lunes, 2 de marzo de 2026
Menores conectados
viernes, 13 de mayo de 2022
MAIOS NO SOFÍA CASANOVA
viernes, 8 de abril de 2022
OBRADOIRO DE BENESTAR EMOCIONAL
![]() |
| Foto de La Voz de Galicia |
Este será un programa susceptible de ser ampliado o outros cursos, unha vez se teña avaliado a experiencia. Na Aula Virtual do centro no Curso de Convivencia podemos atopar máis información.
jueves, 7 de abril de 2022
DIA DA SAUDE MENTAL
O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde para lembrar o aniversario da fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1948. Despois de ter pasado estes anos por un longo período de pandemia e inmersos como estamos en varios conflitos bélicos no planeta , pode parecer que hoxe temos que falar de medicina, descubrimentos científicos e outros logros importantes da humanidade. Sendo moi importantes este temas, hoxe queremos facer mención dun tema de saúde que nos afecta a toda a comunidade educativa e que non se pode visibilizar con máscaras, nin facer prevención con vacinas, que é a saúde mental.
A información está resumida na infografía.
Saúde Mental de BibliotecaSofíaCasanova.
SAÚDE MENTAL LIBROS E PELÍCULAS de BibliotecaSofíaCasanova.
1. Escollemos unha das películas, series ou libros. Lemos ou vemos un anaco ou un capítulo da serie ou do libro.
2. Recollemos información para completar a táboa e facemos diálogo en grupos sobre os aspectos de saúde mental que nos chamaron a atención.
Na biblioteca de Familia podedes atopar libros que tratan diversos temas de saúde mental. Pero na sala de lectura tamén temos historias nas que os seús protagonistas teñen que lidiar con problemas de Anorexia, adiccións, acoso ou situacións do ámbito familiar que trastornan o seu equilibrio mental. Aquí deixamos algún pero hai moitos máis que podes ler.
miércoles, 6 de octubre de 2021
A directiva da ANPA quere informar a toda a comunidade educativa do noso instituto, que poderá poñerse en contacto con nos durante este curso 2021/22 através das seguintes canles:
Correo Electrónico anpa.sofia.casanova@gmail.com
Teléfono o whatsaap al núm. 698 177 178
Durante o mes de OUTUBRO estaremos os martes en horario escolar de 16,30 h ata as 18 h no noso local do instituto, e a partir deste mes só iremos cando algún socio o precise.
jueves, 2 de septiembre de 2021
viernes, 21 de junio de 2019
PROXECTO VENUS
Deixamos algunhas fotos para que vexades parte do traballo.
martes, 4 de junio de 2019
TEATRO NO SOFIA CASANOVA
O martes 28 e o xoves 30 de maio tuvo lugar no salón de actos do IES Sofia Casanova, a representación teatral conmemorativa do días Das Letras Galegas o titulo de este ano era HISTORIAS DA PRAZA DE MARIA RISA, e como xa indica o seu titulo risas tivemos unhas poucas .A obra foi levada a cabo por alumnos de este instituto, grandes actores en ciernes, e dirixida como todolos anos polo profesor de matemáticas Jose Luis Rivera. A ver esta representación acudiron ademáis de todolos alumnos do instituto, as familias e este ano tamen foron convidados os institutos de Ferrol Vello e o de Catabois

viernes, 22 de febrero de 2019
jueves, 7 de febrero de 2019
BIBLIOTECA PARA AS FAMILIAS NO INSTITUTO

Este curso acábase de estrear no instituto un recuncho para todas as familias que chamamos "Biblioteca de Familias".Está situdado ó carón do despacho da Orientadora conta cunha serie de libros sobre a educación dos rapaces (estudo, saúde, motivación, redes sociais, alimentación, adiccións...) Que se irá ampliando coas vosas suxestións. Para o cal pedimos colaboración e que nos deixedes na bandexa que habilitamos na estantería os vosos desexos de lecturas ou de información que precisedes.
A biblioteca do centro é de todos: alumnos, profes, personal non docente e tamén das familias. Pero como algúns sodes un pouco tímidos, e non vos atrevedes a entrar, será a biblioteca a que saia.
1. Como as bibliotecarias soamente estamos na biblioteca nos recreos e en poucas horas máis, non podemos atender o préstamo.
2. Seredes vós quen autoxestionaredes o propio préstamo.
3. Podedes coller tres libros por familia.
4. Debedes apuntarvos na folla que atoparedes na estantería, cubrindo ben todos os vosos datos.
5. O préstamo dura 15 días, renovables outros 15 días.
6. Confiamos no voso bo uso.
7. Os materiais son de todos e non son precisamente baratos.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
sábado, 22 de diciembre de 2018
GINKANA DE NADAL 2018-19







jueves, 13 de diciembre de 2018
RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS
lunes, 15 de mayo de 2017
Información sobre Xornadas ANPAS GALEGAS ao redor da innovación educativa
Asunto: Información sobre Xornadas ANPAS GALEGAS ao redor da innovación educativa
X ENCONTRO EN SEDES- MEDIO RURAL GALEGO - EDUCACIÓN- Vindeiro fin de semana.-
OBXECTIVOS DO ENCONTRO
domingo, 12 de marzo de 2017
sábado, 4 de marzo de 2017
FOLGA ENSINO- 9 MARZO-2017
Aínda a risco de ser repetitivos,
pensamos que é importante facer un pequeno análise recordando o que é a LOMCE o que, ao noso
entender, representa e as consecuencias que traerá sobre as nosas fillas e
fillos. Primeiramente debemos ter claro que se lle chama LOMCE a unha Lei
Orgánica auto-nomeada de “Mellora da Calidade Educativa”, lei que se aprobou no
ano 2013 para MODIFICAR a LOE (Lei Orgánica 2/2006 de Educación) que aínda
é a lei vixente en materia educativa en España. Polo tanto o que fixo a
LOMCE foi modificar un importante número de artigos da LOE co obxectivo final
de establecer un determinado modelo
educativo, destacamos o tantas veces dito pero que nos parece
fundamental ter claro: A LOMCE elimina as competencias decisorias dos Consellos
Escolares e os converte en meros órganos de consulta e, ademais, establece un
procedemento de selección de directoras/es no que a decisión final resérvase para
a Administración educativa, por iso dicimos que é unha Lei ANTIDEMOCRÁTICA; a LOMCE eliminou do currículo a “educación
para a cidadanía” e estableceu como materia curricular, mesmo no bacharelato, a
“relixión católica”, ademais reduciu drasticamente horas curriculares nas
“ciencias sociais” (historia, filosofía, etc...) e nas “materias artísticas”,
por iso dicimos que é unha Lei IDEOLÓXIZADA;
a LOMCE potencia a educación concertada e permite a educación “diferenciada
por sexos”, o que vulnera gravemente o dereito fundamental á igualdade
consagrado na Constitución Española, por iso dicimos que é unha Lei SEGREGADORA; a LOMCE eliminou as
“adaptacións curriculares” do modelo educativo, ferramenta fundamental para a
inclusión educativa, establecendo os chamados “programas de mellora” e creando
itinerarios temperás, onde alumnado moi xove (13 ou 14 anos) ten que decidir se
vai a optar á liña da “excelencia” ou a liña da “formación profesional”,
ademais todo isto acompañado dun escandaloso recorte nos recursos educativos de
apoio, por iso dicimos que é unha Lei EXCLUINTE;
a LOMCE reserva para o Estado a maioría da programación educativa, invadindo
claramente as competencias autonómicas en materia curricular, por iso dicimos
que é unha Lei CENTRALIZADORA.
Como se pode observar con todo isto temos
razóns abondas para rexeitar a LOMCE e aínda non se falou das famosas “reválidas”. As “probas finais de
avaliación”, como a Lei chama ás reválidas, teñan ou non “efectos académicos” estrutúranse como unha
ferramenta fundamental para implementar o modelo educativo deseñado pola LOMCE.
Isto é así por ser probas deseñadas polo Goberno central, avaliadas por axentes
externos e que terán repercusións nos centros educativos ao establecer ránkings
de centros e criterios para a dotación dos recursos, resulta que a mellores
resultados, maiores recursos. Xa sabemos que estas probas avalían o nivel de
memorización acadado polas alumnas/os dos contidos curriculares establecidos
pola LOMCE, os centros non terán mais opción que cinguirse ao currículo LOMCE,
o que liquidará a capacidade de establecer os seus proxectos educativos e, polo
tanto, liquídase a autonomía docente dos
centros e a atención á diversidade.martes, 28 de febrero de 2017
Prazas vacantes - 2017-18 .-
Prazas vacantes para o curso 2017-2018
![]() | Relación de prazas vacantes para o vindeiro curso 2017-2018: ESO: 1º Curso: 15 prazas. 2º Curso: 15 prazas. 3º Curso: 8 prazas. 4º Curso: 4 prazas. BACHARELATO: 1º Curso: 68 prazas. 2º Curso: 40 prazas. |
X ENCONTRO DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL GALEGO (Parque Temático Aldea Nova, Sedes)
Será no parque temático do mundo rural "Aldea Nova", Lagoela s/n, Sedes, Narón (A Coruña). Coordenadas GPS: 43.561667 - 8.132778.
O concello de Narón pon en funcionamento nos anos 2007-2008 o parque temático do mundo rural "Aldea Nova", un proxecto de desenvolvemento rural non produtivo, coa finalidade de que servira de impulso para formar, promover e dinamizar as zonas rurais achegadas ás zonas urbáns, cun obxectivo educacional e socioeconómico.




















