jueves, 7 de noviembre de 2013

Convocatoria Asemblea Ordinaria -


 
 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-

27 de Novembro de 2013

 

Estimad@ soci@ ;

        A Xunta directiva CONVOCA a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA de soci@s - AULA planta baixa deste Centro IES Sofía Casanova-  o MÉRCORES, 27 de Novembro, ás 16,30 horas en primeira convocatoria e ás 17 horas  na segunda.

                                         Orde do día

 
    1 .- Lectura e aprobación, se procede,  da ACTA  Asemblea anterior.
   
    2 .-Aprobación-Informe de XESTIÓN-MEMORIA ANUAL 2012-13. 
   
    3 .- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio 2012. 
         
    4 .- Previsión económica para o exercicio 2013.
     
    5 .- Nomeamento e renovación 2ª quenda de cargos da xunta
         directiva. Artigo 23 Estatutos.- Presidenta ; Secretario;
          vogais.    Novas incorporacións.
    
   6 .- Suxestións e preguntas.-

  Banco de Libros-.

 

-      Esperamos a túa presenza cara a unha mellor calidade do ensino público.-

            -      Aberta aos familiares NON Soci@s  interesad@s.

 

                Ferrol, a 5 de Novembro de 2013.-

 

 

                     A Presidenta                                      O Secretario
     
 

 
           Asdo. Mª Carmen DIAZ CORRAL -    - Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO-

 

sábado, 26 de octubre de 2013

Folga estudantes- Manifa 24-Out.

 
Folga ensino
24 de Outubro-2013
 
 
Manifa de rexeitamento a LOMCE este xoves-24 na cidade de Ferrol coa participación dos traballadores do sector naval, cun seguimento de máis do 90 % do alumnado de ensino público.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

                          
 
 
 





 
 
 

Seguimento Folga .- 24 Outubro-2013

Ferrol

Máis do 90 por cento dos alumnos dos colexios de Ferrol están en folga.

Ao redor da metade do profesorado de Primaria e Infantil secunda o paro.

Escrito por:
Ferrol  24 de outubro de 2013  12:51 GMT 
 
                          
A xornada de folga xeral no ensino en protesta contra a Lomce está a desenvolverse con total normalidade nos colexios públicos de Ferrol. De acordo coa información solicitada en todos os centros, o paro está a ser masivo entre o alumnado. Así, acudiron a clase 155 dos estudantes de Infantil e Primaria da cidade, dos 1.842 matriculados. Representa unicamente o 8,4 por cento do total.
A incidencia do paro foi menor en canto ao profesorado. Secundaron a protesta 78 docentes dos 173 adscritos aos centros, o que representa o 45 por cento. No entanto, entre os que se atopan nas aulas tamén hai profesores que están realizando os servizos mínimos.
A xornada leva a cabo sen incidencias. O centro con maior repercusión do paro entre os estudantes foi o Manuel Masdías, de Caranza, ao que non acudiu ningún neno.
Tamén nos institutos o paro está a ser maioritario a tal hora entre o alumnado.
Así, o 92 por cento dos estudantes do Sofía Casanova está en folga;
- Canido só acudiron ao centro 20 estudantes de 319,
- Concepción Arenal 30 dos 900
- Saturnino Montojo, 27 dos 427

         
.

SEGUIMENTO MANIFA ESTUDANTES -24 OUT-2013.-

Educación:
 
        A folga contra a Lomce baleira as aulas en Galicia.

Os sindicatos aseguran que o paro supera o 80 % mentres a Xunta cifra a incidencia nun 26 % nos centros públicos e nun 8,5 % nos concertados.

 
Escrito por:
24 de outubro de 2013  15:01 GMT
 

IES Sofía Casanova.-
 
JOSÉ PARDO

A folga contra a Lomce deixou case desertos colexios e institutos. As plataformas convocantes cifran o paro en máis dun 80 por cento entre o profesorado, e practicamente do cento por cento entre alumnos e pais que non mandaron aos seus fillos aos colexios. Incluso aseguran que a incidencia nos centros concertados alcanzou un 30 por cento.

         


- La Voz de Galicia.-
 

Educación baixa un 25,4% as axudas de libros.

 
 
Educación recorta outro 25,4 % as súas axudas
para libros de texto.       

O orzamento para a compra de

manuais baixa de 12,8 a 9,5 millóns.

Escrito por:
M. Cheda / E. Álvarez / S. Lorenzo
Santiago / La Voz  23 de outubro de 2013  20:06 GMT
         
Os orzamentos «más sociais da Historia», como cualifica a Xunta os seus números para o 2014, conteñen medidas que, con todo, non encaixan moito dentro dese marco filosófico. Para mostra, as contas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Conviven aí partidas como a destinada a financiar os comedores escolares, que aumenta un 3,3 %, con outras que sucumben vítimas das tesoiras da austeridade. Por exemplo, a reservada para soportar o plan de axudas á adquisición de libros de texto e material escolar, a cal descende por segundo exercicio consecutivo; nesta ocasión, un 25,4 %. E iso que o programa, polo menos ata a data, vén amparando a 137.299 alumnos: 82.910 de primaria, 53.738 de secundaria e 651 de especial.
O departamento que dirixe Jesús Vázquez, segundo o proxecto de Orzamentos 2014, dedicará a apoiar ás familias nesas compras de manuais 9.525.596 euros: 8.025.596 para os de toda a vida, en papel, e 1.500.000 para os editados en soporte dixital. Para o 2012, en cambio, orzara 15.099.106 e para o 2013, 12.766.993. O recorte en dous anos, xa que logo, alcanza os 5,6 millóns en cifras brutas e, en termos relativos, os 36,9 puntos porcentuais.
¿A que se debe a nova baixada? Para non aclaralo, consultada respecto diso, a consellería remitiuse onte a unha próxima comparecencia parlamentaria na que Vázquez dará explicacións. A falta de confirmación oficial, nesa intervención na Cámara podería alegar unha de dúas cousas: que as contas son pouco menos que papel mollado e, se fai falta, cambiaraas dentro duns meses para satisfacer toda a demanda, o cal xa fixo este ano, ou ben que os criterios de repartición de subvencións endureceranse esta vez e, en consecuencia, o erario aforrarase o seu bo diñeiro.
Sen saír de Educación, as arcas autonómicas tamén se evitarán ao longo do 2014 un desembolso extra noutras frontes: o dos servizos complementarios do ensino prestados por empresas privadas. Todos os contratos, convenios e demais expedientes de gasto que dan soporte a esas actividades (transporte escolar e comedores explotados por cáterings, fundamentalmente) quedarán conxelados durante o exercicio próximo e o seguinte, en virtude dunha disposición adicional incluída na lei orzamentaria. Entre o 2016 e o 2020, a Administración devolverá aos prexudicados, «de xeito proporcional», as actualizacións por IPC non efectuadas durante ese bienio.
Os transportistas fixarán postura dentro dunha semana, aínda que a patronal Fegabus xa avanza que a medida «non será ben recibida, desde logo».

La Voz de Galicia.-
 

martes, 22 de octubre de 2013

Arranxo teito Salón de Actos.-

 

-     SALÓN DE ACTOS -

 

A Xunta directiva da ANPA Sofía Casanova, expresamos a nosa preocupación da actual situación do Salón de Actos deste Centro educativo IES Sofía Casanova motivado ao recente desprendemento de parte do seu teito.
 Denunciamos que en plena representación teatral dun salón de actos cheo de público conformado polo alumnado deste centro, houbo un desprendemento de cascotes de parte do seu teito que puido causar lesións graves que por fortuna non foi a máis e quedou nun lamentable susto dos asistentes.
 Lembramos que hai aprox. un ano, realizáronse OBRAS de rehabilitación do teito deste Salón de Actos, financiadas pola Consellaría de Educación. Preguntamos se hai garantías de obra e se corresponde unha  reclamación e explicacións a empresa concesionaria a este fin coa conseguinte  consecuencia de quedar inutilizado e pechado ate a súa rehabilitación.
 
Por todo isto, esta ANPA pide unha rápida intervención da Consellaría de Educación co obxecto de publicitar á concurso esta obra canto antes co fin de rehabilitar o TEITO deste SALÓN de ACTOS.
 
   Ferrol, a 22 de Outubro de 2013.
 
        A PRESIDENTA                                      O SECRETARIO
 
     
Asdo, Mª del Carmen DÍAZ CORRAL          asdo. Xosé M.SANXOÁN CAAMAÑO

 

  

- Sr. Inspector e Xefatura da Consellaría de Educación – Xunta de Galicia.

 

lunes, 21 de octubre de 2013

Convocatoria Folga conta a LOMCE.-24 OUTUBRO

 

As dúas plataformas marcharán xuntas o vindeiro xoves contra a Lomce do PP

REDACCIÓN FERROL |
 19 Octubre 2013 .-                               
 
 
 
 

     As dúas plataformas constituidas  o pasado ano na comunidade galega en defensa do ensino público e contra a reforma educativa do ministro José Ignacio Wert –a Lomce– marcharán xuntas na manifestación que o vindeiro xoves-24 terá lugar en Ferrol no marco da xornada de folga convocada a nivel estatal para protestar polas políticas educativas do goberno do Partido Popular e esixir a retirada da devandita norma. A marcha partirá ás 11.30 horas da praza de España.

   A mobilización terá lugar case dúas semanas despois da aprobación o pasado día 10, no pleno do Congreso dos Deputados, do proxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, respaldada exclusivamente cos votos a favor do partido do goberno, o PP.

   Os grupos parlamentarios da oposición votaron en contra deste proxecto e manifestaron publicamente o compromiso de derogala no momento en que exista  outra maioría política no Parlamento español. A pesar desta oposición, o ministro asegurou continuar adiante coa Lomce coa intención de aprobala en decembro para así poder aplicar as primeiras medidas no curso 2014/2015.
rexeitamento

 A Federación de Anpas de centros públicos de Ferrolterra, presidida por Javier Sánchez, expresou onte a través de un comunicado o seu total rexeitamento a un proxecto de lei que naceu "sen o necesario consenso social, porque é profundamente antidemocrático, centralizador,  mercantilista, privatizador, confesional e elitista".

  A Feanpas entende que a educación é parte dun proceso formativo global, e que a calidade no sistema educativo baséase en conseguir un modelo participativo –onde estea presente a totalidade da comunidade educativa– e integrador –que preste especial atención á diversidade– potenciando ademais as capacidades dos alumnos.

   Para acadar este modelo, din, "é imprescindible dotar ao sistema dos recursos necesarios", e non establecer, como critican que fai a Lomce, "normas segregadoras que expulsan temperanamente ao alumnado do sistema, desviándoo cara unha formación profesional que o propio sistema devalúa".

  Aínda que recoñecen que o sistema educativo actual é mellorable, desde a Federación consideran que o primordial sería analizar as causas que provocan o fracaso, uns problemas que teñen moito que ver, engaden, coa falta de recursos necesarios para poder desenvolvelo con eficacia (recortes en atención á diversidade, nos orzamentos para a mellora de infraestruturas, nos servizos e tamén na formación dos docentes, entre outros).

   Por todo isto, desde a Federación de Anpas convocan a todas as familias para participar na folga convocada polo conxunto da comunidade educativa propoñendo a todas as nais e pais de alumnos que o vindeiro xoves día 24 non leven aos seus fillos as aulas. Tamén fan un chamamento para participar na manifestación prevista.

Diario de Ferrol.-

CLUB LECTURA ADULTOS -

 

SOCAS anuncia o CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS.

    


Ola amigos!

  Xa non vos chamo rapaces, porque, aínda que sodes xoves, non parece moi serio este cualificativo. De novo estou aquí para informarvos das actividades da nosa biblioteca.
 
Esta vez quero invitar a profes, exprofes, pais, nais, avós de alumnos e de profes, persoal non docente e, en xeral, á gran familia do Sofía a participar nesta nova iniciativa: un Club de Lectura pensado especialmente para todo os adultos.
 
A nosa primeira sesión de presentación da actividade será o martes 29 de outubro ás 18,15 na biblioteca.
 
Nela concretaremos as datas -que pensamos que pode ser o último martes de cada mes- e as suxestións de lecturas, nas que estamos a escoitar as vosas preferencias.
 
Sabedes que queremos que sexan o máis atractivas e variadas posibles, así como facilitarvos os exemplares dende aquí.
 
O Club dirixirano os profes Iñaki Tomás e Pilar Berrio, coa colaboración doutros que queiran anotarse.
 
  Non o dubidedes máis.
Amantes dos libros, estades convidados a noso novo
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS.
 
Apertas:      Socas.
 
 
WEB : IES Sofía Casanova.-
 

CLUB LECTURA ALUMNADO .-

 

SOCAS anuncia o comenzo do CLUB DE LECTURA

   
 
Xa sei que me botabades de menos.
A mín e as nosas sesións do Club de Lectura.
 Pois estades de sorte. Xa non tedes que agardar demasiado.
O vindeiro martes, día 8 de outubro, ás 15,30, daremos o pistoletazo de saída á nova tempada, a que fai o número catro.
 E por suposto, os que queirades quedar a xantar vémonos as 14,10 na biblio.
 
Así que agardovos a todos, en especial ós novos, tanto de 1º de ESO como de 1º de BAC. que teñades interese polas boas historias.
Tedes unha cita mensual cos libros e con outros lectores, para poñer en común vivencias e opinións. Non vos arrepentiredes.
 
Estou desexando volver vervos a todos e que me contedes cal foi o voso libro de cabeceira durante as pasadas vacacións.
 
 Apertas: SOCAS
 
Actividades da biblioteca.  Podes seguirnos en    http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/

Web .- IES Sofía Casanova.-


 

Xuntanza titorías - Cursos.-

 

Reunións de titores-pais.

    

 Informa a Xefatura de Estudos a data e horas das reunións entre os titores/as e os pais/nais de alumnos dos correspondentes cursos.
 
Estas axustaranse ó seguinte cadro:
 
          LUNS 21 de OUTUBRO
 
 16:30  1º Bach.
 16:45 2º Bach.
 17:00 1º ESO
 17:15 2º ESO
 17:30 3º ESO
 17:45  4º ESO

 
 
WEB: IES Sofía Casanova.- 
    
 
 
 

Axudas computador.-


 
 
       Anunciamos que o Concello de Ferrol oferta 50 AXUDAS de 200 € para a compra de ordenadores (postatil ou sobremesa) destinados a mocidade entre 12 e 18 anos de idade para a mellora de estudos de etapa educativa da ESO e BACH., cuxas familias non superen uns ingresos de 2,5 veces o IPREM (salario medio interprofesional - 1.331,27 € ) máis un 15% por cada membro da unidade familiar.
 
 
    Máis información na Casa da Xuventude.-
 
 

 

lunes, 14 de octubre de 2013

Acordos Consello Escolar- 9 Outubro-2013


 

INFORMACIÓN CONSELLO ESCOLAR

9 de OUTUBRO -2013

 

    Información do Consello Escolar celebrado este pasado mércores, 9 de Outubro-2013 ás 12, 10 horas na Sala de Xuntas do IES Sofía Casanova.
     

      1 .- Aprobación do proxecto do Plan de lectura.-

 
      2 .- Elección de días non lectivos.-

 
     3 .- Aprobación do Comunicado sobre o Tanque de Tormentas.-

 

Punto 1 .- Aprobamos o Plan de Lectura.-

 
   Plan aprobado pola Xunta de Galicia con 700 € para material e llibros.

 Plan de Lectura para Adultos, que se presentará o vindeiro día 29 de Outubro dirixido a todas as familias e comunidade educativa do centro coa colaboración e a propia ANPA Sofía Casanova.

 
Plan Xuvenil que comezou o 8 de Outubro.

 
            Organizado por profes do centro de recibirá o apoio de tod@s e a   
         colaboración e publicidade da  ANPA.

 
Punto 2 .- Aprobamos como días NON lectivos o día 2 de Maio e 28 de Febreiro.

  

Punto 3 .- Aprobamos o envío dun Comunicado do CE a prensa co fin de rexeitar a ubicación do Tanque de Tormentas no Parque Infantil deste Parque Pablo Iglesias.

 
    
        Ferrol, a 9 de Outubro de 2013.-

 

            

Informacións Consello Escolar- 26 Set-2013


        
Informacións CONSELLO ESCOLAR
                                                                 -26 Setembro-2013-

 

A nova dirección presenta a programación escolar a este Consello Escolar, trala xubilación do anterior director –Juan Silvar-.

Recibimos unha delegación de tres membros da Comisión de Medio ambiente da A.V. Pilar para explicar as súas demandas pola construción dun Tanque de Tormentas no Parque Pablo Igesias, que afecta ao parque infantil.

Traen datos técnicos sobre o Saneamento da Ría de Ferrol e expresan a inconveniencia da ubicación deste tanque. Despois dun largo debate e explicacións, acordamos facer un comunicado a este respecto co fin de expresar as nosas reivindicacións.


-              INFORMACIÓNS da DIRECCIÓN.-

 A nova directora informa da situación actual do Salón de Actos polo desprendimentos do teito, ante o cal a Unidade Técnica da Consellaría de Educación ten o compromiso de facer un cambio da cuberta e os arranxos necesarios a partir do vindeiro mes de Xaneiro.

Aconsellase facer un seguimento do Concurso público das empresas e obras.

Informa do Plan de mellora Biblioteca escolar por parte da Xunta de Galicia.

Club de lectura adultos.

-              Organización actos 50º Aniversario deste Instituto Sofía Casanova.

-              Informacións de diferentes planos alumnado de carácter ambiental, social, consumo..etc.

-              Atención o Plan xeral Diversidade ou alumnado de Altas capacidades e atención autoestima.

-              Plano actuación Normalización lingüística.
      
         -       Planos estudos Mat., Ciencias Sociais, Tecn., F y Q
 
-              1/3 linguas extranxeiras, Ingés, Francés,

Fomento da lectura.

-              Plano de Convivencia – Desenvolver un Regulamento Réxime Interno,  conforme a nova Lei Convivencia.

-       Saídas do alumnado das instalacións- Permisos saídas BACH. polo CE.

-              Autorización familiar para saír do centro en caso de non haber profes nas clases de última hora.

-              Non se pode saír das instalacións nos recreos, agás permisos.

-              Plano da TIC,s.

-              Participación Comunidade Educativa.

-              Excursións 4º ESO .

-              Regular as excursións coa aprobación das familias e visto bo deste Consello Escolar do lugar a visitar, en clara alusión das visitas a Salou. Procura de ir profesores/as, ademais dos monitores a estas excursións.

-              Reunión para redactar o futuro Regulamento de Convivencia.

-              Reunión específica con titores/as de 1º e 2º Cursos.

-              Comentamos que os Deberes non son excesivos.

  

        Ferrol, a 26 de Setembro de 2013.

 

CLUB DE LECTURA.-


 

NOME DO CLUB DE LECTURA :  CLUB DE LECTURA SOFÍA CASANOVA

 

BREVE HISTORIA:  O noso centro xa leva tres cursos participando na convocatoria de Clubs de Lectura con grande implicación de profesorado e alumnado. No primeiro curso tivemos cinco Clubs de Lectura temáticos que se reunificaron en catro ao seguinte e a un o pasado curso. Este ano imos ampliala oferta co Club de Lectura de Adultos.

FINALIDADES E A SÚA RELACIÓN CO PROXECTO LECTOR DE CENTRO E A BIBLIOTECA ESCOLAR:

O Club de Lectura naceu dende o primeiro momento como unha actividade máis do Proxecto Lector do Centro

As finalidades do noso Club de Lectura seguen a ser as mencionadas no proxecto dos cursos anteriores:

-                     Fomentar o pracer pola lectura en rapaces que xa teñen o hábito lector.

-                     Achegar á lectura a aqueles que non o teñen.

-                     Desenvolver lazos de amizade que teñan como base a común afección polos libros.

-                     Valorar as recomendacións dos rapaces fóra dos libros de lectura fixados no ámbito académico.

-                     Promover condutas de respecto ás normas de discusión e debate (quendas de palabra, crítica educada, aceptación da diversidade de pareceres…)

-                     Crear unha listaxe de libros favoritos e/ou imprescindibles e preocuparse de que sexan adquiridos para a biblioteca.

-                     Comentar e recomendar lecturas de especial interese e actualidade.

-                     Posibilitar encontros con autores de literatura xuvenil.

-                     Propoñer saídas culturais relacionadas con roteiros literarios.

ACTIVIDADES PREVISTAS:


A principal novidade deste curso é o nacemento dunha nova sección, o Club de Lectura de Adultos do Sofía que xa ten data de comezo, o 29 de outubro. Contamos con fixar o seu calendario nesta primeira xuntanza, e propoñemos que teña lugar cada último martes de cada mes. Respecto ao Club de Lectura xuvenil, botará a andar o vindeiro, 8 de outubro, e pensamos realizar as seguintes actividades:


-                     Presentación: Retomaremos o contacto tralo paréntese do verán, daremos a coñecer a experiencia dos cursos anteriores, tratando de volver a animar aos participantes veteranos e de enganchar aos novos alumnos. Incidiremos, como sempre, en que é unha actividade ao marxe das clases de linguas, que é totalmente voluntaria e que non conta para nota.

-                      Inicio: Acordaremos un calendario de reunións e un listado posible de lecturas, tendo en conta os alumnos apuntados, a súa idade, os seus gustos, a súa dispoñibilidade horaria, etc. Tamén contaremos cos libros que poden prestarnos os centros que xa teñen o seus Clubs de Lectura: IES de Fene, IES de Neda, IES de Catabois, e outros fondos ofrecidos polo banco de libros da xunta no seu blogue: http://librosaeito. blogspot.com.

-                     Encontro con algún escritor: Pretendemos organizar encontros con escritores, o que prepararemos con lecturas e exposicións dos seus libros. Xa temos contactado co Marcos Calveiro para que veña falar do seu libro: O pintor do sombreiro de malvas.

-                     Ler aos nosos maiores: Queremos iniciar una actividade que consiste en ler as persoas maiores da veciña residencia: "Abrente".

-                     Excursión de fin de curso: Gustaríanos organizar por primeira vez unha saída que estea relacionada coa lectura dun libro.

-                     Festa de despedida na biblioteca: Xa é tradicional a nostra Festa das Tartas Literarias ao final do curso. Aproveitaremos para facer o préstamo de verán.

COMPOSICIÓN E NÚMERO DE PARTICIPANTES APROXIMADO. IMPLICACIÓN DOUTRO PROFESORADO DO CENTRO.

Dinamizadores: Esperamos contar, polo menos, cos mesmos dinamizadores do pasado curso: Cristina, Ana, Dani, Laura, Emilio e Pilar.

Alumnos: Tamén esperamos contar con moitos alumnos interesados e chegar, como o ano pasado, aos 40 de todos os cursos. 

FORMA DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO: Seguiremos co formato do pasado ano que nos deu moito xogo. Cada mes propoñerase un libro para a súa lectura conxunta. O moderador será un ou dous alumnos cada sesión, de forma que moitos teñan a oportunidade de traballar as presentacións. Así se fomentará a participación e implicación dos rapaces para que aporten as súas opinións, suxestións, recomendacións de lectura. Ademais elixiremos un encargado de subir ao blog as conclusións de cada sesión.

HORARIO E CALENDARIO PREVISTO PARA AS REUNIÓNS DE CARÁCTER PRESENCIAL: Seguiremos co mesmo, os martes a medio día, logo de xantar. Como fixemos outros cursos, cando veña algún escritor reunirémonos segundo a súa axenda.

MEDIOS PREVISTOS PARA A SÚA DIFUSIÓN ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA: Aparte de "o boca a boca", entre os membros do club, do noso taboleiro de anuncios, dispoñemos do noso blog: http://bibliotecasofia.blogspot.com, da páxina web do centro: www.ies.sofiacasanova@edu.xunta.es, e da nosa revista Planeta Lingua. Contamos coa implicación do ANPA-Sofía Casanova que informará a toda a comunidade educativa.
 
    IES. Sofía Casanova.-
    Consello Escolar.-