viernes, 13 de abril de 2012

PRAZAS 1º ESO - IES SOFIA CASANOVA-RATIOS-


O Sofía Casanova cobre as prazas de 1º

de ESO cos alumnos dos Ceips adscritos.



Venres, 13 de Abril de 2012.
p.c.r. > ferrol
Do mesmo xeito que os colexios, os institutos da cidade pechaban o pasado martes día 10 o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso académico. Un procedemento que, tal e como se recolle na orde que o regula, ...
...."aplicarase a aqueles alumnos e alumnas que acceden por primeira vez aos centros docentes públicos ou privados concertados para cursar ensinanzas de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria e ao bacharelato". Nestes procesos de admisión, en caso de non haber prazas suficientes para atender toda a demanda, ten prioridade o alumnado que proceda dos centros adscritos. No caso do IES Sofía Casanova, tres son os ceips que teñen esta consideración: o Esteiro, o Ponzos e o Recimil (este último desde este curso, xa que antes adscribíase ao antigo Marqués de Suanzes ?agora CIFP Ferrolterra? que na actualidade só oferta estudos de FP. Tras esta reforma, decidiuse adscribir o CEIP Recimil tanto ao Sofía Casanova como ao IES Concepción Areal).
Así pois, cos alumnos destes tres centros que optaron por iniciar a etapa de ESO no Sofía Casanova, o instituto cubriu todas as prazas ofertadas neste nivel para o exercicio académico 2012/2013.

Tres liñas.-
 Unhas vacantes que se sitúan nun total de 90, xa que precisamente fai unhas semanas a Consellería de Educación autorizaba a concesión de tres liñas en ESO (tres aulas cun máximo de 30 alumnos por curso, o que suma doce grupos en total) tanto no Sofía Casanova, como no Concepción Arenal e o Saturnino Montojo. Ata agora, todos eles tiñan un máximo de 10 unidades para os catro cursos de ESO, que cada un distribuía en función das necesidades.

No caso de primeiro de Bacharelato, e como é habitual todos os anos, o centro recibe alumnado procedente en moitos casos de centros concertados.

No IES Saturnino Montojo recibíronse 59 solicitudes para 1º de ESO. Nun principio ofrecíanse 60 prazas, unha cifra que verase incrementada a 90 tras a concesión de tres liñas por parte da Administración educativa galega.
Desde o propio instituto sinalaron que o anuncio da Xunta chegou xa iniciado o proceso de admisión, polo que se espera que, tras a comisión de escolarización, increméntese o número de alumnado.
Para 1º de Bacharelato, á marxe dos alumnos que acceden desde 4º de ESO, rexistráronse 14 novas solicitudes.
O terceiro dos centros que se verán beneficiados polo incremento a tres liñas en ESO é o IES Concepción Arenal, no que recibironse 61 solicitudes para as 90 prazas ofertadas en 1º de Secundaria.
De todos os xeitos, espérase que cheguen, como outros anos, máis alumnos da comisión de escolarización, sobre todo porque, segundo informouse desde o propio instituto, "moita xente fai a solicitude fóra de prazo".
Para iniciar o nivel de Bacharelato, as peticións eleváronse a case un centenar, 28 das cales formalizáronse na modalidade de Artes plásticas, deseño e imaxe, que o centro oferta de forma exclusiva en toda a comarca de Ferrolterra.

Incremento.-

 Outro dos centros que máis solicitudes recibiu para 1º de ESO foi o IES de Canido, onde as 58 inscricións formalizadas reflicten o importante incremento rexistrado con respecto ao pasado ano. De feito, o centro viuse obrigado a baremar, xa que o número de solicitudes recibidas superou ás 41 prazas ofertadas. Para o primeiro curso de Bacharelato, contáronse 13 peticións para 17 vacantes.
Menor foi a demanda de praza en institutos como Catabois (25 para 1º de ESO), IES Ferrol Vello (14) e Ricardo Carballo Calero (14 para o primeiro curso de Secundaria e 20 para 1º de Bacharelato, oito das cales optaron pola modalidade de Artes escénicas, música e danza que, en toda a comarca, só impártese neste instituto.

-------------------------------------------------------------------------

O número de matriculados no curso actual é idéntico ao de fai cinco anos .
O número de alumnos que no curso actual deron o salto do colexio ao instituto público para iniciar a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é idéntico ao rexistrado hai cinco anos, no curso 2007/2008: 348.
Segundo os datos achegados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta cifra apenas sufriu variacións importantes nos cursos intermedios, xa que no exercicio 2008/2009 había 345 alumnos matriculados neste curso, por 351 ao ano seguinte e 354 en 2010.
No caso dos centros concertados, as cifras movéronse entre os 313 matriculados no curso 2007/2008 aos 264 do actual (301 en 2008, 306 en 2009 e 295 en 2010).
Neste caso, e a diferenza do que ocorre nos niveis de Infantil e Primaria, neste primeiro curso da ESO o número de alumnos dos institutos públicos superan aos centros concertados.
En canto ao primeiros, e a tenor das solicitudes recibidas ao longo do proceso de admisión nos oito institutos da cidade -un total de 321- as cifras de matriculados neste nivel continuarán probablemente en niveis similares..
Diario de Ferrol.-

jueves, 29 de marzo de 2012

FOLGA XERAL.-

A Xunta directiva da ANPA Sofía Casanova, queremos manifestar o apoio a FOLGA XERAL para a xornada do vindeiro XOVES-29 de Marzo, que lembramos trátase dun dereito constitucional.


Ante as políticas de RECORTES exercidas polo actual goberno autonómico da Xunta de Galicia e falta de convocatorias de mestres e profesores/as, consideramos que vai afectar negativamente na calidade do sistema educativo de nosos fillos e fillas.


Por todo isto, esta Xunta directiva apoia esta FOLGA XERAL e instamos á dirección que facilite este dereito como tamén se cumpran os servizos mínimos establecidos por lei.


  
                   Ferrol, a 26 de Marzo de 2012.

            - A xunta directiva.-


miércoles, 14 de marzo de 2012

Charla Axuda en Accion

Charla da ONG "AXUDA EN ACCIÓN"



- Charla de "Axuda en Acción" no salón de actos do IES Sofía Casanova este Martes-13 pola tarde sobre as actividades relizadas nos pobos de Nicaragua.









Diana Fonseca, presentando un documental sobre o traballo realizado en Nicaragua.-




Manifesto Dia da Muller.-
..

    Cando os meus compañeiros do ANPA encargáronme facer un borrador reivindicando o día da muller, dubidei se era a persoa indicada. E penseino por unha razón moi simple, non recordo haberme sentido nunca en inferioridade de condicións fronte a un home. Sempre defendín que alcanzar unha meta non depende de ter máis ou menos capacidade intelectual, de ser home ou muller ou outras circunstancias que nos diferencien do resto. Alcanzala depende do esforzo e o empeño que poñamos en facelo. As mulleres teñen tantas ganas, levan tantos anos esperando unha oportunidade, que están acaparando uns resultados excelentes nas universidades, ata en carreiras tipicamente masculinas.
    O que non podo obviar, é que sendo a súa capacidade tan grande, aínda non están xustamente representadas en postos de responsabilidade e poder. Aínda é raro atopar mulleres ocupando cargos directivos en empresas, na política,... Por que? Pois supoño que elas avanzan moito máis rápido que a sociedade. A mentalidade social cambia, pero o fai tan lentamente que provoca un mundo esgotador para unha muller que teña ambición. Ou ben a converte nunha especie de superwoman (que atende ao seu traballo, aos seus fillos, á súa casa e ao seu marido) ou a transforma aos ollos de moitos, nun bicho raro porque renuncia a unha vida en familia para ocuparse da súa evolución laboral. Non é xusto, falamos de conciliar a vida laboral coa familiar pero o facemos desde a distancia e dun xeito hipócrita.
   En definitiva, o camiño é longo, pero como di a canción faise camiño ao andar e teño a total convicción, de que cada vez son máis as mulleres que cren que no mundo laboral non hai sexos diferentes senón persoas diferentes.

Mónica García-

Exposición IES Sofia Casanova - Dia Internacional da muller


EXPOSICIÓN DÍA INTERNACIÓNAL DA MULLER.

 Magnífica exposición de fotos históricas conmemorativas das 146 mulleres que morreron nunha fábrica de textil en Nova York.






















Dia Internacional da Muller

Charla martes-13 de Axuda en Acción.-

Ola a tod@s.-
 A xunta directiva desta ANPA e o CENTRO  organizamos  unha charla sobre as actividades de Axuda en Acción conmemorando o día Internaciónal da Muller este MARTES-13 ás 16,30 h,no Salón de Actos deste IES Sofía Casanova, dirixida a varios cursos do alumnado.
 
Saúdos
- A directiva .-

Plazas vindeiro curso da 1º ESO

Para o vindeiro Curos 2012-13.

Por correccións posteriores a noso escrito sobre "masificación"  os traslados - tras a adscripción do CEIP de Recimil tanto ao Sofía Casanova como ao Concepción Arenal - variaron a quedan en TRES GRUPOS de 1º da ESO e con 90 alumnos/as o que significa que haberá clases de 30 alumnos/as.
Lémbrovos que os datos manexados e trasladados pola inspección son:

Alumnado confirmado a 15/03 de centros adscritos:
Ponzos     24
Esteiro     23
Recimil     27
o que totalizan 74 o que cunha estimación máxima de 13-16 repetidores fan 90, unha ratio de 30 alumnis/as por tres grupos que oficiosamente temos asignados para o nivel de 1º de ESO.

- A directiva.-

jueves, 8 de marzo de 2012

Xefe terriotorial educación asegura 3 Grupos e os ratios.-

Educación asegura que os grupos do IES Sofía Casanova cumprirán as cocientes no 2012/2013 .
Xoves, 08 de Marzo de 2012 00:00 .
redacción > ferrol
O xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, asegurou onte que todos os grupos de Educación Secundaria do IES Sofía Casanova volverán cumprir co ratio establecida o próximo curso.
Cabana desmentiu deste xeito á xunta directiva do Anpa do instituto ferrolán, que fixo público un comunicado no que mostraba a súa "preocupación" ante as informacións que cifran en 105 os novos alumnos para 1º de ESO no curso 2012/2013. Os representantes da asociación de nais e pais consideran "excesivos" estes datos que, sosteñen, "amplían aínda máis ou problema de masificación do alumnado neste centro" e solicitan que o "repartición" deste alumnado "sexa asumido por todos vos centros públicos desta cidade".
Na súa resposta, Indalecio Cabana fixo fincapé en que o próximo curso "en 1º de ESO só haberá tres grupos, como ata o de agora" e sinalou que "en ningún caso se acadarán os 30 alumnos -o número máximo recomendado- en cada un". Recordou neste sentido, que as cocientes establecidas son de obrigado cumprimento. O xefe territorial de Educación negou ademais que o instituto Sofía Casanova estea masificado e que os cálculos realizados desda  Anpa do centro sobre a chegada de novos alumnos o próximo curso "son incorrectos". "Desde a inspección educativa", explicou Cabana, "trabállase con datos obxectivos que falan dun número inferior de rapaces". Actualmente, insiste Educación, Galicia ten un ratio de 9,5 alumnos por profesor.
Diario de Ferrol.-

miércoles, 7 de marzo de 2012

Masificación IES Sofía Casanova.-

  
MASIFICACIÓN CENTRO EDUCATIVO



   A Xunta directiva da ANPA Sofía Casanova, expresamos a nosa preocupación ante as informacións que aseguran da chegada de novos alumnos/as de 1ª da ESO para o futuro curso 2012-13.

   Segundo cálculos realizados, podemos prever para o vindeiro Curso 2012-13, a chegada duns 105 novos/as alumnas/os para 1º de ESO neste Centro educativo polo que consideramos que son excesivos e ampliando aínda máis o problema de masificación do alumnado neste centro, entendendo que o reparto deste alumnado sexa asumido por todos os centros públicos desta cidade.

   Lembramos que este IES SOFÍA CASANOVA ten na actualidade máis e 600 alumnos e alumnas polo que pedimos a administración debe velar para ter as mellores condicións de espazo e uso das súas infraestruturas escolares.


   Por todo isto, esta Asociación de Nais e Pais pide a intervención da Consellaría de Educación co obxecto de dar solucións a este problema de masificación cun mellor aproveitamento dos seus espazos con maiores investimentos e mediante a optimización e reparto entre os diferentes centros Educativos desta cidade de Ferrol.


                   Ferrol, a 5 de Marzo de 2012.


                   - A directiva 



- Sr. Inspector/a e Xefatura da Consellaría de Educación – Ferrol.-

martes, 6 de marzo de 2012

Escrito Inspección consellaría de Educación.-

PATIO E PISTA DEPORTIVA

    A Xunta directiva da ANPA Sofía Casanova, expresamos a nosa queixa motivado ao estado actual do patio e pista deportiva deste centro educativo.

   A descrición deste lugar podemos definilos de lamentables espazos cheos de barro nos laterais da Pista e Pavillón polo que podemos cualificar como unha "lameira" impropia dun centro de nenos/as de 12 anos en adiante.

   Outra cuestión a considerar é a falta de calidade da Pista deportiva para poder exercer a práctica deportiva polo que pedimos unha nova Pista con materiais adecuados para uso deportivo, como tamén son a falta de canastras de baloncesto homologadas.

   Lembramos que este Cetro ten na actualidade máis e 600 alumnos e alumnas polo que este espazo debe ter as máximas condicións para o seu uso destinado para o deporte ou simplemente ao descanso xuvenil.


   Por todo isto, esta Asociación de ANPA pide a intervención da Consellaría de Educación para avaliar este espazo co fin de elaborar un proxecto que dinamice este patio.


                   Ferrol, a 5 de Marzo de 2012.


               -A directiva .- 


- Sr. Inspector e Xefatura da Consellaría de Educación -

Reunión co responsable do Abalar da Xunta de Galicia



Documento que recolle a petición de retirar  WiFi das escolas a Consellería de Educación.

Onformación para as ANPAS.
Toda la información en
Saúdos

VALORAMOS O NOMEAMENTO DA SOCIA- ANA JESUS LOPEZ- NOVA- DIRECTORA DA OIX

A Directiva desta ANPA- Sofía Casanova, comprácenos en expresar a nosa satifacción polo nomeamento da socia desta ANPA - ANA JESÚS LÓPEZ DÍAZ- como nova directora da Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade d´A Coruña-(OIX)- integrada da area de Responsabilidade Social da Universidade.
Continuaremos traballando para continuar traballando polas igualdades sociais de xénero.

Desexamos que a nosa compañeira Ana Jesús alcance os seus obxectivos e toda clase de éxitos que con dedicación e esforzo reivindique os dereitos sociais das mulleres.
Parabéns!!
asdo.-  A Directiva 

viernes, 10 de febrero de 2012

IES Sofia Casanova referencia do CEIP Recimil.-

O CEIP Recimil adscríbese aos

institutos Concepción Arenal

e Sofía Casanova

redacción > ferrol
 O alumnado do CEIP Recimil que a partir do vindeiro curso inicie a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria terá como centros adscritos, é dicir, aqueles nos que terán prioridade sobre outros no proceso de admisión, os institutos Sofía Casanova e Concepción Arenal.

Ata agora, o colexio ferrolán estaba adscrito ao antigo Marqués de Suanzes(Ferrolterra), instituto que este mesmo curso convertiuse en Centro Integrado de Formación Profesional, polo que agora só imparte ciclos formativos.

A proposta de adscribirse tanto ao IES Sofía Casanova –cuxo número de alumnado tamén se viu incrementado ao acoller ao alumnado do antigo Marqués de Suanzes– como ao Concepción Arenal recibiu o pasado mércores o visto bo por parte do xefe territorial de Educación, que mantivo un encontro coa xunta provincial de directores, entre os que estiveron os representantes dos centros da comarca de Ferrolterra.

Na mesma reunión abordouse, segundo informaron fontes a este diario,  unha das queixas xeneralizadas entre os institutos da zona relativa aos curtos prazos de tempo que se dan aos centros de Secundaria entre que remata o prazo de matrícula e o comezo do curso, o que deixa pouco marxe de tempo para organizar a actividade, como por exemplo, a elaboración dos horarios.

Obras > Por outra banda, para o vindeiro luns está prevista a visita ao CEIP Recimil do xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, e membros da unidade técnica da Consellería de Educación para comprobar “in situ” as necesidades do centro.
 
Diario de Ferrol.-
 
 

martes, 3 de enero de 2012

SEMAFORO DA CONFUSIÓN -AS PÍAS



Asto.; Semáforo Avda. da PÍAS.-


A Xunta directiva da ANPA de Alumnos/as do IES SOFIA CASANOVA, denuncia o estado actual do PASO DE PEÓNS  e SEMÁFORO da Avda das Pías a altura das Casas de Recimil por encontrase tapado con bolsas de plástico e ocultar as correspondentes luces de sinalización viaria.

Este PASO de PEÓNS está utilizado por grande parte do alumnado deste Centro de Secundaria polo que advertimos que pode dar lugar a confusións aos condutores e alumnos/as coa consecuencia de causar algún accidente.

Pedimos a intervención do goberno municipal de Ferrol ante as autoridades competentes para normalizar este paso de estudantes e cidadanía.


Esperando a demandada solución, reciba nosos cumprimentos.



Ferrol, a    de Decembro de 2011.



       A Presidenta                                                   O Secretario




    Asdo. Mª del Carmen DÍAZ CORRAL        -       asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO



- SR. ALCALDE –PRESIDENTE- CONCELLO DE FERROL.-

domingo, 25 de diciembre de 2011

FELIZ ANINOVO-2012


O Alumnado do I.E.S. Sofía Casanova
desexa unhas BOAS FESTAS 
E UN BO ESCOLAR ANINOVO-2012












 
 
 

Xogos Tradicionais.-



                           XOGOS TRADICIONAIS -2011












































Ximnasio IES. SOFIA CASANOVA.-

Xogos Tradicionais.-

         XOGOS TRADICIONAIS

               NADAL-2011

































































 Ximnasio I.E.S. SOFIA CASANOVA.-

sábado, 24 de diciembre de 2011

Xogos Tradicionais.-



       Festa do NADAL

XOGOS TRADICIONAIS-2011






















XIMNASIO IES SOFIA CASANOVA.


Xogos tradicionais

                            
       
                      XOGOS TRADICIONAIS -2011


    Carreiras de Sacos, pés atados..-



































 

FELIZ ANO ESCOLAR 2012


              
  Felices FESTAS E UN BO ANINOVO. 2012





 A xunta directiva.

lunes, 19 de diciembre de 2011

ANPA denuncia falla de profesora de Tecnoloxía.-

 

A ANPA do IES Sofía Casanova denuncia que non se cubre a baixa da profesora de Tecnoloxía



Diario de Ferrol.-

jueves, 15 de diciembre de 2011

Demanda substitución profesor/a tecnoloxía.-


Asto.; Baixa profesora Tecnoloxía.


A Xunta directiva da ANPA de Alumnos/as do IES SOFIA CASANOVA, denuncia que este I.E.S. SOFÍA CASANOVA leva varios días sen a profesora de Tecnoloxía que desenvolve en varios cursos de ensino de secundaria motivada á súa BAIXA por enfermidade.

Esta xunta directiva demanda da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia que se cubra esta BAIXA por un/unha profesor/a de Tecnoloxía para os cursos de secundaria nestas importantes datas de exames e avaliación.


Esperando a demandada solución, reciba nosos cumprimentos.



Ferrol, a 16 de Decembro de 2011.



- A directiva.-

martes, 13 de diciembre de 2011

Impugnación eleccións de nais e pais centros públicos.-

                                       - IMPUGNACIÓN –-ELECCIÓNS NAIS- PAIS - CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL-


A Xunta directiva do IES SOFÍA CASANOVA, reunida este pasado Mércores, día 7 de Novembro, nas instalacións deste centro educativo, INFORMA ;

-Que este pasado Venres, día 2 de decembro, celebrouse unha Asemblea da Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra co obxecto de elixir os membros representantes de centros públicos para a constitución do Consello Escolar Municipal da Cidade de Ferrol.

Cando precedíamos a comezar a votación, informa o presidente que esta convocatoria, segundo documentación da que dispón, vai dirixida a elección de nais e pais dos centros públicos. Esta circunstancia sorprende a maioría dos presentes, representantes de ANPAS, posto que en todo momento entendíamos que íanse elixir representantes das ANPAS.

Dadas as explicacións do presidente da Federación, varios/as representantes das ANPAS chaman a atención sobre a necesidade de que non podíamos continuar xa que deberíase realizar unha nova convocatoria pública dirixida a todos/as os/as pais e nais dos centros públicos. Facendo caso omiso o presidente decide continuar coa votación saíndo elixida a maior parte da súa Xunta directiva...

Por todo isto;
A xunta directiva desta Asociación de ANPA de alumnos/as “Sofía Casanova” expresamos o noso rexeitamento con este proceso electoral e acordamos por unanimidade pedir a IMPUGNACIÓN e NULIDADE da VOTACIÓN da mencionada Asemblea deste día 2.

Pedimos a inmediata intervención do presidente/a deste Consello Escolar Municipal de Ferrol e da propia Consellaría de Educación co obxecto de pedir unha nova convocatoria de elección de nais e pais de centros públicos dunha forma transparente, clara e pública.


Ferrol, a 7 de Decembro de 2011


               A PRESIDENTA                                  O SECRETARIO



Asdo. Mª Carmen DIAZ CORRAL     asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO



- PRESIDENTE CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE FERROL .-

lunes, 5 de diciembre de 2011

ANPA - Reparación das xanelas.-

A ANPA do instituto Sofía Casanova reclama a inmediata reposición das fiestras .                                                                                    Martes  06 de Decembro de 2011                          .                                                                                                           A xunta directiva da ANPA do instituto Sofía Casanova de Ferrol demanda da Consellería de Educación a "inmediata intervención para reparar as fiestras do centro", segundo apuntaron nun comunicado. Desde a asociación de pais recordaron que nos últimos anos producíronse algúns desprendementos non só destes elementos, senón da estrutura, polo que reclaman celeridade por parte da Administración educativa galega para levar a cabo a actuación.
Desde a propia dirección do instituto recordouse que esta é unha actuación xa comprometida polo departamento que dirixe o popular Jesús Vázquez, e coa que se completará a reposición total das fiestras, desenvolvida durante os dous últimos cursos.Tamén está previsto que para inicios do próximo ano realícense, tal e como se comprometeu a Consellería, os traballos de acondicionamento do salón de actos do instituto, cuxos problemas no teito interior obrigaron á dirección do centro a clausurar, por seguridade, calquera tipo de actividade neste espazo. O instituto foi inaugurado no ano 1967.
Diario de Ferrol.-

jueves, 24 de noviembre de 2011