domingo, 24 de noviembre de 2013

FOTOS - Manifa Estudantes - 20 Nov.

               
FOTOS Manifestación en FERROL .-
 
                  -   FOLGA ESTUDANTES -
                              
                                - 20 NOVEMBRO-2013 -
 
 
 
 
 




 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
-ANPA Sofía Casanova.-
 
 
  

sábado, 23 de noviembre de 2013

FOLGA ESTUDANTES- 20 NOVEMBRO-2013.-


Uns 3.000 traballadores do naval e estudantes manifestáronse en Ferrol.

20 de novembro de 2013  14:16 GMT              

.
JOSÉ PARDO

JOSÉ PARDO    
  
Unhas 3.000 persoas, entre traballadores do naval e estudantes, participaron na manifestación que esta mañá percorreu as rúas do centro de Ferrol.
 A convocatoria partía do Sindicato de Estudantes, pero a plantilla de Navantia quixo apoiar tamén as súas demandas e saír de novo á rúa en demanda de carga de traballo.
Os traballadores do naval saíron do estaleiro e uníronse na praza de España ao colectivo de novos estudantes que xa se atopaban concentrados, partindo xuntos en manifestación ata a praza de Armas.
 Alí, Manuel Abelleira, responsable do Sindicato de Estudantes en galicia, leu un manifesto no que defendeu que coa folga do pasado día 24 conseguiran «debilitar» ao ministro Wert e que «hai que seguir loitando en unión co naval», apostando por unificar todas as demandas ao Goberno central.
 
- La Voz de Galicia.-
 

lunes, 18 de noviembre de 2013

FOLGA XERAL ESTUDANTIL.-

 
En calquera caso os ataques continúan. Acaban de eliminar
 
a axuda económica das bolsas Erasmus. E no caso
de Galiza, a Xunta do PP acaba de aumentar un 40% o
prezo medio dos menús escolares, precisamente nun momento
no que moitos dos nosos pais están desempregados.
E os ataques continuarán se non lles paramos.
A loita continúa! O 20 de novembro pretenden
aprobar a LOMCE no Senado.
O 20 de novembro: folga xeral estudantil!
 
 
Por moito que lle pese ao Goberno do PP, a resposta nas
rúas foi clara e contundente. O Ministerio de Educación
non engana xa a ninguén e quedouse completamente só
coas súas contrarreformas reaccionarias e os seus ataques
á pública.
Se aínda non aplicaron a LOMCE, se están dicindo
publicamente que van atrasar a súa aplicación, é porque
a mobilización estudantil, do profesorado e dos
pais púxolles contra as cordas. Por iso a loita ten que
continuar, porque a loita serve. Por todos estes motivos
desde o Sindicato de Estudantes convocamos unha nova
folga xeral de estudantes para o próximo 20 de novembro,
coincidindo coa data na que o PP —a pesar de
estar en minoría absoluta nas rúas e nas aulas— pretende
impor de forma autoritaria a aprobación da LOMCE
no Senado.
O 20 de novembro propomos baleirar as clases, celebrar
pola mañá mobilizacións estudantís en todo o estado
e pola tarde manifestarnos cos nosos profesores,
pais e nais, tal e como aprobaron facer asociacións de
pais e sindicatos do profesorado. E se non ceden, desde
o Sindicato de Estudantes chamamos ás organizacións
do profesorado (CIG, CCOO, UGT, STEs, CGT...) e ás
ANPAS a manter a loita contra Wert e organizar unha
próxima folga educativa de 72 horas para botar ao ministro
e os seus recortes.
 
En defensa da Educación Pública!
Todos á folga e ás manifestacións
o 20 de novembro!
Xuntos podemos!
 
 
􀀳 Retirada inmediata da LOMCE, o decreto de bolsas, o taxaso universitario e na FP e o decreto de comedores da Xunta. Nin reválidas nin selectividade, o fillo do obreiro á universidade.
 
Wert dimisión!
 
 
􀀳 Non á obrigatoriedade da relixión católica no ensino público.

􀀳 Nin un euro do orzamento público ao negocio do ensino privado.

􀀳 En defensa dos dereitos democráticos. Respectar o dereito a estudar e aprender en catalán, galego e euskera, que o franquismo suprimiu.

􀀳 Pola liberdade de expresión da mocidade. O noso dereito a folga non se toca.

􀀳 Os recortes para os banqueiros. Readmisión inmediata dos máis de 50.000 docentes despedidos
este curso. Devolución inmediata dos 6.000 millóns de euros que o PP recortou á escola pública.

􀀳 Non aos contratos lixo e ás prácticas en empresas sen remunerar. Por un subsidio de desemprego indefinido para todos os parados ata atopar un posto de traballo.

􀀗Ferrol: Edificio da Xunta (Praza de España)

􀀗Coruña: Na Palloza

􀀗Compostela: Na Alameda

􀀗Vigo: En Praza América

􀀗Lugo: Fronte ao IES de Ramón Ferreiro

􀀗 Pola tarde: mobilización cos país e nais
 
 
  
 

FOLGA - SINDICATO ESTUDANTES.-


Sindicato de Estudantes
        Desde o Sindicato de Estudantes queremos mostrar o noso agradecemento
 
 ós  traballadores de Navantia-Ferrol pola súa decisión de unirse á nosa
manifestación, que agora tamén é súa, do 20 de novembro, en defensa do
ensino público e para esixir a retirada da LOMCE e a dimisión do ministro
Wert.
A LOMCE, contra a que nos levamos mobilizando máis dun ano, pretende degradar
a niveis propios do franquismo o ensino público, unha conquista fundamental para
que os estudantes fillos de traballadores podamos acceder a unha educación de
calidade.
Pero o ataque ó ensino público non é algo separado do resto de ataques do PP. A
LOMCE forma parte do plan da dereita para demoler todos os dereitos conquistados
pola loita do movemento obreiro durante décadas. En dous anos de goberno, o PP
atacou a sanidade, os dereitos dos traballadores, subiu impostos..., e todo cun único
obxectivo: roubar os pobres para dárllelo ós ricos (banqueiros e empresarios). Non
hai cartos para a clase obreira porque hai que "rescatar" a banqueiros e demais
capitalistas. Por iso tampocuo hai carga de traballo para Navantia e ameazan con
destruir as condicións laborais que, coa súa loita, conquistaron os traballadores das
antigas Bazán e Astano.
Wert está totalmente desprestixiado. A propia Unión Europea calificou de "lixo" as
súas mentiras. É o momento de continuar loitando para forzar a retirada da LOMCE
ou a dimisión de Wert, o que debilitaría ó goberno do PP, dificultándolle así outros

ataques que están en marcha ou en preparación, como o plan de Navantia.
 
É o momento de unir forzas. O Sindicato de Estudantes invita a todos os
traballadores da comarca a que o día 20 se unan á manifestación de obreiros e
estudantes, para así, TODOS XUNTOS, golpear con máis forza ó PP.

 
Dende a súa fundación en 1986, o Sindicato de Estudantes ten berrado moitas
consignas nas nosas manifestacións. Pero hai unha que se berrou, se berra e se
berrará sempre en todas:
 
  
¡OBREIROS E ESTUDANTES, UNIDOS E ADIANTE!

E berrámola porque o Sindicato de Estudantes é unha organización de clase: somos
a organización dos fillos dos traballadores. Por iso, ante a ameaza que representan,
para esta comarca, a falta de carga de traballo en Navantia e o plan estratéxico
anunciado para o 4 de decembro, queremos dicirlle ós traballadores do sector naval:

 

 
CONTADES CON TODO O NOSO APOIO, ESTAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN. O
SINDICATO DE ESTUDANTES VAI ESTAR CON VÓS EN PRIMEIRA LIÑA DA
LOITA EN DEFENSA DO FUTURO DA MOCIDADE DE FERROLTERRA.
 
 
 
Ferrol, 14 de novembro de 2013.
 
 
 


Calendario Escolar -2013-14.-

 
- CALENDARIO ESCOLAR -
 
2013-14
 
 
 
 
 
         Setembro
 
 
Días 2, 3, 4, 5 - Probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2012/2013
11 .- Comezo das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria
16 .- Comezo das clases na ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especia
 
 
         Outubro
 
 
31 .- Día non lectivo. Día do Ensino
 
 
        Novembro
 
 
1 .- Día non lectivo. Todos os Santos
 
        Decembro
 
 
6 .- Día non lectivo. Día da Constitución
22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31 Vacacións de Nadal
 
    Xaneiro -2014
 
1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 Vacacións de Nadal
         Febreiro
 
28 .- Día non lectivo, escollido polo centro
 
        Marzo
 
3, 4, 5 Vacacións de Entroido
     
       Abril
14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21 Vacacións de Semana Santa
 
      Maio
 
 
1 Día .- Non lectivo. Festa do traballo
2 Día .- Non lectivo, escollido polo centro
 
      Xuño
Día 20 .-  Remate das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.
 
 
 

jueves, 7 de noviembre de 2013

Convocatoria Asemblea Ordinaria -


 
 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-

27 de Novembro de 2013

 

Estimad@ soci@ ;

        A Xunta directiva CONVOCA a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA de soci@s - AULA planta baixa deste Centro IES Sofía Casanova-  o MÉRCORES, 27 de Novembro, ás 16,30 horas en primeira convocatoria e ás 17 horas  na segunda.

                                         Orde do día

 
    1 .- Lectura e aprobación, se procede,  da ACTA  Asemblea anterior.
   
    2 .-Aprobación-Informe de XESTIÓN-MEMORIA ANUAL 2012-13. 
   
    3 .- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio 2012. 
         
    4 .- Previsión económica para o exercicio 2013.
     
    5 .- Nomeamento e renovación 2ª quenda de cargos da xunta
         directiva. Artigo 23 Estatutos.- Presidenta ; Secretario;
          vogais.    Novas incorporacións.
    
   6 .- Suxestións e preguntas.-

  Banco de Libros-.

 

-      Esperamos a túa presenza cara a unha mellor calidade do ensino público.-

            -      Aberta aos familiares NON Soci@s  interesad@s.

 

                Ferrol, a 5 de Novembro de 2013.-

 

 

                     A Presidenta                                      O Secretario
     
 

 
           Asdo. Mª Carmen DIAZ CORRAL -    - Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO-

 

sábado, 26 de octubre de 2013

Folga estudantes- Manifa 24-Out.

 
Folga ensino
24 de Outubro-2013
 
 
Manifa de rexeitamento a LOMCE este xoves-24 na cidade de Ferrol coa participación dos traballadores do sector naval, cun seguimento de máis do 90 % do alumnado de ensino público.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

                          
 
 
 





 
 
 

Seguimento Folga .- 24 Outubro-2013

Ferrol

Máis do 90 por cento dos alumnos dos colexios de Ferrol están en folga.

Ao redor da metade do profesorado de Primaria e Infantil secunda o paro.

Escrito por:
Ferrol  24 de outubro de 2013  12:51 GMT 
 
                          
A xornada de folga xeral no ensino en protesta contra a Lomce está a desenvolverse con total normalidade nos colexios públicos de Ferrol. De acordo coa información solicitada en todos os centros, o paro está a ser masivo entre o alumnado. Así, acudiron a clase 155 dos estudantes de Infantil e Primaria da cidade, dos 1.842 matriculados. Representa unicamente o 8,4 por cento do total.
A incidencia do paro foi menor en canto ao profesorado. Secundaron a protesta 78 docentes dos 173 adscritos aos centros, o que representa o 45 por cento. No entanto, entre os que se atopan nas aulas tamén hai profesores que están realizando os servizos mínimos.
A xornada leva a cabo sen incidencias. O centro con maior repercusión do paro entre os estudantes foi o Manuel Masdías, de Caranza, ao que non acudiu ningún neno.
Tamén nos institutos o paro está a ser maioritario a tal hora entre o alumnado.
Así, o 92 por cento dos estudantes do Sofía Casanova está en folga;
- Canido só acudiron ao centro 20 estudantes de 319,
- Concepción Arenal 30 dos 900
- Saturnino Montojo, 27 dos 427

         
.

SEGUIMENTO MANIFA ESTUDANTES -24 OUT-2013.-

Educación:
 
        A folga contra a Lomce baleira as aulas en Galicia.

Os sindicatos aseguran que o paro supera o 80 % mentres a Xunta cifra a incidencia nun 26 % nos centros públicos e nun 8,5 % nos concertados.

 
Escrito por:
24 de outubro de 2013  15:01 GMT
 

IES Sofía Casanova.-
 
JOSÉ PARDO

A folga contra a Lomce deixou case desertos colexios e institutos. As plataformas convocantes cifran o paro en máis dun 80 por cento entre o profesorado, e practicamente do cento por cento entre alumnos e pais que non mandaron aos seus fillos aos colexios. Incluso aseguran que a incidencia nos centros concertados alcanzou un 30 por cento.

         


- La Voz de Galicia.-
 

Educación baixa un 25,4% as axudas de libros.

 
 
Educación recorta outro 25,4 % as súas axudas
para libros de texto.       

O orzamento para a compra de

manuais baixa de 12,8 a 9,5 millóns.

Escrito por:
M. Cheda / E. Álvarez / S. Lorenzo
Santiago / La Voz  23 de outubro de 2013  20:06 GMT
         
Os orzamentos «más sociais da Historia», como cualifica a Xunta os seus números para o 2014, conteñen medidas que, con todo, non encaixan moito dentro dese marco filosófico. Para mostra, as contas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Conviven aí partidas como a destinada a financiar os comedores escolares, que aumenta un 3,3 %, con outras que sucumben vítimas das tesoiras da austeridade. Por exemplo, a reservada para soportar o plan de axudas á adquisición de libros de texto e material escolar, a cal descende por segundo exercicio consecutivo; nesta ocasión, un 25,4 %. E iso que o programa, polo menos ata a data, vén amparando a 137.299 alumnos: 82.910 de primaria, 53.738 de secundaria e 651 de especial.
O departamento que dirixe Jesús Vázquez, segundo o proxecto de Orzamentos 2014, dedicará a apoiar ás familias nesas compras de manuais 9.525.596 euros: 8.025.596 para os de toda a vida, en papel, e 1.500.000 para os editados en soporte dixital. Para o 2012, en cambio, orzara 15.099.106 e para o 2013, 12.766.993. O recorte en dous anos, xa que logo, alcanza os 5,6 millóns en cifras brutas e, en termos relativos, os 36,9 puntos porcentuais.
¿A que se debe a nova baixada? Para non aclaralo, consultada respecto diso, a consellería remitiuse onte a unha próxima comparecencia parlamentaria na que Vázquez dará explicacións. A falta de confirmación oficial, nesa intervención na Cámara podería alegar unha de dúas cousas: que as contas son pouco menos que papel mollado e, se fai falta, cambiaraas dentro duns meses para satisfacer toda a demanda, o cal xa fixo este ano, ou ben que os criterios de repartición de subvencións endureceranse esta vez e, en consecuencia, o erario aforrarase o seu bo diñeiro.
Sen saír de Educación, as arcas autonómicas tamén se evitarán ao longo do 2014 un desembolso extra noutras frontes: o dos servizos complementarios do ensino prestados por empresas privadas. Todos os contratos, convenios e demais expedientes de gasto que dan soporte a esas actividades (transporte escolar e comedores explotados por cáterings, fundamentalmente) quedarán conxelados durante o exercicio próximo e o seguinte, en virtude dunha disposición adicional incluída na lei orzamentaria. Entre o 2016 e o 2020, a Administración devolverá aos prexudicados, «de xeito proporcional», as actualizacións por IPC non efectuadas durante ese bienio.
Os transportistas fixarán postura dentro dunha semana, aínda que a patronal Fegabus xa avanza que a medida «non será ben recibida, desde logo».

La Voz de Galicia.-
 

martes, 22 de octubre de 2013

Arranxo teito Salón de Actos.-

 

-     SALÓN DE ACTOS -

 

A Xunta directiva da ANPA Sofía Casanova, expresamos a nosa preocupación da actual situación do Salón de Actos deste Centro educativo IES Sofía Casanova motivado ao recente desprendemento de parte do seu teito.
 Denunciamos que en plena representación teatral dun salón de actos cheo de público conformado polo alumnado deste centro, houbo un desprendemento de cascotes de parte do seu teito que puido causar lesións graves que por fortuna non foi a máis e quedou nun lamentable susto dos asistentes.
 Lembramos que hai aprox. un ano, realizáronse OBRAS de rehabilitación do teito deste Salón de Actos, financiadas pola Consellaría de Educación. Preguntamos se hai garantías de obra e se corresponde unha  reclamación e explicacións a empresa concesionaria a este fin coa conseguinte  consecuencia de quedar inutilizado e pechado ate a súa rehabilitación.
 
Por todo isto, esta ANPA pide unha rápida intervención da Consellaría de Educación co obxecto de publicitar á concurso esta obra canto antes co fin de rehabilitar o TEITO deste SALÓN de ACTOS.
 
   Ferrol, a 22 de Outubro de 2013.
 
        A PRESIDENTA                                      O SECRETARIO
 
     
Asdo, Mª del Carmen DÍAZ CORRAL          asdo. Xosé M.SANXOÁN CAAMAÑO

 

  

- Sr. Inspector e Xefatura da Consellaría de Educación – Xunta de Galicia.

 

lunes, 21 de octubre de 2013

Convocatoria Folga conta a LOMCE.-24 OUTUBRO

 

As dúas plataformas marcharán xuntas o vindeiro xoves contra a Lomce do PP

REDACCIÓN FERROL |
 19 Octubre 2013 .-                               
 
 
 
 

     As dúas plataformas constituidas  o pasado ano na comunidade galega en defensa do ensino público e contra a reforma educativa do ministro José Ignacio Wert –a Lomce– marcharán xuntas na manifestación que o vindeiro xoves-24 terá lugar en Ferrol no marco da xornada de folga convocada a nivel estatal para protestar polas políticas educativas do goberno do Partido Popular e esixir a retirada da devandita norma. A marcha partirá ás 11.30 horas da praza de España.

   A mobilización terá lugar case dúas semanas despois da aprobación o pasado día 10, no pleno do Congreso dos Deputados, do proxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, respaldada exclusivamente cos votos a favor do partido do goberno, o PP.

   Os grupos parlamentarios da oposición votaron en contra deste proxecto e manifestaron publicamente o compromiso de derogala no momento en que exista  outra maioría política no Parlamento español. A pesar desta oposición, o ministro asegurou continuar adiante coa Lomce coa intención de aprobala en decembro para así poder aplicar as primeiras medidas no curso 2014/2015.
rexeitamento

 A Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra, presidida por Javier Sánchez, expresou onte a través de un comunicado o seu total rexeitamento a un proxecto de lei que naceu "sen o necesario consenso social, porque é profundamente antidemocrático, centralizador,  mercantilista, privatizador, confesional e elitista".

  A Feanpas entende que a educación é parte dun proceso formativo global, e que a calidade no sistema educativo baséase en conseguir un modelo participativo –onde estea presente a totalidade da comunidade educativa– e integrador –que preste especial atención á diversidade– potenciando ademais as capacidades dos alumnos.

   Para acadar este modelo, din, "é imprescindible dotar ao sistema dos recursos necesarios", e non establecer, como critican que fai a Lomce, "normas segregadoras que expulsan temperanamente ao alumnado do sistema, desviándoo cara unha formación profesional que o propio sistema devalúa".

  Aínda que recoñecen que o sistema educativo actual é mellorable, desde a Federación consideran que o primordial sería analizar as causas que provocan o fracaso, uns problemas que teñen moito que ver, engaden, coa falta de recursos necesarios para poder desenvolvelo con eficacia (recortes en atención á diversidade, nos orzamentos para a mellora de infraestruturas, nos servizos e tamén na formación dos docentes, entre outros).

   Por todo isto, desde a Federación de Anpas convocan a todas as familias para participar na folga convocada polo conxunto da comunidade educativa propoñendo a todas as nais e pais de alumnos que o vindeiro xoves día 24 non leven aos seus fillos as aulas. Tamén fan un chamamento para participar na manifestación prevista.

Diario de Ferrol.-

CLUB LECTURA ADULTOS -

 

SOCAS anuncia o CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS.

    


Ola amigos!

  Xa non vos chamo rapaces, porque, aínda que sodes xoves, non parece moi serio este cualificativo. De novo estou aquí para informarvos das actividades da nosa biblioteca.
 
Esta vez quero invitar a profes, exprofes, pais, nais, avós de alumnos e de profes, persoal non docente e, en xeral, á gran familia do Sofía a participar nesta nova iniciativa: un Club de Lectura pensado especialmente para todo os adultos.
 
A nosa primeira sesión de presentación da actividade será o martes 29 de outubro ás 18,15 na biblioteca.
 
Nela concretaremos as datas -que pensamos que pode ser o último martes de cada mes- e as suxestións de lecturas, nas que estamos a escoitar as vosas preferencias.
 
Sabedes que queremos que sexan o máis atractivas e variadas posibles, así como facilitarvos os exemplares dende aquí.
 
O Club dirixirano os profes Iñaki Tomás e Pilar Berrio, coa colaboración doutros que queiran anotarse.
 
  Non o dubidedes máis.
Amantes dos libros, estades convidados a noso novo
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS.
 
Apertas:      Socas.
 
 
WEB : IES Sofía Casanova.-
 

CLUB LECTURA ALUMNADO .-

 

SOCAS anuncia o comenzo do CLUB DE LECTURA

   
 
Xa sei que me botabades de menos.
A mín e as nosas sesións do Club de Lectura.
 Pois estades de sorte. Xa non tedes que agardar demasiado.
O vindeiro martes, día 8 de outubro, ás 15,30, daremos o pistoletazo de saída á nova tempada, a que fai o número catro.
 E por suposto, os que queirades quedar a xantar vémonos as 14,10 na biblio.
 
Así que agardovos a todos, en especial ós novos, tanto de 1º de ESO como de 1º de BAC. que teñades interese polas boas historias.
Tedes unha cita mensual cos libros e con outros lectores, para poñer en común vivencias e opinións. Non vos arrepentiredes.
 
Estou desexando volver vervos a todos e que me contedes cal foi o voso libro de cabeceira durante as pasadas vacacións.
 
 Apertas: SOCAS
 
Actividades da biblioteca.  Podes seguirnos en    http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/

Web .- IES Sofía Casanova.-


 

Xuntanza titorías - Cursos.-

 

Reunións de titores-pais.

    

 Informa a Xefatura de Estudos a data e horas das reunións entre os titores/as e os pais/nais de alumnos dos correspondentes cursos.
 
Estas axustaranse ó seguinte cadro:
 
          LUNS 21 de OUTUBRO
 
 16:30  1º Bach.
 16:45 2º Bach.
 17:00 1º ESO
 17:15 2º ESO
 17:30 3º ESO
 17:45  4º ESO

 
 
WEB: IES Sofía Casanova.- 
    
 
 
 

Axudas computador.-


 
 
       Anunciamos que o Concello de Ferrol oferta 50 AXUDAS de 200 € para a compra de ordenadores (postatil ou sobremesa) destinados a mocidade entre 12 e 18 anos de idade para a mellora de estudos de etapa educativa da ESO e BACH., cuxas familias non superen uns ingresos de 2,5 veces o IPREM (salario medio interprofesional - 1.331,27 € ) máis un 15% por cada membro da unidade familiar.
 
 
    Máis información na Casa da Xuventude.-
 
 

 

lunes, 14 de octubre de 2013

Acordos Consello Escolar- 9 Outubro-2013


 

INFORMACIÓN CONSELLO ESCOLAR

9 de OUTUBRO -2013

 

    Información do Consello Escolar celebrado este pasado mércores, 9 de Outubro-2013 ás 12, 10 horas na Sala de Xuntas do IES Sofía Casanova.
     

      1 .- Aprobación do proxecto do Plan de lectura.-

 
      2 .- Elección de días non lectivos.-

 
     3 .- Aprobación do Comunicado sobre o Tanque de Tormentas.-

 

Punto 1 .- Aprobamos o Plan de Lectura.-

 
   Plan aprobado pola Xunta de Galicia con 700 € para material e llibros.

 Plan de Lectura para Adultos, que se presentará o vindeiro día 29 de Outubro dirixido a todas as familias e comunidade educativa do centro coa colaboración e a propia ANPA Sofía Casanova.

 
Plan Xuvenil que comezou o 8 de Outubro.

 
            Organizado por profes do centro de recibirá o apoio de tod@s e a   
         colaboración e publicidade da  ANPA.

 
Punto 2 .- Aprobamos como días NON lectivos o día 2 de Maio e 28 de Febreiro.

  

Punto 3 .- Aprobamos o envío dun Comunicado do CE a prensa co fin de rexeitar a ubicación do Tanque de Tormentas no Parque Infantil deste Parque Pablo Iglesias.

 
    
        Ferrol, a 9 de Outubro de 2013.-