobación da Memoria e contas. 
A. Asemblea EXTRAORDINARIA para nomear directivos .
Enviaremos convocatoria.-  
 
- Estamos os Martes no local a partir das 16,30 h ate as 18h.
 
 
- Saúdos
 
 
- Directiva Anpa .-

I CONCURSO FOTOGRAFÍA "RECIMIL EN POSITIVO"- 30 Xuño -

 
 

 
 
 I CONCURSO FOTOGRAFÍA "RECIMIL EN POSITIVO"





Hoxe ábrese o prazo de participación no I Concurso de Fotografía Recimil en Positivo.

Permanecerá aberto ata o 30 de xuño.

Animádevos a difundir este concurso, especialmente os centros educativos e ANPAs do barrio, posto que a petición vosa creouse unha categoría para os escolares do barrio.




 
Axunto o cartel e as bases do mesmo.


Un Saúdo!!



--

· · ·
IES Sofía Casanova
Rúa O Galego Soto s/n
15403 Ferrol (A Coruña)
T. 981 311 500 F. 981 313 146 M. 638 836 907



martes, 8 de marzo de 2016

Día Internacional da muller traballadora .-

 

Todos os días son 8 de marzo.-

8 marzo2
 
 
O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, conmemora a loita das mulleres pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Facémonos hoxe eco das palabras da Directora Executiva de ONU Mulleres Phumzile Mlambo-Ngcuka na súa mensaxe para 2016: “cada unha e cada un de nós é necesario para garantir que se adopten accións decisivas, visibles e cuantificables…Deamos o paso pola igualdade de xénero” Porque por moito que se alardee de avances en materia de igualdade, queda moito por conseguir.
 E as ANPAs non son un universo aparte, nos tamén debemos comprometernos a dar o paso pola igualdade.
 
Xa logramos introducir o N de nai na denominación das nosas organizacións. Até hai pouco APAs, a pesares de que a meirande parte do traballo na educación das fillas e fillos neste noso país lévano as mulleres sobre as costas.
Con honrosas excepcións masculinas, son as mulleres quen, maioritariamente, atenden a crianza, quen van falar co profesorado, quen están ao tanto das tarefas das fillas e fillos, quen controlan a súa saúde, a súa alimentación , controlan os horarios, fan a provisión do material escolar. Son tamén as mulleres quen acompañan quen atenden os seus despistes e quen aplauden os seus éxitos; son taxistas, seguidoras deportivas, conselleiras de necesidade, subministradoras de excepción, especialistas en sumas cando se suma, e en divisións cando se divide.

 Desde as ANPAS quédanos moito que facer, moito que loitar para favorecer que nas direccións de todas as entidades do ámbito educativo cheguemos tamén a un 50-50, como sinala o lema da ONU: “Por un Planeta 50-50 en 2030: Deamos o paso para a igualdade de xénero”.
 
 
- Confederación ANPAS Galegas .-
 
 

Roubo e desperfectos IES Sofía Casanova.-

 
 
A Xunta directiva desta ANPA IES Sofía Casanova amosamos o noso rexeitamento polos desperfectos e roubo acontecido esta fin de semana nas oficinas deste IES Sofía Casanova.
Expresamos a nosa solidariedade co claustro do profesores e co Equipo Directivo xa que consideramos este acto atenta de maneira especial por tratarse dun Centro educativo.
Esta Xunta directiva pedimos as administracións públicas o esclarecemento destes actos e as correspondentes actuacións xudiciais.   



 
      -  Ferrol, a 8 de marzo de 2016 .-

        
            - A directiva .-

Roubo e deperfectos no IES Sofía Casanova .-


 O IES Sofía Casanova, obxecto dun roubo que se saldou

 con importantes danos.

Los autores del hurto desvalijaron varios despachos j.m. |
 
 Actualizado 08 Marzo 2016 -


 

                                                                                                          
Os autores do furto desvalixaron varios despachos j.m.

O instituto Sofía Casanova de Ferrol foi obxecto no curso do fin de semana -sospéitase que durante a madrugada do domingo para o luns- dun roubo no que os autores levaron unha considerable cantidade de diñeiro -o centro declinou especificar a cifra exacta- ademais de esnaquizar a central de alarma e de apropiarse do gravador no que se almacenan as imaxes captadas polo sistema de control de cámaras de vídeo do que dispón o complexo.
 Ambos os dispositivos estaban instalados en conserjería, un dos espazos que xunto aos de dirección e secretaría foron desvalixados no transcurso da acción.
 Tal e como indicaron fontes do propio centro, que constataron os feitos unha vez chegaron onte ás instalacións tras o fin de semana, o obxectivo dos ladróns estaba claro: "Só querían levar o diñeiro, viñan a tiro fixo", comentaron.

Así o demostra, explicaron, o feito de que non subtraesen ningún outro material, como poden ser os computadores ou os teléfonos existentes na planta baixa do centro educativo, onde actuaron os cacos.
 Para conseguir o seu obxectivo, estes rebentaron todas as portas que tiñan fechadura, esnaquizando incluso os marcos das mesmas e abrindo ademais todos os caixóns que estaban pechados baixo chave.

 Así mesmo, segundo informaron as mesmas fontes, os autores do roubo cubriron con pegamento as fechaduras das principais portas de acceso ao instituto, o que obrigou a atrasar uns instantes a entrada da comunidade educativa ás instalacións. Aínda que nun principio pensouse que podería tratarse dunha "canallada", ao lograr entrar puideron comprobar que se trataba dun roubo, polo que se deu a voz de alarma ás forzas de seguridade e cursouse a correspondente denuncia.
 Até o lugar dos feitos trasladábase onte pola mañá a Policía Científica, así como tamén persoal de Inspección educativa.

- Diario de Ferrol.-

Interesante artigo expertos ensino.-


Interesante artigo expertos ensino.-


Os expertos ven obrigatorios para docentes os cursos de convivencia.-

Un modelo educativo excesivamente competitivo e a falta de preparación dos profesores, dous factores que non axudan a fomentar a tolerancia.

elisa álvarez, sara carreiraredacción / a voz,
29 de febreiro de 2016.     

Galicia non é unha comunidade con aulas especialmente conflitivas. Pero no que se refire ao acoso escolar, un só caso xa é excesivo, e moitos unha secuela que ás veces nin chega a denunciarse. La Voz organizou un debate sobre convivencia escolar no que participaron Javier Sánchez, presidente da Confederación de Anpas Galegas; Carlos Varela, inspector de Educación; Cristina Palacios, presidenta da Asociación de Menores Transexuais Arelas; e Javier García, coordinador dos premiados programas de convivencia do IES Fin do Camiño de Fisterra . Coinciden nalgúns aspectos. O principal, que a formación do profesorado en convivencia e inclusión debería ser obrigatoria, non voluntaria. A maioría, ademais, apunta o mesmo problema, o propio modelo educativo, «xa que sobre todo desde a Lomce o obxectivo principal é dotar de coñecementos ao alumnado, e non se cumpre a función de formar cidadáns», apunta Javier Sánchez.
 
Sobre a formación en tolerancia, respecto, inclusión e resolución pacífica de conflitos, hai unha enorme coincidencia. É clave no éxito escolar e debese ser parte do currículo. «Hai tres puntos para a convivencia: a integración curricular, ser proactivo nas políticas de resolución de conflitos e abrir o centro á comunidade», di García. E o profesorado debe estar preparado para iso, «habería que esixirlle esa formación, pero non pedirlle que a faga no seu tempo libre. Non podemos depender do profesorado que queira traballar pola convivencia, é unha esixencia, non pode ser voluntarista, senón estrutural», apunta o presidente de Anpas Galegas. Carlos Varela concorda: «Si ao médico obrígaslle a que estea actualizado, cun docente ocorre algo parecido, son ámbitos estratéxicos».
 
  Cristina Palacios bota en falta dous aspectos na aula, a formación e a visibilización do que non é habitual. O colectivo LGTBI non está nos currículos, nin nas clases, nin sequera nos contos ou cancións que se desenvolven na aula. «Nos Cefores -centros de formación do profesorado- non hai nin un só curso que teña que ver coa diversidade sexual», apunta. E todo o que é diferente íllase. «A federación estatal LGTBI recollía nun estudo que o 60 % deste alumnado sufría acoso. Penso que máis. Eu con todos os que falei, menos nun caso, sempre sufriron acoso». De aí a importancia de dar visibilidade a estes alumnos (e profesores), algo que axudaría a reducir os conflitos e o acoso aos menores.
 
Estamos mellor
 
¿Avanzou Galicia en convivencia escolar? Polo menos, din, agora fálase diso.
A Lei de Convivencia e Participación foi un paso importante, apunta Varela, sobre todo por dous aspectos, e é que por primeira vez esixe a participación das familias, e pola súa natureza preventiva. Tamén recorda a campaña Eu respecto para concienciar na tolerancia e respecto á diversidade sexual. Como apunta Javier García, hai que acabar cun modelo punitivo e sancionador cara a outro que eduque por e para a convivencia. O representante dos pais é máis pesimista: «As leis hai que dotalas de recursos e de medios, estaría ben se moitas destas cousas se dotasen de medios».
 
  Un dos puntos interesantes do debate centrouse en previr o acoso escolar. Todos coinciden en que non hai só acosador e vítima, senón unha terceira pata, talvez a máis importante: os que observan. «Son con eses cos que temos que traballar, porque moitas veces o acoso sucede no cambio de clase, no recreo, cando o profesor non pode ter unha boa observación», di García. Palacios inclúe ao docente: «Non sempre so é o alumno, tamén o profesor que fai bromas, deixa facer...». Formación, integración no currículo e apertura ás familias para converter a convivencia nun asunto de todos.

Acoso escolar

Definición
  Lei de convivencia.-
  A lei galega define o acoso como calquera vexación ou malos tratos continuado no tempo, xa sexa verbal, físico, psicolóxico ou de illamento social, independentemente de onde se produza.
Mecanismos
Tamén nas redes. O acoso pode producirse a través de medios telemáticos ou electrónicos, iso si, a lei circunscríbeo a que sexa entre iguais.

O alumno debe ser o centro do proceso

  Si o machismo e os problemas de convivencia son estruturais, o alumnado debe estar no centro de calquera medida de resolución de conflitos. «Hai que facelos partícipes, que se responsabilicen de coidar a un compañeiro, de non illar», explica o orientador do IES de Fisterra. Non en balde coordina un programa de convivencia exitoso entre iguais, é dicir, entre estudantes. «Temos que ser proactivos na mellora da convivencia porque forma parte do desenvolvemento integral do alumno».
24 institutos con programas
  En Galicia hai 24 centros que implantaron programas de mediación de alumnos, curiosamente todos de secundaria, 23 institutos e un centro residencial docente. «Sorpréndeme que aínda que está aberto a todos os centros de Galicia, e a Xunta pode financialos, só hai 24 e todos de secundaria, cando si hai un lugar onde realmente se pode cambiar é a escola, e sobre todo a primaria», recalca Carlos Varela. No entanto, engade, a macroencuesta sobre convivencia que fixo a Xunta en todos os centros educativos -que aínda non se presentou- arroxa uns resultados esperanzadores, e alumnos, profesores e pais perciben que a conflitividade nas aulas baixou.
Polémica clase «combinada»
  Capítulo á parte merece a inclusión. A escola debe ser inclusiva, polo que os expertos critican as medidas de escolarización combinada, na que os alumnos con problemas salguen fose da aula durante unha tempada a centros especiais. «Están ensinando que ese neno é diferente, e a clase ten que aprender a convivir coa diferenza», apunta Javier Sánchez. Varela asegura que se fai só cando é solicitada polos pais e con informe do orientador.

Expedientes

Curso 2014-15: 665
É un 0,23 % do alumnado. A conflitividade é baixa, aínda que sobe en etapas como a formación profesional básica.

Plans con metas curtas e realizables

«O papel sopórtao todo, e copiar e pegar o plan doutro instituto non quere dicir que un o siga». Expono Javier García, coordinador do plan de convivencia do IES de Fisterra. Por iso, para non facer documentos fabulosos que ninguén le e ninguén segue», segundo engade Carlos Varela, o mellor é apostar, como o modelo vasco, por proxectos «de dous folios» de carácter anual e revisable, apunta García.
Varela considera que é clave «pórse metas curtas, realizables» porque o claustro «aprende cada ano, acumula experiencias, pódeas valorar e ir incorporando aos poucos» e ademais, desta forma non se xera resistencia, tal e como explica García. E apunta outra cuestión, a mobilidade do profesorado.
«Premios» para a estabilidade
Antes da crise, Galicia tiña unha taxa de interinidade envexable, do 4,58 %, pero coa limitación de reposicións dos últimos anos esta taxa duplicouse, chegando ao 9,58 %. Isto fai que «cada ano hai que formar aos docentes e non lles dá tempo a ter experiencia e poder aportar ao conxunto do centro», segundo explica Javier García.
Fronte a isto, Carlos Varela propón como solución establecer un sistema que premie aos profesores para que queden varios anos nos colexios menos demandados: «O máis positivo sería que se premiase aos docentes para quedar nos centros pequenos ou periféricos durante catro ou cinco anos. Por exemplo, podería ser dándolles máis puntos para un futuro concurso de traslados», apunta o inspector de Educación. A idea «daría estabilidade aos persoais», permitiría que os equipos encaixasen mellor e xa que logo que o traballo fose máis fluído.

¿Formamos traballadores ou cidadáns? A eterna pugna entre contido e valores

O presidente da Confederación de Anpas Galegas incidiu durante a charla en que o problema de convivencia débese, en última instancia, ao modelo educativo. Javier Sánchez explica que «temos un modelo competitivo e excluínte. A nova lei, a Lomce, non cumpre a función de formar persoas, limítase a dotar de coñecemento aos futuros traballadores». Javier García, asiente pero introduce un matiz: «A metodoloxía mellora a comunicación, e o traballo cooperativo e solidario sen dúbida axuda a eliminar os problemas de convivencia», e nese sentido a Lomce, di o orientador, non axuda, porque as reválidas esixen que profesores e alumnos céntrense en pasar o exame. Carlos Varela, que si se mostrou máis favorable «ao modelo escandinavo que ao anglosaxón, que é o que seguimos en España», cre con todo que «nesta vida sempre nos estamos avaliando», e nese sentido é fundamental saber que falla para poder solucionalo.
 
- De Finlandia a Galicia -
  Cristina Palacios, firme partidaria dunha escola que forme cidadáns, defende que se transplante o modelo finlandés a España, aínda que en xeral todos asumen que o sistema educativo debe adaptarse ao país, non se pode desenvolver sen ter en conta a contorna. En calquera caso, a presidenta de Arela pregúntase ante as propostas para evitar o fracaso escolar «que é exactamente o éxito escolar», «porque eu non creo que sexa sacar sobresalientes», di. Nesa mesma liña expón outra cuestión: «¿Que mide o índice de conflitividade?», e recorda que en moitos dos colexios onde un neno acaba suicidándose tras sufrir acoso dos seus compañeiros, «a dirección dicía que non pasaba nada».
Nese punto Carlos Varela móstrase inflexible: «O equipo directivo do centro ten que intervir» e non é posible que se permita un acoso durante anos ao neno que é diferente. Con todo, Varela móstrase moi optimista con respecto ao futuro: «Eu confío no profesorado. Os centos de docentes que eu trato non traballan só polos resultados, nin en primaria nin en bacharelato.
¡E ese esforzo non é mérito de ningunha lei!».

- Voz de Galicia .-

--
 

DÍA DA PAZ.-2016




Conversa aberta. 1 mensaxe lida.
Cargando...
  • Galego
  • galego
  • Español
  • español
  • español
  • US International
  • Habilitar dicionario persoal
  • Deshabilitar dicionario persoal
  • Amosar teclado
  • Agochar teclado
  • Configuración de ferramentas de entrada
  • Galego
  • galego
  • Español
  • español
  • español
  • US International
  • Habilitar dicionario persoal
  • Deshabilitar dicionario persoal
  • Amosar teclado
  • Agochar teclado
  • Configuración de ferramentas de entrada
 
IES SOFIA CASANOVA.-
Cargando…
 
Abrir
Extraer
 
Localización
Data de modificación
Data de creación
Data da última vez que o abrín
Descrición

Uso compartido
Permiso de descarga
1 de 1 elementos

martes, 29 de diciembre de 2015

Feliz aninovo - 2016

 

 
 
A Xunta Directiva deséxavos unhas
 
 
BOAS FESTAS
 
FELIZ EDUCATIVO ANINOVO -  2016
 


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
- Directiva Anpa  .-
 

 
 
 
 

Banco de Alimentos.-

 - BANCO

- BANCO DE ALIMENTOS -



A Xunta directiva informa que se recaudaron máis de 14 CAIXAS !! de alimentos solidarios.
 


Nos felicitamos e damos os nosos parabéns a toda a comunidade educativa desta centro pola participación de xeito xeneroso nestes tempos de crise e recortes.

Desexamos a fin das desigualdades e a fin da esmola para as familias.

Vivamos en pé de igualdade social para tod@s.

Os tempos serán chegados


Saúdos .-


- Anpa .-


miércoles, 16 de diciembre de 2015

ANPA - Doc.contra a violencia de xénero.-Nov.2015



 - ANPA IES SOFÍA CASANOVA -


- CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO -
 
 

A ferramenta máis eficaz para combater a desigualdade é a educación.

 É imprescindible o compromiso político e social, para evitar comportamentos  machistas.

     (Murais feitos polo alumnado do IES Sofía Casanova)
 
A que nos refirimos?

 Podería resumirse nunha breve frase, ¿ loitar contra a hipocrisía?.

 Hipocrisía, cando se critica a desigualdade no mundo laboral e non se articulan leis que impidan que unha muller cobre o mesmo que un home ao desempeñar o mesmo traballo.
 Hipocrisía, cando algún político chega a propoñer, separar aos nenos das nenas nos colexios, con non se sabe que posibles beneficios didácticos.

 Hipocrisía, fariseísmo, finximento, cando unha revista que pretende vender reportaxes de investigación, utiliza como reclamo a mulleres espidas na súa portada. Esta idea, podería ter na súa orixe (a transición española) como inspiración, a liberdade de expresión e sexual. Pero hoxe, en pleno século XXI, cheira simplemente a facer caixa. Así que a suma de facer caixa, muller espida e sexo, pode dar como resultado a prostitución.

 Todos coñecemos algún canle de televisión, que aínda presumindo de progresista, ten presentadores masculinos pouco agraciados, pero simpáticos e audaces. Nelas, o que destaca é a súa beleza, exuberancia e pouca roupa. Será unha rareza estatística ou outra vez, simple hipocrisía.

 No deporte tres cuartos do mesmo, animadoras, recollepelotas, azafatas,?

 Alguén se parou a observar (que parvada, claro que o viron, é imposible non facelo) como se decoran vehículos e motos? Si, decóranse con mozas que parecen sacadas da revista Playboy. E enlazando temas, que muller non entrou nun taller de coches e viuse intimidada por un bonito calendario?

 Poderíamos  seguir poñendo       exemplos de condutas hipócritas. O que importa é que sexamos capaces de detectar e corrixir.

Podemos dicir con orgullo, que o alumnado do Sofía Casanova, no día internacional contra a violencia de xénero, denunciaron e expresaron os comportamentos que incitan á violencia nun marabilloso mural. Rexeitaban que as súas parellas controlasen os seus móbiles ou o uso que facían das redes sociais.

Rexeitaban o control do que vestían ou con quen se relacionaban.

 Rexeitaban que as tratasen como un cacho de carne en venda ou que se lles asubiase coma se fosen cans.

 Debemos actuar e esixir que se actúe con responsabilidade á sociedade e aos políticos. 

A mellor cura para previr un mal, é a prevención, a educación.

E como isto non é tarefa dun día, poñámonos mans á obra.

Contra o maltrato e a desigualdade, tolerancia cero.

( Mónica García).

 

-  Anpa .-

 



miércoles, 25 de noviembre de 2015

25 N -Dia contra a violencia de xénero .-

 
 
 
-DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO-
 

 
O manifesto 25 de novembro contra as violencias machistas da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza “PAREMOS O FEMINICIDIO” comeza sinalando que a violencia de xénero é unha práctica que se remonta ao inicio da sociedade patriarcal. Durante séculos as mulleres foron asasinadas baixo o silencio e a complicidade do seu entorno social, as leis, a relixión e a cultura imperante...

Hai 25 anos, no ano 1990, a  ONU declarou, por primeira vez, que a violencia contra as mulleres era o crime máis encuberto do mundo. Porén, na nosa sociedade aínda perdura a idea de que a violencia exercida contra a muller, sobre todo se quen a exerce é a súa parella, é un asunto privado.

A violencia considerada como un asunto privado deixou de ser invisible para a sociedade e para as institucións, grazas ao esforzo, á denuncia e a constancia dos movementos de mulleres e do feminismo. Persoas expertas na violencia de xénero afirman que está directamente relacionada co poder e a xerarquía, coas relacións asimétricas de poder entre homes e mulleres.

O manifesto afírmase que estamos vivindo día a día un feminicidio contra o empoderamento feminino. Homes que asasinan as mulleres motivados polo odio, desprezo, pracer ou por un sentimento de propiedade. Homes que a través da violencia tentan impedir a liberdade das mulleres. Feminicidio que a sociedade contempla narcotizada, acostumada aos titulares informativos  da aparición doutra muller ”morta” a mans da súa parella ou ex-parella, en vez de falar de asasinatos.

Facemos nosas as expresións de rexeitamento da violencia contra as  mulleres, queremos apoiar e alentar a resistencia e a rebeldía  para construír un mundo novo, unha vida libre de violencias para as actuais e as futuras xeracións de mulleres.

- Anpas Galegas .-

- Anpa  Sofía Casanova.-



domingo, 22 de noviembre de 2015

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria .- 9Dec.


 
    -      CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-
                        
                              -       9 de Decembro de 2015 -

 

  Estimad@s Soci@s ;

 
A Xunta directiva te CONVOCA para celebrar unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no Salón de Actos deste IES Sofía Casanova o Mércores, 9 de Decembro, ás 16,30 horas en primeira convocatoria e ás 17 horas  na segunda.



          Orde do día

 

1 .- Lectura e aprobación, se procede, ACTA  da Asemblea anterior.

 
                2 .- Aprobación- Informe de XESTIÓN- MEMORIA ANUAL.

    
                 3 .- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio 2014

4 .- Previsión económica para o exercicio 2015.

 
      5 .- Suxestións e preguntas.-

 
-   Esperamos a vosa presenza cara a unha mellor calidade do ensino público.-


-      Saúdos.

  

-      Ferrol, a 17 de Novembro de 2015.-

            -   A directiva .-