miércoles, 29 de abril de 2015
Proxecto Pista Polideportiva.-
- PROXECTO PISTA POLIDEPORTIVA -
A Xunta directiva desta ANPA Sofía Casanova, presentamos no Rexistro de Xefatura Educación a nosa denuncia polo mal estado da Pista Polideportiva exterior ante un deterioro constante e falta de mantemento, resultando ser obsoleta e non reunir as condicións mínimas para exercer o deporte de base.
Esta Directiva lembra que nun encontro anterior neste centro co Xefe Territorial, foi moi crítico con esta Pista Deportiva, cualificándoa de inadecuada, e mesmo animou a reclamar unha actuación integral por ser incluso perigosa para a práctica deportiva.
Esta Xunta Directiva reclama e insta a esta Xefatura Territorial da Consellaría de Educación unha actuación integral de construción dunha PISTA POLIDEPORTIVA de calidade con materiais adecuados para estes fins deportivos.
Ferrol, a 20 de Abril de 2015.-
- Xunta Directiva.-
Proxecto Ascensor .-
- PROXECTO DE ASCENSOR -
A Xunta directiva desta ANPA Sofía Casanova amosamos a nosa preocupación ante a ausencia de ASCENSOR neste instituto da cidade de Ferrol.
Esta Directiva expón a Consellaría de Educación a realización dun proxecto e estudo co obxecto de poder construír un ascensor con fin de facilitar a adecuada mobilidade social dentro desta comunidade educativa.
Ferrol, a 20 de Abril de 2015 .-
- Xunta Directiva.-
lunes, 2 de marzo de 2015
FOLGA DE ESTUDANTES.-
A folga de estudantes logra un elevado
seguimento en Ferrol, segundo os
convocantes.-
REDACCIÓN FERROL |
Actualizado 27 Febrero 2015 -
Un momento da protesta, que comezou na praza de España e foi ata a de Armas / Jorge Meis
Máis de douscentos novos secundaron onte en Ferrol a manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes en contra da política educativa do Goberno. O portavoz da organización, Guillermo Díaz, asegurou que a maioría das aulas quedáronse baleiras nos institutos da zona e que o paro tivo un amplo seguimiento. "Protestamos porque o Ministerio de Educación está aplicando uns recortes que golpean directamente ás familias con menos recursos" dixo o representante do Sindicato de Estudantes- "queren impedir que os seus fillos consigan títulos e facer deles man de obra barata".
Xa están convocadas outras dúas xornadas de folga no próximo mes de marzo
Guillermo Díaz considerou que a política educativa actual persegue ademais poñer a formación en mans privadas, para que titularse sexa unha cuestión de pagar e estea só ao alcance duns poucos. Os estudantes consideran que o novo modelo de estudos de 3 .2 (tres anos de grado e dous de máster) representará na práctica "unha barreira económica insalvable para a mayoría". No manifesto que onte se leu ao remate da manifestación, que discorreu desde o edificio da Xunta ata a praza de Armas, négase o argumento que esgrime o Goberno no sentido de que esta reforma vai supoñer un aforro para as familias. "Suporá que un título universitario que che permita acceder ao mercado laboral en condicións dignas custará entre 15.000€ e 20.000 euros", sinala o Sindicato de Estudantes.
Os convocantes teñen previsto continuar pola senda da mobilización. Para os días 16 e 17 do próximo mes de marzo están previstas outras dúas xornadas de folga. "Chamamos aos sindicatos do profesorado, a pais e a todas as organizacións e colectivos da esquerda a que salgamos todos xuntos nunha folga xeral de toda a comunidade educativa contra o 3. 2, pola derrogación de todas as contrarreformas educativas do PP e pola anulación de todos os recortes que desde que están no poder asestaron á educación pública@, terminaba o seu manifesto.
- Diario de Ferrol.-
|
Dereito a Folga - 3º ESO .-
Prensa .-
Os alumnos a partir de 3º. da ESO poderán facer folga sen autorización.
O Supremo considera que non cabe someter a autorización previa dos pais o dereito dos estudantes.
Escrito por:
valencia / efe
13 de xaneiro de 2015
O Tribunal Supremo (TS) resolveu que non cabe someter a autorización previa dos pais o dereito dos alumnos a partir de terceiro de educación secundaria obrigatoria (ESO) a decidir colectivamente a inasistencia a clase en sinal de protesta.
Nunha sentenza, a sala Terceira do TS confirma a nulidade dun decreto educativo da Generalitat valenciana que impuña esa autorización previa ao dereito recoñecido na Lei Orgánica do Dereito á Educación (LODE), no caso de alumnos menores de idade. Para o tribunal, resulta «incuestionable» que ese artigo recoñece un dereito aos alumnos (decisións colectivas de inasistencia a clase en sinal de protesta) e que o exercicio dese dereito, tal como está legalmente configurado, «non queda supeditado a ningunha autorización previa».
Rexeita así o recurso da Generalitat contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza (TSJ) valenciano, que estimou un recurso da Confederación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos da Comunitat Valenciana Gonzalo Anaya contra o decreto, de abril do 2008, do Consell.
Na súa resolución, o Supremo defende que, calquera que sexa a valoración que a cada un lle mereza que non sexa exixible a autorización dos pais no suposto examinado, «é incuestionable que esa foi a opción do lexislador, e a ela ha de estarse».
Segundo estima, o motivo único do recurso de casación contra o fallo do TSJ, «aínda estando exposto de xeito intelixente e articulado, non pode ser acollido», dado que «o seu argumento central non é convincente».
Segundo o tribunal, someter o exercicio dun dereito (o recolleito na LODE) a previa autorización doutra persoa equivale a esixir a concorrencia de dúas vontades, co que o exercicio do dereito xa non depende unicamente da vontade do seu titular, senón tamén da vontade da persoa chamada a dar a autorización. «Isto non é o previsto no artigo 8 da LODE, con arranxo ao cal o dereito pode ser exercido pola soa vontade dos alumnos», asevera.
- La Voz de Galicia.-
Parabéns premio "ferrolán do ano-2014"
A Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra quere felicitar oficialmente á comunidade educativa do voso centro polo recoñecemento "Ferrolán do Ano-2014", concedido pola traxectoria de tantos anos na formación do seu alumnado.
Coñecedores como somos do traballo que se leva facendo e se está facer tamén na actualidade na mesma liña, non queremos deixar de pasar esta oportunidade para solicitarvos transmitades a todo o persoal do centro e e as nais en pais que optan por enviar ás súas fillas e fillos ás vosas aulas a nosa máis sincera felicitación.
Dende esta Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra compartimos con vós a defensa dun ensino "público" de calidade e queremos seguir contando con vos na mellora da nosa sociedade, independentemente de recoñecementos oficias que, sen dúbida ningunha, serían extendibles a outras comunidades educativas da nosa cidade e bisbarra.
Asistiremos ao acto do 7 de xaneiro para amosar a gratitude e o recoñecemento de todas as familias de Ferrolterra polo voso compromiso.
Recibide un cordial saúdo de todas as familias ás que representamos,
Xunta directiva
Fed. ANPAS Ferrolterra
martes, 23 de diciembre de 2014
Ferroláns do ano -
O título de Ferrolán do Ano será para cinco centros educativos da cidade.
O Club de Prensa, a Escola de Hostalería da Armada e o Colexio de Arquitectos, distinguidos coas Insignias de Ouro de Ferrol
Escrito por:
La Voz
Ferrol 22 de decembro de 2014
As distinción de Ferrolán do Ano concederase a cinco centros educativos da cidade. O acalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, anunciou hoxe os galardoados, que serán o colexio Compañía de María, o IES Sofía Casanova e os centros de Educación Infantil e Primaria de Recimil, Manuel Masdías e San Xoán. Ademais, concederanse as Insignias de Ouro de Ferrol ao Club de Prensa, a Escola de Hostalería da Armada e o Colexio de Arquitectos-Delegación de Ferrol.
A proposta de distincións foi tratada na xunta de portavoces e mañá levará ao pleno da Corporación municipal para a súa aprobación.
Entregaranse o próximo 7 de xaneiro, coincidindo coa festividade local de San Xiao, no teatro Jofre.
- La Voz de Galicia.-
A proposta de distincións foi tratada na xunta de portavoces e mañá levará ao pleno da Corporación municipal para a súa aprobación.
Entregaranse o próximo 7 de xaneiro, coincidindo coa festividade local de San Xiao, no teatro Jofre.
- La Voz de Galicia.-
sábado, 20 de diciembre de 2014
Solidariedade

Queremos agradecer a vosa solidariedade polas vosas DOAZÓNS dirixidas a todas as persoas desfavorecidades, e as entidades como a Cociña Económica e D y P.
O alumnado e familias tiveron a importante tarefa de doar e levar estes produtos básicos como xesto de solidariedade.
Esperamos e desexamos a verdadeira RECUPERACIÓN de emprego
e unha maior EQUIDADE económica e social para vivir dignamente.
Felices Festas .-
- ANPA .-
jueves, 13 de noviembre de 2014
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR-
Esta ANPA do IES Sofía Casanova anima as nais, país ou titores legais a presentar candidaturas para as eleccións de representantes ao Consello Escolar.
Son elixibles todas as nais, país e titores legais que formulen a súa candidatura oficial, segundo modelo que facilitará a Secretaría do IES Sofía Casanova ate as 14 horas do martes - 18 de novembro.
Importante advertir que superada esta data e hora non poderase presentar ningunha candidatura fóra deste prazo.
No presente proceso electoral corresponde elixir 1 nai - pai dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar, tendo en conta a importancia de
cobrir estas plazas e suplencias. A ANPA nomea a súa propia representación.
- A campaña electoral comprenderá dende o 21 ao 24 de novembro, lembrando que o dia 26 de novembro, véspera das votacións . non
poderase facer campaña electoral.
- Ás VOTACIÓNS terán lugar o día 27 de novembro de 18,30 a 20 horas.
- Teñen dereito a voto a nai e o pai ou titor legal do alumnado.
- Saúdos
- A directiva .-
Cogumelos
- MOSTRA DE COGUMELOS NO SOFÍA -
- TRABALLO ESCOLAR E PROFESORADO DE
COGUMELOS NO SOFÍA CASANOVA.-
COGUMELOS NO SOFÍA CASANOVA.-
Xuntanza ANPA - EQUIPO DIRECTIVO .-
-REUNIÓN DIRECCIÓN - ANPA –
- 21 de Outubro-2014 –
- Reunión desta ANPA Sofía Casanova co Equipo directivo deste IES, este martes-21 de outubro ás 16,30 horas na sala de xuntas do IES Sofía Casanova.Asisten polo Equipo Directivo, a Directora e Xefe de Estudos e pola ANPA asisten Maria Carmen Díaz; Mónica García, Monserrat Moreda, Esperanza Sanchez e Xosé M. Sanxoán.Comezamos pedindo información sobre o inicio de clases. Informan das dificultades iniciais con Inspección de Educación pola falta de 11 profesores menos que foron negociando para conseguir 4 e aliviar o impacto deste déficit. Quéixanse da falta de profesores especialistas que deben cubrir con docentes non especializados.3 grupos de 1º da ESO.3 Grupos de 2º da ESO.3 Grupos de 3º da ESO e 10 alumnxs en Diversificación.3 Grupos de 4º da ESO e 10 alumnxs en Diversificación5 grupos en 1ºBach4 Grupos en 2º BachFormación profesional Básica 15 alumnxs.Houbo problemas de programación con diferentes areas de ciencias, letras educación física ..etc. polo que tiveron moitas dificultades sobre todo a finais de agosto.A implantación da LOMCE 1ª, 3º e 5º primaria para o vindeiro curso. Este ano comeza a implantación da Formación Profesional Básica.O centro conta cun total de 551 alumnxs.
- Preguntamos cal vai ser a política a seguir con respecto o uso dos libros. Comentamos que se mercan os libros e hai profes que non os utilizan nin os usan polo que pedimos unha reflexión e outras alternativas.
- Preguntamos se hai previsións de cambios de libros coa LOMCE. Non parece que se
produzan cambios nas editoriais e pedimos que se respecten os prazos de seis anos
segundo á lei.
- A directora se informará xa que observamos que a veces supón un gasto innecesario dependendo do profesor/a
- Programa ABALAR para pais -nais publicitando máis esta ferramenta que será útil para notas, faltas, citas titorías..etc. Coincidimos na importancia de impulsar este proxecto ABALAR.
- Faise a observación de que a páxina web deste Instituto está algo parada e fáltalle
máis información en xeral.
- Falamos dos dereitos á Folga do alumnado e as directrices a seguir segundo a consellaría.
- Intercambiamos varias lecturas sobre este dereito e lembramos que mañá, 22Out, hai Manifestación de 3 días, convocada polo Sindicato de estudantes . Pedimos atención se hai exames os días de folga.A dirección di que hai que madurar e pulir esta norma.
- Pídese explicacións sobre a excursión a Roma dende a materia de Relixión, polo que esta ANPA a cuestiona por inadecuada dende este centro público. Non colaboraremos con esta actividade.
- O Vice-director responde que ten unha herdanza e hai que cambiar varias cuestións e lembra que trátase dunha materia curricular.. Suscítase o debate da relixión, aconfesional, laico..etc-
- A directora di que pode haber unha excursión para todos a Roma. Insistimos que debe ser cultural.
- A directora informa dun programa para profesores-34- sobre TIC,s aplicacións informáticas para ensino.
- Informase que serán días non lectivos este vindeiro 3 de Outubro e o 4 de maio.
- INFRAESTRUTURAS .- Unha de nosas principais reivindicacións son as melloras nas instalacións deste centro, coincidindo sobre o lamentable estado da Pista deportiva a cal empiora co mal tempo e períodos de choivas.. Redactarán informes técnicos que serán remitidos a esta ANPA- antes de dirixilos a Consellaría.
- Lembramos as deficencias técnicas do pavillón denunciadas por esta ANPA e tamén o propio Xefe Territorial.
- Eleccións ao Consello Escolar .- Informa a directora que comezará en breve un proceso electoral e seus prazos. Todos debemos colaborar e publicitar estas eleccións para nais-pais e alumnado co fin de lograr unha maior PARTICIPACIÓN.
Remata esta xuntanza ás 18,45 horas sen máis asuntos que tratar.
Ferrol, a 21 de Outubro de 2014.-
- A directiva.-
miércoles, 5 de noviembre de 2014
Convocatoria Asemblea Ordinaria-2014 .-
- CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-
18 de Novembro de 2014
Estimad@s Soci@s ;
A Xunta directiva CONVOCA a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no Salón de Actos deste IES Sofía Casanova o MARTES-18 de Novembro, ás 16,30 horas en primeira convocatoria e ás 17 horas na segunda.
Orde do día
1 .- Lectura e aprobación, se procede, ACTA da Asemblea anterior.
2 .- Aprobación- Informe de XESTIÓN- MEMORIA ANUAL 2013-14.
(Información banco de libros, demandas centro, actividades..etc)
3 .- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio 2013.
4 .- Previsión económica para o exercicio 2014-15.
5 .- Suxestións e preguntas.-
- Esperamos a vosa presenza cara a unha mellor calidade do ensino público.-
- Saúdos.
Ferrol, a 4 de Novembro de 2014.-
A Presidenta O Secretario
Asdo. Mª Carmen DIAZ CORRAL - - Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO-
Convocatoria Asemblea Extraordinaria.-
- CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA -
- 18 de Novembro de 2014 –
Estimad@s Soci@s ;
A Xunta directiva CONVOCA a ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA no Salón de Actos deste IES Sofía Casanova o MARTES-18 de Novembro, ás 17,45 horas, a continuación da Asemblea anterior.
Orde do día
- .- Nomeamento e renovación 1ª quenda de cargos da Xunta
Directiva, segundo o Artigo 23 Estatutos.- Vicepresidente/a;
Tesoureiro/a;
Tesoureiro/a;
- vogais Pares.
- Novas incorporacións.
- Esperamos a túa presenza cara a unha mellor calidade do ensino público.-
Ferrol, a 4 de Novembro de 2014.-
A Presidenta O Secretario
Asdo. Mª Carmen DIAZ CORRAL - - Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO-
miércoles, 29 de octubre de 2014
Folga Estudantes - 23 Out-
O Sindicato de Estudantes chama a CCOO, UGT y Ceapa para que se convoque unha nova Folga Xeral.
REDACCIÓN FERROL | Actualizado 23 Octubre 2014 -
manifestación concluíu na praza de Armas - daniel alexandre
O Sindicato de Estudantes fixo onte un chamamento ás direccións tanto de CCOO como de UGT e á Ceapa "Confederación Española de Asociacións de Pais de Alumnos" para que se convoque unha nova folga xeral da comunidade educativa. "Non existen motivos para non convocala tralo enorme éxito que supuxeron as dúas precedentes. Podemos e debemos derrubar a este goberno coma primeiro paso para liberar ás familias traballadoras do pesadelo que este sistema, a través do goberno do PP, estannos obrigando a vivir".
Así o destacaba onte en Ferrol o representante local da organización sindical estudiantil, Guillermo Díaz. El foi o encargado de ler o manifesto co que se puxo fin á manifestación celebrada onte na cidade naval - do mesmo xeito que se fixo en moitas outras cidades galegas e españolas- en contra da Lomce e dos recortes do Partido Popular en materia educativa.
O Sindicato de Estudantes fixo onte un chamamento ás direccións tanto de CCOO como de UGT e á Ceapa "Confederación Española de Asociacións de Pais de Alumnos" para que se convoque unha nova folga xeral da comunidade educativa. "Non existen motivos para non convocala tralo enorme éxito que supuxeron as dúas precedentes. Podemos e debemos derrubar a este goberno coma primeiro paso para liberar ás familias traballadoras do pesadelo que este sistema, a través do goberno do PP, estannos obrigando a vivir".
Así o destacaba onte en Ferrol o representante local da organización sindical estudiantil, Guillermo Díaz. El foi o encargado de ler o manifesto co que se puxo fin á manifestación celebrada onte na cidade naval - do mesmo xeito que se fixo en moitas outras cidades galegas e españolas- en contra da Lomce e dos recortes do Partido Popular en materia educativa.
A mobilización, que reuniu a varios centenares de mozos, partiu do edificio da Xunta na praza de España para concluír en Armas.
Como en anteriores ocasións, os estudantes pediron a derrogación da lei así como a dimisión da súa impulsor, o ministro popular José Ignacio Wert. Aseguraron ademais que continuarán protestando e loitando co propósito de poñer fin aos recortes e "ataques" dun goberno cuxas políticas, din, provocaron, entre outras cousas, o despedimento de 32.000 profesores e a redución de 275 millóns de euros para becas.
Hoxe levarase a cabo a terceira e última xornada da folga estudiantil.
- Diario de Ferrol.-
- Diario de Ferrol.-
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










