domingo, 22 de noviembre de 2015

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria .- 9Dec.


 
    -      CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-
                        
                              -       9 de Decembro de 2015 -

 

  Estimad@s Soci@s ;

 
A Xunta directiva te CONVOCA para celebrar unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no Salón de Actos deste IES Sofía Casanova o Mércores, 9 de Decembro, ás 16,30 horas en primeira convocatoria e ás 17 horas  na segunda.



          Orde do día

 

1 .- Lectura e aprobación, se procede, ACTA  da Asemblea anterior.

 
                2 .- Aprobación- Informe de XESTIÓN- MEMORIA ANUAL.

    
                 3 .- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio 2014. 

4 .- Previsión económica para o exercicio 2015.

 
      5 .- Suxestións e preguntas.-

 
-   Esperamos a vosa presenza cara a unha mellor calidade do ensino público.-


-      Saúdos.

  

-      Ferrol, a 17 de Novembro de 2015.-

            -   A directiva .-


Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria.- 9 Dec.

 

 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA-

                                                     -       9 de Decembro de 2015 –

 
 
A Xunta directiva te CONVOCA a unha ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA no Salón de Actos deste IES Sofía Casanova o Mércores,      9 de Decembro, ás 17,45 horas, a continuación da Asemblea anterior.

 

          Orde do día

 

1     .-   Nomeamento e renovación da Xunta Directiva, segundo o Artigo 22 e 29 dos Estatutos.- 

          Novas incorporacións.

 

 
-   Esperamos a túa presenza co fin de ter unha mellor calidade do ensino público.-

 

 
              Ferrol, a 17 de Novembro de 2015.-


                - A directiva.-
 

lunes, 31 de agosto de 2015

Novo Equipo Directivo - Xullo-2015



    Esta ANPA Sofía Casanova informamos dos integrantes do novo Equipo Directivo.-



  Directora .-     Mª Teresa Sebio Puñal.

Vicedirectora,   Mª José Lanza López.-

Xefe de estudos,  José Vilasánchez Seoane.-

Secretario,    Emilio Saldaña Lourido



- Anpa .-

 
 


IES Sofía Casanova
Rúa O Galego Soto s/n
15403 Ferrol (A Coruña)
T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146
http://www.edu.xunta.es/centros/iessofiacasanova


Nomeamento nova directora- SEN CONSENSO.- 4 Xullo

 
-        COMUNICADO -

-        Delegación Educación ROMPE CONSENSOS -
 

As/os representantes de nais e pais do Consello Escolar, representante de ANPA Consello Escolar e Asociación de Nais e Pais -ANPA -deste IES Sofía Casanova, queremos expresar o noso malestar coa Delegación de Educación pola forma de ELECCIÓN para o cargo de Director/a tras ROMPER con todos os CONSENSOS alcanzados no Consello Escolar e Claustro de profesores deste centro.

Esta semana iniciouse un proceso de elección para o cargo de Director/a, motivado a dimisión do anterior equipo directivo. Reunido o Claustro de profesores, presentou a este Consello Escolar do IES Sofía Casanova unha proposta de UN CANDIDATO a DIRECTOR por ampla maioría e consenso, aceptado polo mesmo candidato.

Este Consello Escolar, previo debate, procedeu a votar a favor por UNANIMIDADE esta proposta.  

Se nos informa que a Delegación e Inspección de Educación REXEITOU esta proposta sen alegar algunha razón que puidera ser de nosa reconsideración coa conseguinte falta de respecto ao candidato. Pensamos que esta falta de cortesía democrática e falta de respecto aos órganos da Comunidade educativa, produce unha ROTURA DE CONSENSO alcanzado polo que criticamos este  procedemento arbitrario e partidista por parte dos representantes da Consellaría de Educación.

Acatamos por IMPERATIVO LEGAL este nomeamento. Con este tipo de decisións queda demostrada que a LOMCE  vulnera a expresión democrática dos órganos como os Consellos Escolares e claustros, nomeando directores de forma arbitraria e partidista de forma unilateral sen ter en conta a comunidade educativa.

Reivindicamos un cambio de normativa educativa consensuada por toda a Comunidade educativa.

 
Ferrol, a 4 de Xullo de 2015 .-

 
- Representantes de Nais e Pais IES Sofía Casanova.-

- Asociación ANPA do IES Sofía Casanova .-

martes, 16 de junio de 2015

ASEMBLEA INFORMATIVA.- Luns-22 Xuño.-




    A Xunta directiva desta ANPA do IES Sofía Casanova, CONVOCA aos soci@s e CONVIDA  a todos os país e nais deste centro educativo a participar nunha ASEMBLEA INFORMATIVA este vindeiro LUNS-22 ás 16,30 horas no salón de actos deste instituto.


            Orde do día

 
Punto único .- Informacións sobre os LIBROS de TEXTO para o vindeiro curso 2015-16.



Saúdos



- A directiva .-


Mobilización - Libros texto

 
 
 

 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
  Esta Asociacón de Nais e País do IES Sofía Casanova, valora a mobilización  deste pasado LUNS, diante do Edif. Admin. da Xunta DE Galicia, moi positiva pola reivindicación en favor do PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO por parte da Administración e a boa asistencia das ANPAS de Ferrolterra e súas familias

   Informamos que os LIBROS de TEXTO da ANPA os recolleremos a partir do día 25 de xuño.

   Daremos máis información na vindeira Asemblea Informativa o vindeiro LUNS 22 de xuño ás 16.30 horas no Salón de actos do IES Sofía Casanova.


Saúdos



- Directiva .-




CONCENTRACIÓN - GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO


 
 

 
MOBILIZACIÓN SOCIAL
 
 
GRATUIDADE  LIBROS DE TEXTO
 

 
                                                                                         

TEATRO .- Letras Galegas- A FARSA DAS ZOCAS.-

 
TEATRO" A FARSA DAS ZOCAS "
 
SOFIA CASANOVA
 
 
 - LETRAS GALEGAS -
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Obra de Teatro do escritor ferrolán Ricardo CARVALHO CALERO- no IES Sofía Casanova.



miércoles, 29 de abril de 2015

- Reivindicación día da Muller .-

                    


 - Feliz día da INTERNACIONAL da

MULLER TRABALLADORA -




 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
- ANPA IES Sofia Casanova .-
 
 
 

Proxecto Pista Polideportiva.-



 
 
  • PROXECTO PISTA POLIDEPORTIVA -

 
A Xunta directiva desta ANPA Sofía Casanova, presentamos no Rexistro de Xefatura Educación a nosa denuncia polo mal estado da Pista Polideportiva exterior ante un deterioro constante e falta de mantemento, resultando ser obsoleta e non reunir as condicións mínimas para exercer o deporte de base.

Esta Directiva lembra que nun encontro anterior neste centro co Xefe Territorial, foi moi crítico con esta Pista Deportiva, cualificándoa de inadecuada, e mesmo animou a reclamar unha actuación integral por ser incluso perigosa para a práctica deportiva.

Esta Xunta Directiva reclama e insta a esta Xefatura Territorial da Consellaría de Educación unha actuación integral de construción dunha PISTA POLIDEPORTIVA de calidade con materiais adecuados para estes fins deportivos.
 

Ferrol, a 20 de Abril de 2015.-

 
- Xunta Directiva.-

Proxecto Ascensor .-

   

 
 
  • PROXECTO DE ASCENSOR -

 
A Xunta directiva desta ANPA Sofía Casanova amosamos a nosa preocupación ante a ausencia de ASCENSOR neste instituto da cidade de Ferrol.

Esta Directiva expón a Consellaría de Educación a realización dun proxecto e estudo co obxecto de poder construír un ascensor con fin de facilitar a adecuada mobilidade social dentro desta comunidade educativa.
    
  

Ferrol, a 20 de Abril de  2015 .-

 
- Xunta Directiva.-