Mostrando entradas con la etiqueta Dia Internacional da Muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dia Internacional da Muller. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de marzo de 2016

Día Internacional da muller traballadora .-

 

Todos os días son 8 de marzo.-

8 marzo2
 
 
O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, conmemora a loita das mulleres pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Facémonos hoxe eco das palabras da Directora Executiva de ONU Mulleres Phumzile Mlambo-Ngcuka na súa mensaxe para 2016: “cada unha e cada un de nós é necesario para garantir que se adopten accións decisivas, visibles e cuantificables…Deamos o paso pola igualdade de xénero” Porque por moito que se alardee de avances en materia de igualdade, queda moito por conseguir.
 E as ANPAs non son un universo aparte, nos tamén debemos comprometernos a dar o paso pola igualdade.
 
Xa logramos introducir o N de nai na denominación das nosas organizacións. Até hai pouco APAs, a pesares de que a meirande parte do traballo na educación das fillas e fillos neste noso país lévano as mulleres sobre as costas.
Con honrosas excepcións masculinas, son as mulleres quen, maioritariamente, atenden a crianza, quen van falar co profesorado, quen están ao tanto das tarefas das fillas e fillos, quen controlan a súa saúde, a súa alimentación , controlan os horarios, fan a provisión do material escolar. Son tamén as mulleres quen acompañan quen atenden os seus despistes e quen aplauden os seus éxitos; son taxistas, seguidoras deportivas, conselleiras de necesidade, subministradoras de excepción, especialistas en sumas cando se suma, e en divisións cando se divide.

 Desde as ANPAS quédanos moito que facer, moito que loitar para favorecer que nas direccións de todas as entidades do ámbito educativo cheguemos tamén a un 50-50, como sinala o lema da ONU: “Por un Planeta 50-50 en 2030: Deamos o paso para a igualdade de xénero”.
 
 
- Confederación ANPAS Galegas .-
 
 

miércoles, 29 de abril de 2015

- Reivindicación día da Muller .-

                    


 - Feliz día da INTERNACIONAL da

MULLER TRABALLADORA -




 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
- ANPA IES Sofia Casanova .-
 
 
 

jueves, 29 de marzo de 2012

FOLGA XERAL.-

A Xunta directiva da ANPA Sofía Casanova, queremos manifestar o apoio a FOLGA XERAL para a xornada do vindeiro XOVES-29 de Marzo, que lembramos trátase dun dereito constitucional.


Ante as políticas de RECORTES exercidas polo actual goberno autonómico da Xunta de Galicia e falta de convocatorias de mestres e profesores/as, consideramos que vai afectar negativamente na calidade do sistema educativo de nosos fillos e fillas.


Por todo isto, esta Xunta directiva apoia esta FOLGA XERAL e instamos á dirección que facilite este dereito como tamén se cumpran os servizos mínimos establecidos por lei.


  
                   Ferrol, a 26 de Marzo de 2012.

            - A xunta directiva.-


miércoles, 14 de marzo de 2012

Charla Axuda en Accion

Charla da ONG "AXUDA EN ACCIÓN"



- Charla de "Axuda en Acción" no salón de actos do IES Sofía Casanova este Martes-13 pola tarde sobre as actividades relizadas nos pobos de Nicaragua.









Diana Fonseca, presentando un documental sobre o traballo realizado en Nicaragua.-




Manifesto Dia da Muller.-
..

    Cando os meus compañeiros do ANPA encargáronme facer un borrador reivindicando o día da muller, dubidei se era a persoa indicada. E penseino por unha razón moi simple, non recordo haberme sentido nunca en inferioridade de condicións fronte a un home. Sempre defendín que alcanzar unha meta non depende de ter máis ou menos capacidade intelectual, de ser home ou muller ou outras circunstancias que nos diferencien do resto. Alcanzala depende do esforzo e o empeño que poñamos en facelo. As mulleres teñen tantas ganas, levan tantos anos esperando unha oportunidade, que están acaparando uns resultados excelentes nas universidades, ata en carreiras tipicamente masculinas.
    O que non podo obviar, é que sendo a súa capacidade tan grande, aínda non están xustamente representadas en postos de responsabilidade e poder. Aínda é raro atopar mulleres ocupando cargos directivos en empresas, na política,... Por que? Pois supoño que elas avanzan moito máis rápido que a sociedade. A mentalidade social cambia, pero o fai tan lentamente que provoca un mundo esgotador para unha muller que teña ambición. Ou ben a converte nunha especie de superwoman (que atende ao seu traballo, aos seus fillos, á súa casa e ao seu marido) ou a transforma aos ollos de moitos, nun bicho raro porque renuncia a unha vida en familia para ocuparse da súa evolución laboral. Non é xusto, falamos de conciliar a vida laboral coa familiar pero o facemos desde a distancia e dun xeito hipócrita.
   En definitiva, o camiño é longo, pero como di a canción faise camiño ao andar e teño a total convicción, de que cada vez son máis as mulleres que cren que no mundo laboral non hai sexos diferentes senón persoas diferentes.

Mónica García-

Exposición IES Sofia Casanova - Dia Internacional da muller


EXPOSICIÓN DÍA INTERNACIÓNAL DA MULLER.

 Magnífica exposición de fotos históricas conmemorativas das 146 mulleres que morreron nunha fábrica de textil en Nova York.






















Dia Internacional da Muller

Charla martes-13 de Axuda en Acción.-

Ola a tod@s.-
 A xunta directiva desta ANPA e o CENTRO  organizamos  unha charla sobre as actividades de Axuda en Acción conmemorando o día Internaciónal da Muller este MARTES-13 ás 16,30 h,no Salón de Actos deste IES Sofía Casanova, dirixida a varios cursos do alumnado.
 
Saúdos
- A directiva .-