viernes, 30 de mayo de 2014

Teatro no Sofía Casanova .-


O IES Sofía Casanova volve gozar do salón de actos.


REDACCIÓN FERROL | Actualizado 30 Maio 2014 -

O IES Sofía Casanova reestreou onte o seu salón de actos logo de telo durante meses inoperativo, coa representación da obra de teatro "O testamento do tío Nacho" por parte do grupo do centro, baixo a dirección do profesor Xosé Luís Paz. Celebráronse dúas representacións que se enmarcan no programa de celebración do cincuenta aniversario do instituto.
 
 
Un intre da obra “O testamento do tío Nacho” d. alexandre
 O salón de actos permanecera pechado desde finais do curso pasado, cando se desprendeu parte do teito durante a celebración dunha actividade.
Finalmente foi en marzo pasado cando a Consellería de Educación anunciou un investimento de 20.000 euros para realizar a oportuna reparación e devolver ao instituto este espazo.

No marco da celebración do cincuenta aniversario de vida do instituto "feminino", hoxe recibirán as súas orlas os 62 alumnos que forman parte da promoción que este ano termina segundo de Bachillerato.
O acto será ás cinco da tarde e finalizará coa actuación do grupo Taller de Música Moderna do Conservatorio de Ferrol. A formación intégrana sete alumnos de sexto curso do "Xan Viaño", dous dos cales forman parte, ademais, da promoción que celebra a súa despedida do instituto Sofía Casanova.

 Os actos polo 50 aniversario continuarán no próximo mes de xuño, entre outras actividades, cunha exposición de fotografías sobre Sofía Casanova e con dúas charlas achega da historia da educación en Ferrol e do propio centro.

jueves, 29 de mayo de 2014

Celebración 50º Aniversario - IES Sofía Casanova.-



CELEBRACIÓN DO 50º ANIVERSARIO DO IES SOFÍA CASANOVA

 

   Arranxadas as obras de substitución da cuberta do salón de actos, xa dispoñemos deste espazo para continuar coa celebración dos actos programados para conmemorar o 50º aniversario do noso instituto. Son os seguintes:
     
    - 29 de maio (xoves): posta en escena da obra O testamento do tío Nacho, dirixida  polo profesor Xosé Luis Paz e interpretada polo grupo de teatro do noso centro.

   Terá lugar co seguinte horario e distribución de grupos:

 

Grupos

Horas

1º, 2º e 3º da ESO (agás 3º A)

De 10.00h. a 11.20h.

4º da ESO (agás 4º B), 1º de BAC e PCPI

De 12.00h. a 13.20h.

 
Póla tarde, ás 17.15h. haberá unha sesión para as família.
     
(3º A e 4ºB acudirán ao Teatro Jofre  de 12.00h a 13.20h. para asistir á representación da obra Con pelos na língua, acto organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra).

 - 30 de maio (venres): titulación da promoción do 50º aniversario  do IES Sofía Casanova.

 - 3 de xuño (martes pola tarde. De 16.45h a 18.10h): fotobiografía da escritora que lle dá o nome ao noso instituto,  impartida pola nosa antiga compañeira Charo Martínez e titulada: “Un percorrido pola vida de Sofía Casanova”. Asistirán os seguintes grupos: 1º, 2º e 3º da ESO.

 - 13 de xuño (venres. De 11.00 a 12.10h. ): conferencia a cargo do noso recentemente xubilado compañeiro Guillermo Llorca Freire. Fará unha “Aproximación á historia da educación en Ferrol” para  o alumnado de 4º da ESO, 1º de bacharelato e o PCPI.

 - 18 de xuño (mércores. Ás 17.00h.). Para presidir o acto central, ao que está convidada toda a nosa comunidade educativa e antigas compañeiras e compañeiros e alumnas e alumnos, contaremos coa presenza do alcalde, José Manuel Rey Varela, que xa  confirmou a súa asistencia, e con representación da Consellería de Educación, da Universidade e da ANPA do noso instituto.

 - A que foi directora do centro durante oito anos, ademais de investigadora e escritora, Ana Romero Masiá, impartirá unha conferencia titulada “De Camilo a Sofía”.

 - O acto comezará coa interpretación dun Divertimento de Haydn, a cargo do grupo de cámara integrado polas nosas alumnas Andrea Trillo Sanmartín (promocionou este ano) e  Inés Amarelo García (rematou o ano pasado) e por Sabela Huges (ex-alumna do IES Carvalho Calero) e Carolina Rosario (alumna das Discípulas).

 Poderemos disfrutar da proxección dunha curta documental elaborada por alumnado e profesorado do noso centro coa colaboración da produtora Gaitafilmes, onde se fará un percorrido polo centro e no que se recollen entrevistas realizadas a distintos membros da nosa comunidade educativa.

 A actuación do grupo Raparigos, co ex-director do instituto Xoán Rodriguez Silvar, pechará un acto que confiamos estea á altura dun centro que goza de tan longa tradición na nosa cidade de Ferrol.

     - A comisión do 50º aniversario do IES Sofía Casanova


Antía López García

Pilar Berrio Martín-Retortillo

Ana Seco Orosa

Guillermo Ferrández Rivera

Ánxela Loureiro Fernández

Ángeles Doce Lamas

Eugenia Lorenzo Casal

Emilio Hermida Yánez

José Luis Paz Rivera

José María Orbaneja Orjales

Teresa Sebio Puñal

Xaquín Rodiles Lamas

Román Bravo Díaz

Ana Foira Ares

Laura Suárez Llano



Letras galegas - 2014 .-

 
 
- Exposición fotos das Letras Galegas -2014 -
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 







 
 
 
 
 
 
 
 
 


lunes, 19 de mayo de 2014

FIN obras salón de actos.-



O Equipo directivo do IES Sofía Casanova comunica o fin das OBRAS do Salón de actos.
Lembramos que esta ANPA IES Sofía Casanova, xunto a directora e secretaria do equipo directivo mantivemos unha xuntanza co  Xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia en Ferrol  o pasado día 2 de Abril ás 11 horas na sala de xuntas deste IES co fin de recibir información das obras a realizar no salón de actos.

Esta reunión responde a unha petición solicitada para recibir información das obras a realizar no salón de actos deste IES, motivado a un desprendemento en plena actuación,   que lembramos se produce despois de rematar unhas obras neste mesmo teito adxudicadas por esta Consellaría.

Confirma que as obras están adxudicadas a empresa Finisterre e que comezarían de inmediato.

Visitando o Ximnasio fai varias observacións en canto a materiais inadecuados, formas incisivas que poden lesionar ao alumnado; parte baixa acristalada; teito plano; falta de ventilación e conseguinte condensación..etc. 

Na parte exterior do ximnasio cuestiona as distancias co patio alegando que pode provocar  algún accidente e resúltalle perigoso. Continúa expresando que o patio necesitaría unha actuación pero que este curso xa teñen os presupostos adxudicados.
Sería posible facer un estudo e actuación para o seguinte curso e solicitar material deportivo.

Amosamoslle os exteriores, fronte o local da ANPA, que tivo inundacións o cal propón algunhas solucións sinxelas como a canalización deste tramo.

Saúdos.-

Lingua galega - 2014 .-

 
 
 

D. Quixote






Obras centros educativos.- 18 Abril



Educación concluirá esta semana os

traballos de mellora en cinco centros


 
N REDACCIÓN FERROL | Actualizado 18 Abril 2014 - 01:52 h.

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, a través da Xefatura Territorial, concluirá esta semana diversas obras de mellora en cinco centros educativos da cidade e comarca. A Administración educativa aproveitou as vacacións de Semana Santa para acometer algunhas das obras pendentes na zona, co fin de non interferir na actividade académica.
Un dos traballos que se están levando a cabo estes días teñen que ver coa reforma da cuberta do salón de actos do IES Sofía Casanova. Como se recordará, devandito espazo permanece pechado e inoperativo desde finais do pasado curso académico, cando tivo lugar o desprendimiento de parte do teito. O suceso produciuse no transcurso da celebración dunha actividade organizada polo propio instituto.
Malia que o salón estaba cheo, non houbo que lamentar ningún dano persoal. Desde entón, desde a ANPA do centro manifestouse de forma pública en varias ocasións a necesidade de reparar a cuberta do espazo, unha actuación que agora xa está sendo materializada.
Tal e como se informou no seu momento desde a Xefatura Territorial, a obra estaba presupostada nun total de 20.000 euros. Coa reposición da cuberta exterior intentarase evitar as filtraciones de auga e as consiguientes humidades que se producían e que aumentaban o risco de desprendimiento no interior.

 - Diario de Ferrol.-

martes, 8 de abril de 2014

Cambios coa LOMCE.- Elección plantilla.-


         A Lomce permite aos directores

elixir a parte do profesorado

Autorízaos a rexeitar interinos se o centro fai

programas de calidade

Escrito por:
Santiago / La Voz  08 de abril de 2014                                            
          
 
   Entre os cambios que incorpora a Lomce en canto a materias, probas de avaliación, itinerarios formativos e autonomía dos centros inclúese un que afecta á capacidade de decisión dos directores e que non convenceu en absoluto aos sindicatos: a competencia para elixir a parte da plantilla de docentes.
  A nova lei do PP quere fomentar a calidade dos centros educativos, e para iso reforzarase a autonomía e potenciarase a función do director. Colexios e institutos poderán participar en programas de calidade, e para levar a cabo estas accións, «o director disporá de autonomía para adaptar os recursos humanos ás necesidades derivadas dos mesmos», recolle o texto da lei.

ADVERTISEMENT
  Na práctica, o que se permite é que o responsable do centro estableza requisitos e méritos para os postos que se oferten tanto de funcionario docente como de interino. Ademais, poderase rexeitar ao profesional que se remita das listas de interinos a principios de curso, sempre que sexa de forma motivada e conte co respaldo da Administración.
  Agora mesmo, por exemplo, ao existir as seccións bilingües, xa hai prazas vacantes, por exemplo da materia de Coñecemento do Medio, para as que se esixe profesorado con dominio de idiomas, pero o cambio supón perfilar máis estas vacantes e rexeitar aqueles candidatos que non cumpran coas condicións marcadas. Ademais, permitirase ao director, se existe unha vacante que está a ser ocupada por un interino ou un funcionario en comisión de servizos, prorrogar este nomeamento se se xustifica a importancia de que continúe no posto para desenvolver o proxecto educativo do centro e para garantir a súa calidade.
 
  En Galicia haberá oposición
 
  A Xunta debe desenvolver normativamente este apartado e non o terá fácil cos sindicatos. O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, aseguraba tallantemente que «vaino ter difícil se quere dar esa potestade aos directores porque terá un rexeitamento moi grande». De facelo, Louzao xa apunta directamente aos responsables de colexios e institutos, a quen recomenda non facer uso desta potestade, ou simplemente non incorporarse aos programas de calidade, «que son programas de competencia entre uns centros e outros».
  O que xa adaptou o Goberno galego ás directrices da Lomce é a elección dos directores dos centros educativos, que a partir de agora queda en mans da Administración.
Coa anterior normativa a maioría dos membros da comisión estaban elixidos polo claustro de profesores e o consello escolar, mentres que coa nova norma a xefatura territorial, é dicir, a Administración, será a encargada de designar a catro dos sete membros da comisión, o que deixa en minoría á comunidade escolar do centro. Para evitar que se designe a directores que non contan co apoio de profesores, alumnos e pais, os sindicatos xa solicitaron aos docentes que opten a este cargo que antes de presentarse busquen o aval da comunidade educativa, e en caso de haber dúas alternativas realicen unha especie de primarias nos centros.

Adelino Pouse:

«É unha responsabilidade a maiores, pero como

directores non o vemos mal»
         
  Adelino Pouse acaba de coller a substitución á fronte da Asociación de Directores e Directivos de Institutos de Galicia, e asegura que a capacidade para perfilar as prazas vacantes de cara á elección do profesorado «é unha responsabilidade a maiores». No entanto, non é unha medida que rexeite.
 
  «Como directores non o vemos mal, é unha das cousas que de feito nós tiñamos pensado. Xa comentamos este aspecto, pero o certo é que é unha responsabilidade a maiores», explica Pouse Reino.
 
ADVERTISEMENT

   O director do IES Xulián Magariños, de Negreira, explica que todo o claustro de profesores debe referendar o proxecto educativo «polo que é lóxico que un profesor que chega tamén se comprometa con este proxecto». Tampouco ve factible que poida perfilarse ao detalle a praza solicitada polo centro -co que se correría o risco de poder nomear practicamente a dedo ao persoal interino-, senón que cre que as características que deben incluírse neste perfil limítanse «a que controle as liñas básicas que se van desenvolver, tendo en conta se é un proxecto de convivencia, de novas tecnoloxías...».
 
Outro dos aspectos rechamantes que destaca Pouse é que os directores deberán facer un informe, finalizado o curso, sobre o traballo do profesor interino no centro, «pero está claro que haberá que consultar tanto ao claustro de profesores como ao departamento no que traballou o docente», conclúe.

- La Voz de Galicia.-


Bolsas ERASMUS .-

 

Dez mil bolsas Erasmus buscan propietario

O novo programa establece requisitos académicos e de idiomas

 máis esixentes que as 30.000 bolsas financiadas pola Unión Europea

Escrito por:
Madrid / La Voz
04 de abril de 2014  11:34 GMT
          
Os estudantes universitarios e de ensinos superiores -FP de grao superior, artísticas, artes plásticas, deseño e deportivas- poderán solicitar a partir de hoxe e ata o 24 de abril unha das 10.000 bolsas do novo programa Erasmus+ que o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte financiará de xeito íntegro para o curso que vén cun orzamento de 18 millóns de euros.
 
Así o indica a orde publicada onte no Boletín Oficial do Estado (BOE), que establece requisitos académicos e de idiomas máis esixentes que as 30.000 bolsas financiadas pola Unión Europea, ademais dunha contía superior ao mes. En ambos os casos, as bolsas terán unha duración de cinco meses para a realización de estudos e de tres para prácticas en empresas.
 
Os estudantes poderán obter entre 300 e 500 euros ao mes, segundo os casos. Recibirán 400 euros cada mes os que elixan para a súa formación destinos como Francia, Italia, Reino Unido, Liechtenstein ou os nórdicos; 350 se escollen Bélxica, Alemaña e os Países Baixos, por exemplo; e 300 se van a Polonia, as repúblicas bálticas, Bulgaria ou Romanía, entre outros.
Máis diñeiro que as da UE
 
Se o solicitante foi beneficiario dunha bolsa ou axuda xerais do Ministerio de Educación no curso 2013-2014, recibirá cen euros adicionais. Se é alumno de prácticas, terá outros cen euros, aínda que incompatibles co complemento anterior. As axudas, que non estarán suxeitas a IRPF, serán incompatibles coas do programa europeo Erasmus Plus, que financia a Unión Europea.
O pagamento será único, unha vez comezada a estancia e previa presentación do certificado que asegure a incorporación efectiva ao centro académico ou de prácticas. A finais de maio publicaranse as listas de admitidos.


- La Voz de Galicia.-


Manifestación contra a LOMCE - 27 marzo

 
 
 
- MANIFESTACIÓN 27 MARZO-2014 -
 
 
- Manifestación contra a LOMCE, convocadas polo Sindicato de Estudantes este xoves, 27 de marzo de 2014.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
                                                                                                    

martes, 25 de marzo de 2014

Xornada coa Xustiza.-


        

Alumnado do IES Sofía Casanova

asisten a unha xornada de

xuízos penais.


Delitos de tráfico, ameazas e un de abusos, a porta pechada.

Escrito por:
ferrol / a voz  25 de marzo de 2014                                           
          

           A maxistrado María Jesús García comentou as normas e problemas dos tribunais. anxo manso
  

Alumnos de 1º e 2º curso do instituto ferrolán Sofía Casanova seguiron onte a xornada de xuízos no Xulgado do Penal número 2 de Ferrol. A maxistrado, María Jesús García, baixou do estrado en varios momentos para explicar aos novos pormenores do sistema penal español e dos casos que se estaban vendo.
 
Dos sete xuízos sinalados cinco eran sobre delitos de seguridade viaria. Porque desde a última reforma do Código Penal nesta materia, infraccións como conducir con exceso de alcol ou sen carné pasaron de ser irregularidades que se resolvían cunha sanción administrativa (multa) a transformarse en constitutivas de delito.
 
Por iso, aproveitou tamén para explicar María Jesús García, que algunhas oficinas xudiciais están colapsadas e son fiel reflexo das fotografías que aparecen habitualmente nos xornais nas que ven funcionarios case ocultos entre montañas de papel.
Un dos cinco tráficos, o de Víctor M. A., é un vello infractor xa coñecido nestes tribunais. Impútaselle ir ao volante sen carné e de forma reiterada polo que a fiscal solicitou penas de prisión. De tal xeito que se é condenado terá que ingresar no cárcere.
 
Elena Gándara, que actuaba de fiscal nestas vistas, recordou que non todos son atrasos (a primeira das vistas era por un accidente con alcol do 2008 no Camiño da Revolta en Narón, que chegaba onte a xuízo, por recursos e outras demoras). Porque, explicou Gándara, implantáronse os xuízos rápidos. Algúns acusados son xulgados xa aos poucos días de cometer o delito, mercé a esta tamén recente reforma legal.
Os novos estudantes estaban acompañados polos seus profesores Carmen Aneiros (Antropoloxía) e Emilio Saldaña (Filosofía do Dereito).
Carmen explicou nun dos descansos (un xuízo era por abusos a unha moza con síndrome de Down, que a defensa negou, e que se celebrou a porta pechada por tratarse dunha persoa con minusvalía mental) destacou este tipo de actividades cos alumnos: «Vemos que a Xustiza non é unha comparsa que se move por diñeiro ou intereses».
 
Saldaña, á súa vez: « Sérvenos para que os mozos vexan a que che pode levar a mala vida.
 É importante tamén que vexan o funcionamento das institucións do Estado».

- La Voz de Galicia.-

Sofía Casanova.-

 
 
- CUADRO SOFÍA CASANOVA -
 
 
 

 
 
 
 
 







- 50 º Aniversario do Instituto IES Sofía Casanova -

viernes, 14 de marzo de 2014

ANPA pide unha xuntanza con Xefatura Educación.-

Diario de Ferrol
                                  

 Educación reparará a cuberta do salón
de actos do IES Sofía Casanova da urante
o verán


REDACCIÓN FERROL | Actualizado 14 Marzo 2014 - 01:30 h.


A Xefatura Territorial de Educación da provincia da Coruña informou onte de que os traballos para a sustitución da cuberta do salón de actos do IES Sofía Casanova serán acometidos durante as vacacións de verán. Aínda que aínda non fixaron o calendario definitivo das actuciones que xa están presupostadas para os diferentes centros educativos, avanzaron que as correspondentes a este instituto faranse con toda probabilidade nesas datas.
 Como se recordará, o salón de actos permanece pechado desde finais do pasado curso, a raíz da caída de cascotes procedentes do teito.
 O desprendimiento producíase no transcurso da celebración dunha actividade organizada polo propio centro, aínda que, por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.

orzamento.

 A obra está presupostada nun total de 20.000 euros e consistirá na reposición da cuberta exterior, coa finalidade de evitar as humidades que provocan o deterioro da mesma e que aumentan o risco de desprendimientos no interior.
A ANPA do centro manifestou en varias ocasións, e de forma pública, a súa preocupación pola actual situación dun espazo que ademais non pode ser utilizado pola comunidade educativa.
Esta mesma semana, a asociación reiteraba a necesidade de solucionar o problema para poder recuperar o espazo para as actividades e recordaba que fai menos dun ano xa se realizaron obras de rehabilitación, por parte da Consellería de Educación, no tellado.
- Diario de Ferrol.-

jueves, 27 de febrero de 2014

50 Aniversario IES Sofía Casanova.-



F                  

O Sofía Casanova celebra con teatro o seu medio século de vida.

Hoxe comezan con representacións sobre 1964, o ano que abriu o centro.

Escrito por:
bea abelairas
ferrol / a voz  27 de febreiro de 2014                                             
          


O instituto Sofía Casanova, tamén coñecido como o Feminino, comeza hoxe cun calendario moi especial, que servirá para repasar a súa historia, pero sobre todo para celebrar o medio século de vida.

Desde hai semanas os alumnos de varios cursos preparan unhas comparsas que se representan esta mañá e que teñen como eixo central episodios do ano 1964, porque o centro abriu durante este curso.
«A nosa intención era que vos estudantes investigasen sobre ese ano e plasmasen nunha representación ou que quixesen», explicaba onte a directora do centro, Laura Suárez, pouco antes de que se celebrasen un dos últimos ensaios para un concurso que se titula 50 anos atrás e que será esta mañá. Moitas destas creacións virarán ao redor da música dos Beatles e os movementos de moda entre os mozos dos anos 60.

O cadro docente anuncia que este é só un dos actos que contemplan para os próximos meses, como son un encontro entre antigos alumnos e profesores, unha exposición fotográfica, unha mesa redonda ao redor da escritora e concertos, como o que dará o grupo Morse.

A maioría destas actividades serán ao longo do mes de maio -case todas a última semana- segundo explican os organizadores, que esperan repasar case todas as etapas deste centro, como a vivida cando só contaban con aulas no instituto Concepción Arenal (coñecido como o Masculino) nas que se ensinaba ás nenas por separado.

A figura de Sofía Casanova centrará boa parte das actividades que se están preparando e incluso unha profesora xubilada, Charo Martínez, regresará ás aulas para disertar sobre a poetisa que dá nome a este instituto ferrolán. «Ela fixo a tese de doutoramento ao redor de Sofía Casanova e por iso retornará ou centro para falar dela e súa traxectoria», asegura unha directora, que tamén anuncia unha representación ao redor desta creadora.


- La Voz de Galicia.-

Eu falo Galego.-


MANIFESTO  " EU FALO GALEGO"







Falo galego.-2014



Mobilizacion contra a LOMCE - 20 Feb-2014.-

Os colectivos estudiantís nacionalistas

galegos claman na rúa contra a

Lomce e os recortes

REDACCIÓN FERROL | Actualizado 21 Febrero 2014 - 01:30 h.

                                            

A manifestación tivo como punto de saída e chegada ó edificio da Xunta na praza de España d. alexandre                                                                                                                                                                           
A manifestación tivo como punto de saída e chegada ó edificio da Xunta na praza de España
d. alexandre


Os colectivos estudiantís da esquerda nacionalista e independentista galega –AGIR, Comités e a Liga Estudiantil Galega– saíron onte de forma unitaria á rúa para deixar constancia do seu total rexeitamento aos recortes no ensino público e á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) aprobada  polo Partido Popular e que entrará en vigor o vindeiro curso.

 Fixérono a través dunha serie de manifestacións e concentracións en diferentes cidades e localidades galegas. En Ferrolterra, a actividade comezou ás dez da mañá cunha protesta na vila de Pontedeume, que partiu do IES Breamo. Dúas horas máis tarde, ás doce, a actividade trasladouse á cidade naval.

 A Praza de España convertiuse no punto de partida da manifestación secundada por máis dun cento de persoas, entre alumnos e membros doutras organizacións integradas na Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, como o BNG, Galiza Nova ou a CIG-Ensino.

 Tamén Anova-Ferrolterra manifestou o seu apoio a unha convocatoria a través da que os estudantes criticaron, entre outras cuestións, o carácter españolizador e centralista da Lomce.

 Aarón Curbeira, membro de AGIR, salientaba onte a necesidade de crear dinámicas propias do pobo galego á hora de defender o ensino público, e non actuar sempre en base ás convocatorias de folgas xerais organizadas a nivel estatal.

 Baixo o lema “En pé polo ensino público galego”, os estudantes denunciaron que a lei promovida polo ministro de Educación José Ignacio Wert pretende impor pola vía da legalidade “este desmantelamento programado da educación pública ao tempo que implementa unha campaña españolizadora e uniformadora”, apuntaron.
relegada


 Así, din, “vemos como na contrarreforma educativa a nosa lingua é relegada a un plano moi secundario e a nosa realidade nacional fica fóra de todo o programa educativo, centralizando os temarios a nivel estatal e entrometéndose nas xa de por si pequenas competencias que en materia educativa ten a Xunta de Galicia”. Neste aspecto incidía tamén onte o voceiro do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Ferrol, Iván Rivas, quen afirmou que a Lomce atenta contra a realidade galega, tanto polo trato que lle confire á lingua como pola centralización dos contidos pedagóxicos que prevé.

 Os estudantes consideran tamén que a Lomce reforza un programa ideolóxico sustentado “na submisión da muller ao home ao dar maior importancia á relixión católica na educación” e que promove as diferenzas entre xéneros ao financiar con diñeiro público os centros que segregan por sexo.

 Os recortes nas bolsas de estudo ou o incremento das taxas universitarias foron outros dos aspectos obxecto das críticas dos estudantes, que onte recorreron varias rúas da cidade, ata chegar á praza de Armas, para voltar á praza de España, onde procederon á lectura do manifesto.

-Diario de Ferrol.-



Compartir libros de texto.-

Aprender a compartir libros

antes que a mercalos

David Lombao |

Banco de libros de texto
     Banco de libros de texto.-

Hai xa case cinco anos que a Xunta decidiu acabar co sistema de préstamo de libros de texto.

En aras da consabida austeridade o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo eliminou o modelo de manuais escolares de balde para substituílo pola denominada Gratuidade Solidaria, o sistema de subvencións parciais que cada vez chega a menos alumnado mentres aumenta o seu custo, chegando a ser máis caro que o propio préstamo. Este é o escenario no que a Confederación de Anpas Galegas decidiu intensificar unha reivindicación que non cesa na escola pública do país dende 2009: a volta ao sistema de préstamo.
Segundo vén de acordar a súa xunta directiva, a Confederación buscará unha "reivindicación conxunta" en toda a comunidade educativa galega. Así, cada federación de Anpas reimitirá "un escrito de reivindicación" a cada asociación de nais e país, que á súa vez a trasladará a todas as súas asociadas e asociados. Trátase, explica o presidente da Confederación, Javier Sánchez, de que esta sexa visualizada como o que é, unha "demanda de base" que regresará á Confederación para ser trasladada á Consellería de Educación.
A Confederación de Anpas inicia unha campaña a prol do préstamo de libros de texto
Esta recollida de apoios e outros actos reivindicativos serán a base dunha campaña baseada, explica Sánchez en conversa con Praza, na necesidade de que o ensino público sexa gratuíto tamén no ámbito do material. "Non só o cremos nós", sinala, remitíndose a un recente informe da Defensora del Pueblo no que "di que non se entende a gratuidade do ensino se non se facilitan todos os medios". A comisionada, sinala, avoga por varios modelos de para os libros de texto e "nós cremos que o préstamo é o ideal". Non en van, lembra, nos últimos anos son as propias Anpas as que estań a "subtituír á Administración", organizando bancos de libros para evitar que as familias teñan que pasar por caixa cada comezo de curso.

A LOMCE, unha dificultade engadida

Esta nova campaña ten como horizonte o curso 2014-2015, o primeiro coa LOMCE en vigor. Os cambios curriculares que introduce a coñecida como Lei Wert implicarań tamén un "gasto extraordinario" en libros, sinala Javier Sánchez, xa que os cambios de contidos invalidan boa parte dos manuais que manexan os devanditos bancos de libros. Non obstante, advirte, "aínda que a LOMCE non mudase os currículos reivindicaríamos o mesmo", máis aínda agora, que "xa se poden botar números" e chegar á conclusión de que o modelo da Xunta do PP é "moito máis caro" que o anterior.
"É moito máis pedagóxico ensinar a compartir que a ter cada un a súa propiedade"
A consellería de Jesús Vázquez, lembra a Confederación, eliminou o préstamo e implantou as subvencións parciais apelando ao aforro e nun primeiro momento "foi máis barato, porque aínda se reutilizaban libros que había nos centros", que se renovaban cada catro anos. "Pero agora hai que mercar todos os libros cada ano", polo que xa desapareceu o aforro de cartos e tamén "o aforro material e ecolóxico" que supuña ter que utilizar menos manuais, advirte.
Neste sentido, Sánchez dubida tamén da apelación pedagóxica na que se apoiou a Xunta para defender que cada estudante teña os seus propios libros: a creación dunha caste de "biblioteca" en cada fogar. "O material de texto haino nas bibliotecas públicas", evidencia o presidente da Confederación, en cuxa opinión hoxe en día habería, ademais, que tender a "métodos de ensino" que xa non están centrados no libro. ter manuais escolares non é "pedagóxico nin necesario", toda vez que é "moito máis pedagóxico ensinar a compartir e a reciclar que a ter cada un a súa propiedade".


- Praza Pública.-



lunes, 30 de diciembre de 2013

Bo aninovo-2014.-

 
 
 
 
 
 
  Desexamosvos un mellor
 
 aninovo - 2014.
 
 
 
 
 
 
 
 
 - Xunta Directiva .-
 
 
 


Constitución Confederación ANPAS Galegas.- 14 Decembro-

 

"Entendemos a ANPA como entidade de participación, non como prestadora de servizos"

ENTREVISTA P.C.R. | Actualizado 14 Diciembre 2013 -                               
 

 
                                            

Javier Sánchez é o presidente da Feanpas de Ferrolterra luis polo
                                                                                                                                        
Javier Sánchez é o presidente da Feanpas de Ferrolterra luis polo



                                               
 
A unión fai a forza e con este obxectivo de sumar esforzos e sinerxias na defensa da educación pública galega vén de constitituirse a Confederación de Anpas Galegas. A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de centros públicos de Ferrolterra forma parte do colectivo, no que tamén están a de Cangas, Compostela, Costa da Morte, Ponteareas, Val Miñor, Vigo e a provincial de Lugo –en total suman unhas 300 asociacións–.

  "O obxectivo principal é que todo o traballo conxunto que desde hai anos vimos facendo diferentes federacións locais e comarcais da comunidade teña agora repercusión a nivel galego. Levabamos traballando xuntos desde hai varios anos, con contactos periódicos e actuacións conxuntas, polo que decidimos unirnos e facer unha soa voz ante as administracións e ante a sociedade en xeral".
Así o explica Javier Sánchez, presidente da federación local, quen defende con gran convicción o importante papel das nais e pais na educación dos seus fillos. "As familias temos moita capacidade de influencia ante as administracións e sobre todo ante o poder político", di.
Por iso, a súa acción é fundamental para intentar conseguir melloras nun sistema educativo marcado na actualidade polos recortes nos orzamentos públicos e por medidas políticas que, como a Lomce (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa), motivaron nos dous últimos anos numerosas protestas.
 
lomce

 A Federación de Ferrolterra, da que forman parte unhas 40 anpas, vense mobilizando dentro da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, un dos dous colectivos  xurdidos a raíz das cuestionadas medidas do ministro José Ignacio Wert . "Houbo quen nos quixo vincular a unha ideoloxía partidista por estar dentro desta plataforma –na que tamén están sindicatos como a CIG Ensino ou  partidos políticos como o BNG–, e iso non é certo, xa que as anpas  somos totalmente heteroxéneas na súa formación pero cuns intereses comúns, que son os nosos fillos e o sistema educativo que teñen", di.
Como Federación, a que Sánchez preside está na devandita plataforma por coincidir cos seus obxectivos. "Queremos un modelo de ensino público galego, laico, descentralizado... pero sobre todo galego", incide.
Ao seu xuízo, a Lomce supón un "retroceso bestial, mercantiliza a educación e permite, entre outras cousas, a segregación do alumnado por sexo, o que é claramente anticonstitucional".
Por iso, e dentro da Confederación de Anpas Galegas, traballarase xa desde agora para acadar un consenso de cara a aprobar "unha verdadeira lei educativa" no momento no que haxa un cambio no poder e se derogue, tal e como se comprometeron todas as forzas políticas  do Congreso agás o Partido Popular, a normativa aprobada hai unas semanas, apunta Sánchez.
 
dúas confederacións-


 A partir de agora, o novo colectivo galego de Anpas terá que convivir na comunidade coa xa existente desde hai anos, a Confederación Galega de Anpas de Centros Públicos (Confapa-Galicia). A diferencia entre as dúas, explica Sánchez, é que "temos formas diferentes de traballar. Nós temos un concepto de Anpa como entidade participativa e que ten que estar presente na vida educativa, pero non como prestadora de servizos, senón como interlocutora e mediadora das familias co centro. É certo que a nivel galego ata agora había unha soa voz, a de Confapa, pero tamén había outras voces que estaban ocultas e que agora tamén se escoitarán", afirma.

 Neste sentido, fai alusión a temas como os bancos de libros de texto impulsados desde as asociacións de pais para atender ás necesidades das familias logo da supresión por parte da Xunta do sistema de gratuidade universal ou a xestión dos comedores escolares. "Aínda que se é necesario e non queda outra alternativa, préstase o servizo, nós consideramos que isto ten que facelo a Administración e aínda que nós o fagamos de xeito paliativo, ese non é no noso obxectivo, e isto ten que cambiar", apunta Sánchez. Como mudou, lembra, hai varios cursos, o modelo de xestión de comedores escolares na cidade ferrolá. De ser xestionados polas Anpas, que en moitos casos chegaron a verse desbordados nesta tarefa, conseguiuse que fose o Concello de Ferrol, en colaboración coa Xunta, a que se fixese cargo dos mesmos. Esta experiencia local está  a servir agora de modelo para outras Federacións comarcais da comunidade. "Son servizos educativos complementarios que oferta o propio centro e que deben estar xestionados e controlados pola propia administración" apunta.
Na axenda de traballo da entidade que preside Sánchez está tamén a posible creación dunha nova Federación de Anpas con asociacións das comarcas de Eume e do Ortegal.
 
- Diario de Ferrol.-
Entrevista Presidente Fanpas.-
 

sábado, 7 de diciembre de 2013

Cociña solidaria.-





         Estimadas familias.-
 
     Esta ANPA  e a dirección do IES Sofía Casanova están organizando unha recollida de produtos e alimentos para a Cociña Económica nesta campaña do Nadal.
 
     Solicitamos a vosa colaboración solidaria co fin de aportar produtos de primeira necesidade,  almorzos e merendas infantís,  como manteiga, galletas, cacaos, marmeladas,, chocolates ..etc , outros como aceites, latas, pastas,  alimentos propios de bebes, así como produtos típicos do Nadal.
 
     Esta ANPA reivindica a equidade e xustixa social en canto a dereitos cidadás polo que rexeitamos a caridade como método e solución. Apelamos a vosa comprensión, xenerosidade e solidariedade nestes tempos chegados de inxustizas e desesperanzas...
 
      Podedes eviar produtos a través de vosos fillos e fillas aos carros da entrada de noso instituto ate o día 19 de dembro.
 
 
 Ferrol, a 5 de Decembro de 2013.-
 
CONTAMOS COA VOSA COLABORACIÓN.
 
SAÚDOS - MOITAS GRAZAS.-
 
 

Biblioteca - Lectura adultos-

Diario de Ferrol
                                  
Impulso á biblioteca do IES Sofía Casanova a través da incorporación ao Plambe da Xunta

REPORTAXE P.C.R. |                                    
01 Diciembre 2013 -                             
 

 
                                        
Era unha vella arela do centro e este ano puido converterse nunha realidade. A incorporación da biblioteca do IES Sofía Casanova ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe) da Xunta está a permitir ao centro dar un importante pulo ás actividades programadas desde o devandito espazo.

O esforzo e traballo dos profesores implicados –preto dunha vintena–, está a resultar fundamental á hora de dinamizar unha biblioteca que "nun só ano cambiou máis que en décadas". Un cambio que ademais chega no curso no que se celebrarán os 50 anos de vida do instituto "feminino", unha efeméride que servirá para articular algunhas das propostas que xa se están a preparar para os vindeiros meses.

     Outras deron xa comezo, como o clube de lectura xuvenil –no que participan medio cento de estudantes– ou o de adultos, que se puxo en marcha por vez primeira, e con grande éxito, o pasado mes de outubro. Neste caso, a iniciativa está dirixida a  ex alumnos, nais, pais e profesores.
Tamén se desenvolve a "Hora de ler", a través da cal, e durante 20 minutos ao día, os alumnos poden ler "por pracer". A proposta comezou este curso cos de 1º de ESO.
 

     O IES Sofía Casanova optou ao Plambe da Xunta co seu proxecto titulado "Tesouros novos e vellos. Unha nova biblioteca na nosa vella biblioteca", incorporando tamén como lema unha frase da adaptación cinematográfica da obra "O Gatopardo", do italiano Giuseppe Tomasi di Lampedusa, e que reza "Se queremos que todo siga igual, é preciso que todo cambie".

    E ese é, precisamente, o espírito co que o equipo de docentes está a traballar co obxectivo de potenciar a biblioteca como "un instrumento para a integración da cultura impresa e dixital nas intervencións do profesorado e na aprendizaxe do alumnado", sinalan. Tamén para que sexa un recurso para fomentar a alfabetización mediática-informacional e a educación documental e para permitir un acceso igualitario aos recursos culturais, converténdose así un factor de compensación social e cultural.

     A inclusión no Plambe da Xunta permitiralles ademais dar cumprimento a aspectos que por falta de financiamento quedaron pendentes así como optimizar todo o avanzado. No curso actual, o centro recibirá un total de 5.450 euros (1.000 para fondos -na actualidade hai uns 18.000–,  4.000 para mobiliario e equipamento e 450 para gastos de funcionamento).
 formación.

 Tal e como informaron as profesoras Ana Seco e Pilar Berrio, o equipo da biblioteca artéllase arredor dun Seminario Permanente asesorado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Ferrol e que arrancou o pasado mes de novembro coa celebración de tres sesións de docencia sobre "Lectura dixital, libro electrónico e bibliotecas", a cargo de Carlos López Ardao.
 
aniversario.

 Un dos "pratos fortes" da programación da biblioteca para o presente curso serán as actividades relacionadas co aniversario do instituto. Así, está previsto a elaboración da historia do centro así como algún traballo sobre a figura que lle dá nome, Sofía Casanova. En todo caso, e ao longo dos vindeiros meses, a mascota da biblioteca, "Socas" –cuxo autor foi Adrián Rodríguez, alumno do centro ata o ano pasado–, encargarase de ir anunciando calquera novidade dunha biblioteca que inicia unha nova andaina para compartir experiencias e, de paso, "facer algo de biblioterapia" nesta sociedade da información e da comunicación.
 
Diario de Ferrol.-