- ACTOS HOMENAXE 50º ANIVERSARIO -
- INSTITUTO SOFÍA CASANOVA -
- DISCURSO ANPA -

A educación é o arma máis poderosa para cambiar o mundo
(Nelson Mandela)
A educación empeza no berce e non termina xamais.
Afortunadamente, temos a capacidade de aprender todos os días das nosas vidas. Pero o que determinará o noso carácter e a nosa capacidade para aprender, iso, sucederá probablemente na nosa idade máis temprana.
É por iso, que os pais sabemos que nas nosas mans temos unha gran responsabilidade, unha responsabilidade que non é comparable a ningunha outra. Non hai nada máis importante que este momento.
É seguro que nos imos a equivocar, claro que o faremos, pero intentamos que a pegada que deixamos nos nosos fillos sexa tal, que axude a que sexan capaces de ser felices e de facer felices a outros.
Que sexan respetuosos co mundo e que do mundo, sexan capaces de facer algo máis belo, algo que mereza a pena.
Cando deixamos aos nosos fillos nun centro educativo, confiamos os nosos fillos aos profesores. É dicir, deixamos o máis preciado para nós, baixo a súa tutela.

Eles son a partir dese momento, os que nos van a axudar, os que van traballar man a man connosco. Por iso hoxe queremos dar grazas aos profesores e dignificar esta profesión.
Nunha ocasión, o noso recentemente retirado director Xoan Silvar, comentaba con certa emoción, que recordaba como chegaran moitos alumnos ao centro, sendo uns nenos. Pasado o tempo, tiña o privilexio de ver a eses mesmos alumnos convertidos en adultos, en persoas con criterio e formación.
Supoñemos que do mesmo xeito que nos sucede aos pais, gústalles pensar que han ter algo que ver nesa transformación.

Os pais sabemos que é así. Un bo profesor ten o poder de facer que os nosos fillos sexan capaces, créanse capaces e o día de mañá móstrenlle ao mundo o que son capaces de facer.
A educación é o arma máis poderosa para cambiar o mundo.
É por iso que hoxe e todos os días, os pais imos seguir defendendo a educación como un ben, como un dereito. Como algo de todos e para todos. A educación non é un negocio é unha necesidade para o ser humano e por iso ha de ser pública e gratuita.
O ANPA quere felicitar ao Sofía Casanova por estes 50 anos axudando a facer mellores persoas.
E aproveitando esta circunstancia e sen esquecer o noso carácter reivindicativo, invitar ás autoridades aquí presentes, a facer un esforzo por darlle un lavado de cara as moitas das instalacións deste centro como agasallo de aniversario.
Moitas grazas e que a educación pública cumpra moitos máis.
- Salón de actos IES Sofía Casanova.-