- FOLGA XERAL ENSINO-
9 Marzo-2017
Aínda a risco de ser repetitivos,
pensamos que é importante facer un pequeno análise recordando o que é a LOMCE o que, ao noso
entender, representa e as consecuencias que traerá sobre as nosas fillas e
fillos. Primeiramente debemos ter claro que se lle chama LOMCE a unha Lei
Orgánica auto-nomeada de “Mellora da Calidade Educativa”, lei que se aprobou no
ano 2013 para MODIFICAR a LOE (Lei Orgánica 2/2006 de Educación) que aínda
é a lei vixente en materia educativa en España. Polo tanto o que fixo a
LOMCE foi modificar un importante número de artigos da LOE co obxectivo final
de establecer un determinado modelo
educativo, destacamos o tantas veces dito pero que nos parece
fundamental ter claro: A LOMCE elimina as competencias decisorias dos Consellos
Escolares e os converte en meros órganos de consulta e, ademais, establece un
procedemento de selección de directoras/es no que a decisión final resérvase para
a Administración educativa, por iso dicimos que é unha Lei ANTIDEMOCRÁTICA; a LOMCE eliminou do currículo a “educación
para a cidadanía” e estableceu como materia curricular, mesmo no bacharelato, a
“relixión católica”, ademais reduciu drasticamente horas curriculares nas
“ciencias sociais” (historia, filosofía, etc...) e nas “materias artísticas”,
por iso dicimos que é unha Lei IDEOLÓXIZADA;
a LOMCE potencia a educación concertada e permite a educación “diferenciada
por sexos”, o que vulnera gravemente o dereito fundamental á igualdade
consagrado na Constitución Española, por iso dicimos que é unha Lei SEGREGADORA; a LOMCE eliminou as
“adaptacións curriculares” do modelo educativo, ferramenta fundamental para a
inclusión educativa, establecendo os chamados “programas de mellora” e creando
itinerarios temperás, onde alumnado moi xove (13 ou 14 anos) ten que decidir se
vai a optar á liña da “excelencia” ou a liña da “formación profesional”,
ademais todo isto acompañado dun escandaloso recorte nos recursos educativos de
apoio, por iso dicimos que é unha Lei EXCLUINTE;
a LOMCE reserva para o Estado a maioría da programación educativa, invadindo
claramente as competencias autonómicas en materia curricular, por iso dicimos
que é unha Lei CENTRALIZADORA.
Como se pode observar con todo isto temos
razóns abondas para rexeitar a LOMCE e aínda non se falou das famosas “reválidas”. As “probas finais de
avaliación”, como a Lei chama ás reválidas, teñan ou non “efectos académicos” estrutúranse como unha
ferramenta fundamental para implementar o modelo educativo deseñado pola LOMCE.
Isto é así por ser probas deseñadas polo Goberno central, avaliadas por axentes
externos e que terán repercusións nos centros educativos ao establecer ránkings
de centros e criterios para a dotación dos recursos, resulta que a mellores
resultados, maiores recursos. Xa sabemos que estas probas avalían o nivel de
memorización acadado polas alumnas/os dos contidos curriculares establecidos
pola LOMCE, os centros non terán mais opción que cinguirse ao currículo LOMCE,
o que liquidará a capacidade de establecer os seus proxectos educativos e, polo
tanto, liquídase a autonomía docente dos
centros e a atención á diversidade.
Estamos absolutamente convencidos da oportunidade e a necesidade de organizar unha gran mobilización social que faga entender aos políticos, e concretamente á totalidade do Parlamento Español, que é IMPRESCINDIBLE SUPRIMIR AS REVÁLIDAS E DERROGAR A LOMCE de xeito inmediato.| Grupo | Asisten | FOLGA | TOTAL | %FOLGA |
| 1ºA | 6 | 16 | 22 | 72,73 |
| 1ºB | 9 | 13 | 22 | 59,09 |
| 1ºC | 3 | 17 | 20 | 85,00 |
| 1ºD | 6 | 15 | 21 | 71,43 |
| 2ºA | 9 | 17 | 26 | 65,38 |
| 2ºB | 9 | 19 | 28 | 67,86 |
| 2ºC | 5 | 16 | 21 | 76,19 |
| 2ªD | 1 | 6 | 7 | 85,71 |
| 3ºA | 1 | 27 | 28 | 96,43 |
| 3ºB | 0 | 28 | 28 | 100,00 |
| 3ºC | 1 | 18 | 19 | 94,74 |
| 3ºD | 0 | 9 | 9 | 100,00 |
| 4ºA | 0 | 22 | 22 | 100,00 |
| 4ºB | 0 | 22 | 22 | 100,00 |
| 4ºC | 0 | 24 | 24 | 100,00 |
| 5ºA | 0 | 29 | 29 | 100,00 |
| 5ºB | 0 | 27 | 27 | 100,00 |
| 5ºC | 0 | 15 | 15 | 100,00 |
| 5ºD | 0 | 14 | 14 | 100,00 |
| 6ºA | 0 | 29 | 29 | 100,00 |
| 6ºB | 1 | 24 | 25 | 96,00 |
| 6ºC | 0 | 16 | 16 | 100,00 |
| 6ºD | 0 | 21 | 21 | 100,00 |

-- MANIFESTAR o apoio á folga do ENSINO EN SECUNDARIA convocada polo Sindicato de Estudantes e convidar a todas as familias a participar na MANIFESTACIÓN convocada polo SE na mañá do mércores día 26 de outubro.

Un momento da protesta, que comezou na praza de España e foi ata a de Armas / Jorge Meis
Máis de douscentos novos secundaron onte en Ferrol a manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes en contra da política educativa do Goberno. O portavoz da organización, Guillermo Díaz, asegurou que a maioría das aulas quedáronse baleiras nos institutos da zona e que o paro tivo un amplo seguimiento. "Protestamos porque o Ministerio de Educación está aplicando uns recortes que golpean directamente ás familias con menos recursos" dixo o representante do Sindicato de Estudantes- "queren impedir que os seus fillos consigan títulos e facer deles man de obra barata".
Xa están convocadas outras dúas xornadas de folga no próximo mes de marzo
Guillermo Díaz considerou que a política educativa actual persegue ademais poñer a formación en mans privadas, para que titularse sexa unha cuestión de pagar e estea só ao alcance duns poucos. Os estudantes consideran que o novo modelo de estudos de 3 .2 (tres anos de grado e dous de máster) representará na práctica "unha barreira económica insalvable para a mayoría". No manifesto que onte se leu ao remate da manifestación, que discorreu desde o edificio da Xunta ata a praza de Armas, négase o argumento que esgrime o Goberno no sentido de que esta reforma vai supoñer un aforro para as familias. "Suporá que un título universitario que che permita acceder ao mercado laboral en condicións dignas custará entre 15.000€ e 20.000 euros", sinala o Sindicato de Estudantes.
Os convocantes teñen previsto continuar pola senda da mobilización. Para os días 16 e 17 do próximo mes de marzo están previstas outras dúas xornadas de folga. "Chamamos aos sindicatos do profesorado, a pais e a todas as organizacións e colectivos da esquerda a que salgamos todos xuntos nunha folga xeral de toda a comunidade educativa contra o 3. 2, pola derrogación de todas as contrarreformas educativas do PP e pola anulación de todos os recortes que desde que están no poder asestaron á educación pública@, terminaba o seu manifesto.
- Diario de Ferrol.-
|