jueves, 2 de mayo de 2013

Charla de ALCER - 30 Abril-2013.-

 
 
 
 

-CHARLA - ALCER-

 -TRANSPLANTES ÓRGANOS-

30 Abril -2013

 
Esta ANPA Sofía Casanova e o centro organizou para o alumnado de 3º da ESO a habitual charla da Asociación ALCER sobre a importancia dos transplantes de órganos neste salón de actos do IES.
 
Unha charla ampla e moi interactiva entre o alumnado e os membros da Asociación ALCER sobre a concienciación se ser doantes de órganos para as persoas enfermas que os necesitan para poder seguir con VIDA.
 
O presidente de ALCER, Rafael Rodríguez, quere que se faga mención do bo comportamento e interese do alumnado participante dos 3º cursos da ESO, durante este charla.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 



Saúdos.-

- A directiva.-


lunes, 22 de abril de 2013

Actos e charla de ALCER - MARTES -23



     Esta directiva convida a todos os soci@s e familiares desta ANPA Sofía Casanova a unha charla o vindeiro MARTES-30 a partir das 16,30 horas no Salón de Actos deste centro educativo que impartirá a Asociación ALCER en colaboración coa dirección deste IES  este acto de significado transcedental sobre os Trasplantes de Ril e outros órganos que por necesidade son necesarios para continuar vivindo... Así o explicaba o presidente de ALCER,- Rafael Rodríguez- o pasado ano nunha brillante exposición sobre a importancia de ser doantes de órganos..














 
 

 





 

 

 

 
Saúdos
 
 
 
- A directiva-

  
 


miércoles, 17 de abril de 2013

Charla - Debate sobre a LOMCE.-

 
 

 
- CHARLA -DEBATE da LOMCE -
 
 
 

 
   O Consello Escolar deste IES SOFÍA CASANOVA, organizou un debate sobre a futura Lei de Educación- LOMCE- no salón de actos cunha ampla representación de organizacións e sindicatos do ensino como Sindicato de Estudantes; CIG-Ensino; CC OO - Ensino; Fedración AMPAS  - CONFAPA- ; Nova Escola Galega. 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
   Os diferentes representantes coincidiron nos seus argumentos e conclusións para rexeitar esta Lei LOMCE do actual ministro de educación, Ministro Wert, que definiron como una lei retrógrada, clasista, sexista, confesional ..etc , a cal volve a tempos pasados e sobre todo non conta co requerido consenso dos axentes sociais, agás a patronal e a conferencia episcopal.
 
   Denunciaron o regreso das temidas reválidas en diferentes ciclos e idades por parte de examinadores externos que, ademáis, representa una desconfianza e desconsideración ao profesorado dos centros. Outras cuestión debatidas foron o adoctrinamento católico, prexuízo da educación pública, sistema de elección director/a dos centros a dedo polas administracións ou a eliminación da capacidade executiva dos Consellos Escolares.
 
 
 
 
 
 
   Os relatores explicaron as cambios nos ciclos de secundaria e bacharelato con as anunciadas probas de reválidas e os accesos á Formación Profesional de grao medio e superior.
 
 
 
 
 

 
   Para rematar o acto, houbo un intercambio de opinións por parte de profes e nais -país e a mesa de representantes sindicais onde quedou patente algunhas discrepancias sobre a UNIDADE de ACCIÓN nas mobilizacións de ensino de forma unitaria. Foi a guinda deste debate dende o respecto e as diferenzas ideolóxicas dentro das mesmas reivindicacións.
 
 
 
Saúdos
 

 
 

domingo, 14 de abril de 2013

CHARLA -LOMCE - IES SOFIA CASANOVA - MARTES-16


   O Consello Escolar deste IES Sofía Casanova vai organizar unha CHARLA INFORMATIVA sobre a prevista Lei de Educación - LOMCE - este vindeiro MARTES-16 ás 18,15 horas no salón de actos do IES SOFIA CASANOVA aberto aos profesores, estudantes e familiares.
 
   Esta ANPA Sofía Casanova convida a todas as ANPAS de Ferrolterra para poder debater esta cuetionada Lei de Mellora da educación coa presenza dos representantes dos sindicatos de ensino, ANPAS, estudantes  e comunidade educativa.
 
          Saúdos
 
 

IES SOFÍA CASANOVA

Consello Escolar

 


Organiza charla- debate
 
Futura lei educativa LOMCE

 
 
MARTES-16 ás 18,15 horas
 
Salón de Actos IES Sofía Casanova

 

Relatores;

 
Helena Gómez-Presidenta CONFAPA

Marcos  Abad–Sindicato ESTUDANTES

Tomás Miranda -  CC OO – Ensino

Antonia Martínez - CIG – Ensino

 

COLABORAN;

 

                                                                     
 
 
  

 

A Plataforma en Defensa do Ensino público llama a docentes, padres y estudiantes a secundar la huelga del 9 de mayo



Estimados compañeiros/as:
Hoxe, en Santiago, a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos en rolda de prensa informou da convocatoria de folga no ensino para o día 9 de maio, e das mobilizacións contra a LOMCE que a Plataforma ten previsto realizar NAS distintas cidades galegas nos próximos días.

Envíamosvos a nota de prensa que publicou Europa Press, e o comunicado entregado pola Plataforma ós medios de comunicación.

Un saúdo.


 

sábado, 23 de marzo de 2013

Charla - debate da Lei LOMCE

Diario de Ferrol


 

A Lomce, unha lei educativa "segregadora e clasista"

|
Actualizado 22 Marzo 2013 -
 
un momento de la mesa redonda celebrada ayer d.a.
              
 
A reforma educativa impulsada polo Ministro de Educación José Ignacio Wert, a denominada Lei para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) e que substituirá á actual LOE (aprobada en maio de 2006), topouse coa frontal oposición de gran parte da comunidade educativa. "Non hai ningún sindicato que amosara o apoio á lei, que tampouco ten o apoio dous pais. O único que a apoia é o PP, polo que é unha lei de partido, unha contrarreforma ideolóxica que tan só conta co respaldo da Conferencia Episcopal e da patronal do ensino privado".
 
Así o asegurou onte a responsable da área Pública de Ensino de CCOO, José Fortes, quen tomou parte nunha charla coloquio celebrada onte, baixo a organización do mencionado sindicato -foi convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público- no IES Concepción Arenal. Xunto a Fortes tamén interviron o responsable de ensino público de FETE-UXT, Raúl Gómez; a presidenta de Confapa Galicia, Helena Gómez; e o representante do Sindicato de Estudantes, Marcos Abad.
 
En declaracións a este xornal, Fortes cualificou a lei como "segregadora, clasista, sexista, centralizadora e privatizadora", atentando, dixo, contra a educación pública e obrigando aos mozos a tomar decisións a idades moi temperás. Trátase dunha norma, dixo, que "vai configurar unha rede de centros que segregan por sexo con fondos públicos" e que diminúe a competencia das comunidades autónomas na definición dos contidos. Nos mesmos termos expresouse Marcos Abad, quen destacou o efecto que as mobilizacións emprendidas polos estudantes, a través da convocatoria de dúas folgas desde outubro pasado, tiveron á hora de atrasar a aplicación dunha lei que, a diferenza do que se empeña en defender o goberno, non conta co consenso da comunidade educativa, sinalou.
                                         
 

Pagamento comedores.-

 
         Feijoo di que o novo pagamento de comedores é máis equitativo

A Xunta xustifica a subida dos menús na creación de novas prazas

 
 
Feijoo cargou contra as «disfuncións» do copago que o bipartito implantou nos comedores.
          
O presidente da Xunta baleirouse onte na defensa do novo modelo de xestión que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proxecta implantar desde o próximo curso na súa rede de comedores escolares, que nestes momentos integran 409 con capacidade para 57.680 persoas. Devanditos cambios, que encarecerán un 40,6 % o prezo máximo por menú (de 3,2 a 4,5 euros) e estenderán o copago do 8,2 ao 43,3 % dos usuarios totais, adóptanse, segundo Alberto Núñez Feijoo, por razóns de «equidade e xustiza social», así como co obxectivo de poder crear 9.125 novas prazas de comensal desde agora ata o 2017.
 
En comparecencia ante os medios tras o Consello da Xunta, o xefe do Executivo autónomo sostivo que, «evidentemente», estas modificacións non poden considerarse un recorte no sector. Ao contrario, argüiu, efectúanse co ánimo de mellorar a carteira de prestacións «nas lexislaturas da crise». Miles de familias «que tiñan que abonar 5 e 6 euros se querían xantar nun comedor privado ou nin sequera tiñan esa posibilidade» quedarán baixo o paraugas da rede pública, mercé á súa ampliación.
O mandatario popular estima oportuno acabar coas «disfuncións» do sistema hoxe en vigor, o cal, ideado polo bipartito, exime de pasar por caixa por xantar a todos aqueles alumnos adscritos ao transporte escolar, con independencia de canto gañen os seus proxenitores. «Que en época de crise económica, de paro enorme, se siga financiando co diñeiro dos parados e co das persoas que teñen moitas dificultades o comedor de xente que ten traballo e que pode pagalo eu non o comparto», resumiu a súa postura.
 
Por iso é polo que o seu Gabinete opte por pór en marcha dentro duns seis meses un método en virtude do cal os beneficiarios do servizo deberán custearse as comidas de acordo coas rendas do fogar, excluíndo deses desembolsos aos estudantes residentes en casas con ingresos por cabeza inferiores a 7.000 euros anuais. Así, segundo datos oficiais, a un 56,7 % dos usuarios o menú sairalles a custo cero; a un 10,9, por un euro; a un 8,4, por 2,5; e ao 24 restante, por 4,5. «Non cobramos aos que o necesitan -sentenciou Feijoo- e si a aqueles que poden pagar».
 
Todo iso permitirá á consellería incrementar considerablemente a súa recadación por este concepto, desde os 1,5 millóns por exercicio actuais ata unha cantidade que o responsable do departamento, Jesús Vázquez, afirma descoñecer aínda. Aplicando as novas táboas de tarifas e as pinzas de renda estimadas facilitadas pola propia Xunta, se colige que dita suma non debería afastarse moito dos 13 millóns para unha comunidade de 58.000 usuarios. Para unha de 67.000, con eses mesmos parámetros, ascendería ata os 15,2, aproximadamente.
 
A estes números non aludiu onte o presidente da Xunta na súa rolda de prensa. Tampouco aos incrementos de matrículas recentemente aprobados para os conservatorios musicais e as escolas deportivas, artísticas e de idiomas, que van do 29 ao 55 %, tras haber estado conxelados desde o 2006. Preferiu destacar que Galicia «é a comunidade coas taxas universitarias máis baixas de España» e coa «rede de transporte escolar gratuíto máis ampla» do país.
 
La Voz de Galicia.-
 

Copagamento comedores

copago na educación:
 
          Os pais, indignados: «As familias ímolo sufrir»

Algúns pais con fillos en centros públicos

xa pagan 80 euros ao mes.

  Indignación e enfado. Eran onte os dous sentimentos máis comúns entre os pais de alumnos do colexio de infantil e primaria das Mercedes, en pleno centro da capital ourensá, ao ser preguntados pola súa opinión sobre a decisión da Xunta de subir os prezos dos comedores, un servizo que para moitos deles é esencial.
«Sempre estamos os mesmos pagando a crise», aseguraba Casiano Vázquez, que cre que as institucións nunca deberían buscar o aforro en asuntos como o da educación. «As familias ímolo sufrir moito», advirte. Na mesma liña, Reyes García, lamenta que un servizo polo que ela xa paga mensualmente 80 euros, poida volver incrementarse de cara ao novo curso. Critica, así mesmo, que existan diferenzas entre uns centros e outros. «Hai comedores que están subvencionados pola Xunta e outros non. De feito neste, que non ten nin cociña, os nenos teñen un servizo de cátering e estamos a pagar bastante diñeiro ao mes por cada un dos nosos fillos», explica, constatando o esforzo que iso pode supor: «Se tes dous fillos é moito diñeiro e iso, ao final, vai limitar o poder conciliar a vida laboral coa familiar. Paréceme que se hai diñeiro para outras cousas, debería tamén habelo para asegurar a educación dos nosos fillos e o futuro deste país e, sobre todo, para axudar ás familias para que as cousas sexan máis levadías».

«É un custo inasumible»
 
  Quen tivo que redobrar esforzos para conciliar vida laboral e familiar é outra nai que onte, ás dúas da tarde, acudía ao centro para recoller á súa filla. Durante anos utilizou o servizo de comedor pero a última subida de prezos fíxoa desistir. «Eu deixei de utilizalo porque xa o ano pasado subiron os prezos. Tes dous fillos e chega un momento no que é un custo inasumible, no que xa non se pode. Agora teño que vir correndo do traballo para recollelos e darlles a comida en casa. É inxusto todo isto, sobre todo coa que está a caer. Imaxínome que o que queren é terminar cos comedores, para non ter que dar o servizo», afirma.
  Por contra, no outro extremo de Galicia, os alumnos do colexio Eugenio López de Cee (A Coruña) onte volveron gozar do servizo de comedor tal como fan cada día, totalmente alleos ás posibles reformas que pretende introducir a Administración. Nin sequera o director, Manuel Canosa, ten outros detalles respecto diso «máis que o que saíu na Voz».

Control de provedores -
 
  O seu é un centro no que o asunto das comidas marcha sen problemas co actual sistema. Teñen moitos anos de experiencia na súa xestión e incluso pechan o ano con superávit. «O que nos dá a Xunta para comedor, que leva incluídos os produtos de limpeza, menaxe e todo iso chéganos sen problema. Nós o que facemos é controlar os prezos dos provedores e esixirlles que traian produtos de calidade», engade Canosa, que ve como xantan no centro cada día 280 dos 405 alumnos, de entre 3 e 12 anos.
  Os menús, que reciben os pais a principio de cada mes inclúen unha proporción equilibrada de todos os grupos de alimentos e sábeno ben os escolares, aos que se lles pode pasar por alto a quenda das lentellas pero recordan perfectamente as veces que toca pizza e, sobre todo, os días que, como esta semana, hai xeado de sobremesa.
  Os alumnos de quinto e sexto encárganse do servizo xunto a algunhas nais que do mesmo xeito que o resto está encantadas co comedor que teñen e non queren perdelo, como explica a presidenta do ANPA, Montse Canosa. «Podemos dicir que é excelente. De feito non hai máis nenos porque non dan as prazas. Esperemos que isto só sexa un globo sonda para ver como reacciona a xente», asegura Canosa que confía en que Educación dea marcha atrás coas subidas porque poderían afectar especialmente a quen teñen varios fillos. «Non sabemos o que vai pasar, pero imaxino que se isto segue así, haberá mobilizacións e nós estaremos aí para apoiar no que se poida», conclúe a presidenta do ANPA.
 
La Voz de Galicia.-
 


miércoles, 13 de febrero de 2013

Concent. contra a LOMC(Lei Wert)-

 

Foto concentracion dia 7 febrero na Praza de España -Amada García- convocada polo Sindicato de Estudantes contra a reforma educación -LOMC -
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 






 

Prensa - Mobilizacion Estudantes Ferrol


Educación

Protesta de estudantes en Ferrol contra a reforma de Wert

Decenas de mozas concentráronse ante o edificio da Xunta

Escrito por:
Ferrol 06 de febreiro de 2013 12:54GMT
 
  • Ángel MansoÁngel Manso
  • Ángel MansoÁngel Manso
Varias decenas de estudantes manifestáronse esta mañá en Ferrol en contra da reforma educativa do ministro Wert.
A marcha partiu do edificio da Xunta, onde un portavoz do Sindicato de Estudantes animou a todos os cidadáns, non só estudantes, a participar nesta protesta.
Mañá prevese a presenza de novos piquetes informativos nos centros e a folga, afirmou, está a ter un elevado seguimento.

- La Voz de Galicia.-
 
 

Apoio da Plataforma Defensa Ensino Publico Galicia

lunes, 28 de enero de 2013

Convocatoria - Concent. contra a LOMCE (Lei Wert)- 31 Xan.

 
 
 

Adxuntamos convocatoria gráfica da concentración en Ferrol en contra da LOMCE (Lei Wert). para o vindeiro día 31 as 19,30 h na  Praza de España- Edif. Administ. Xunta de Galicia.
Por si considerades oportuno participar desta concentración en defensa dunha lei educativa de calidade.
 

 

Saúdos

viernes, 18 de enero de 2013

Figura navideña- material reciclado.

 
Unha socia envia esta foto que indica un exercicio de reciclaxe.

 Saúdos
 

Recortes ensino

 
 

   Educación recorta un 15 % a partida de axudas aos libros de texto.
 
Jesús Vázquez recoñece que en tres anos reducíronse 1.276 profesores. Anuncia a convocatoria de máis de 200 prazas para profesorado de infantil e primaria
 
 
 
Elisa Álvarez
Santiago 14 de xaneiro de 2013.

 
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, admitiu hoxe que o número de xubilacións non cubertas ascende este curso a 369, o que sumado ao descenso de profesorado dos últimos dous cursos supón unha diminución de 1.276 profesores en tres anos.
Vázquez asegura que o aumento do horario lectivo, a diminución de liberados sindicais e a non cobertura dalgunhas xubilacións permitiron que este descenso non afecte á atención dos alumnos.
 
Nunha comparecencia para explicar os orzamentos do seu departamento no Parlamento, o conselleiro anunciou ademais a convocatoria de oposicións en 2013 para o profesorado de infantil e primaria que superará as 200 prazas.
 
Un dos descensos máis rechamantes este ano será o das axudas para que as familias con rendas máis baixas adquiran libros de texto, que cae un 15 %, pasando de 15,1 a 12,7 millóns nun ano.
 Vázquez apuntou á posibilidade de facer un axuste orzamentario neste capítulo para atender ás solicitudes se non é suficiente.
 
La Voz de Galicia.-
 

lunes, 24 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS E ANINOVO-2013

 
A ANPA Sofía Casanova desexa unhas
 
 
FELICES FESTAS
 
MELLOR EDUCATIVO ANINOVO-2013
 
 
 

 
Postais normalización lingüística.-
 
 
 
 

 
 
 Árbore ecolóxica.-

martes, 18 de diciembre de 2012

Mobilizacion contra reforma educativa.-

 
Protesta ante a reforma educativa
do Goberno
 


Varios centos de persoas secundaron onte en Ferrol a concentración convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público para amosar o total rexeitamento ao anteproxecto da Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) proposta polo ministro de Educación, José Ignacio Wert.

  A mobilización, desenvolvida diante do instituto Sofía Casanova, enmarcouse na xornada de protestas desenvolvidas a nivel estatal para esixir a retirada do terceiro documento que sobre a nova reforma o ministro Wert presentou hai uns días no marco da Conferencia Sectorial de Educación.
 
Unha proposta na que se manteñen, segundo a devandita plataforma, "aspectos do anterior borrador respecto dunha ESO segregadora, que deprecia a FP, introduce un modelo de avaliación como carreira de obstáculos, implanta a autonomía da competitividade, dá un salto atrás na xestión democrática dos centros educativos, aposta pola escola segregadora e retrocede na educación en valores".
Así se recolle no manifesto elaborado para a xornada de onte pola Plataforma en Defensa do Ensino Público –integrada por CCOO, UGT, CSI-F, Confapa, Sindicato de Estudantes e Escola Viva–, ao que onte deron lectura, nas diferentes cidades galegas, membros da Confederación Gallega de Anpas de Centros Públicos.
A súa presidenta, Elena Gómez, responsable tamén da Federación Provincial de Anpas da Coruña, foi a encargada de facelo en Ferrol, onde, entre outras cuestións, denunciou a "exclusión" que das familias fai a nova reforma educativa a nivel de participación ao desaparecer a súa representatividade no Consello Escolar. "Los padres nos vemos excluidos de la comunidad educativa", comentou onte a presidenta de Confapa, quen ademais lamentou que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, non accedese ata o momento á entrevista solicitada desde a Plataforma para facerlle chegar tanto a el como ao ministro Wert as propostas deste colectivo para garantir unha educación pública de calidade.

"ninguneada"
Iso foi, precisamente, unha da cuestións que onte se defenderon nas diferentes concentracións, unha educación pública que coa actual política estatal se está a ver "ninguneada e falta de recursos", xa que "se está a favorecer claramente á educación dos centros concertados", engadiu Gómez.
Desde a Plataforma instouse ao Ministerio de Educación a facer unha lei que "non sexa dun, senón de todos", referíndose á reforma educativa, que entre outras cuestións propón unha materia alternativa á de Relixión, como "unha reforma ideolóxica e elitista".
 
Diario de Ferrol.-
 
 

jueves, 13 de diciembre de 2012

Concentración fronte Sofía Casanova.-

 
 
 
A Plataforma en defensa do Ensino Público, realizou este xoves, 13 de decembro, unha serie de mobilizacións no ámbito estatal e autonómico en protesta pola nova Lei da Reforma Educativa do ministro Wert.
É necesaria a mobilización contra unha lei segregadora e clasista que retrotrae o noso sintema educativoa hai trinta anos.
Participamos nesta concentración fronte ó IES Sofía Casanova de Ferrol o XOVES-13 ás 19:00 horas da tarde, varias asociacións de ANPAS, mestres e profesores, sindicatos e a comunidade educativa.
 
Xustificaron a súa ausencia a directiva da Federación de ANPAS de Ferrolterra.
 
 
 
 Saúdos

 

martes, 11 de diciembre de 2012

Últimos días solidarios.-

 
 
 
 
DOAZÓN ALIMENTOS
 
ÚLTIMOS DÍAS
 
 
 
A doazón de alimentos está marchando a moi bo ritmo nestes últimas días de solidariedade coas familias en precario.
 
A nosa comunidade educativa do Sofía Casanova está sendo bastante participativa, polo que podemos dicir que levamos ¡7 CAIXAS de alimentos!
Animamos a continuar a labor con esta causa solidaria...
 
 
 
 
 
 



Saúdos


 

domingo, 9 de diciembre de 2012

CONSELLO ESCOLAR - CONSTITUCIÓN.-

 
 
 
CONSELLO ESCOLAR
 
 

Informamos que vaise constituír o novo Consello Escolar do IES Sofía Casanova o vindeiro MARTES-11 a raíz do pasado proceso electoral de alumnxs, profesores e pais-nais.
 
A dirección nos informa dun proceso electoral exemplar do alumnado o cal valoramos como moi positivo e responsable.
 
Esta ANPA intentou impulsar un proceso electoral de nais e pais máis plural que ao final foi escaso cunha única candidatura. Trataremos de animar e impulsar máis candidaturas para as vindeiras eleccións. 
 
Esta ANPA ten unha representante directa neste Consello Escolar, nomeada na pasada Asemblea e que será quen levará os acordos desta asociación. 
 
Neste primeiro Consello Escolar vaise constituír o propio Consello Escolar e a Comisión de Economía do Centro, designar os membros da Comisión de Igualdade e renovación ou non do Observatorio da Convivencia Escolar.
 
Calquera suxestión ou aportación vosa neste senso, será recibida pola directiva para a súa valoración.
 
 
 
 
 
 





 

ALIMENTOS - XOGUETES

 
 
 
ALIMENTOS E XOGUETES
 
 
Lembramos que continuamos a bo ritmo a recollida de alimentos para familias con fillos pequenos/as con problemas de falta de recursos polas consecuencias e circunstancias derivadas da actual crise económica.  
 
 
Animamos as familiar con recursos que fagan un exercicio de solidariedade e entreguen alimentos dirixidos a nenos e nenas pequenas, depositandolos no carro solidario da entrada do centro, fronte a oficina da secretaría.
 
Esta ANPA desexa para estas familias máis xustiza social co fin de recuperar os seus empregos e recursos propios para vivir.
 
 
Saúdos
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 



Esta Asociación vos informa que todas as persoas que estean interesadas en colaborar na entrega de XOGUETES para nenos e nenas desta cidade de Ferrol, poden facelo na antiga Pastelaría SUIZA, sita Rua Real.





Os horarios de entrega son :
SÁBADOS - de 10, 30 h a 13,30 horas
DOMINGOS - de 11,30 h a 13,30 horas.
Saúdos
- A directiva .-
 

Punto limpo e reciclaxe.-

 
 
 
 
 
PUNTO LIMPO INSTITUTO
 
 
Lembramos da disposición dun PUNTO LIMPO  na entrada de noso Instituto Sofía Casanova para depositar nestes contenedores Papel, Pilas, Cartuchos e Toner das impresoras..etc.
 
Debemos concienciarnos as familias e o alumnado na tarefa da reciclaxe que requiren os nosos aparellos tecnolóxicos.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 










Saúdos
 

miércoles, 28 de noviembre de 2012

DOAZÓNS ALIMENTARIA - COCIÑA ECONOMICA.-





 
ALIMENTOS COCIÑA ECONÓMICA
3 ao 14 decembro


 
 
Esta ANPA Sofía Casanova vai recoller alimentos non perecederos dende o vindeiro LUNS, día 3 de decembro até o Venres, día 14 de decembro.
 
Estes alimentos serán destinados a familias de tipo envasados, paquetes,  potitos, chocolates, lácteos, papillas, cereales, etc.
 
Pedimos a colaboración de toda a nosa comunidade educativa do IES Sofía Casanova para facer entrega destes alimentos non perecederos nun carro sito na entrada do centro con destino a Cociña Económica.
 
 
Esperamos as doazóns de alimentos como un acto de solidariedade que todos entendemos, polo que sobra decir máis comentarios e explicacións ao respecto.
 
Queremos darvos as grazas anticipadas pola vosa comprensión e solidariedade.



- A directiva.-

Ditame do TSXG



        O punto do decreto do plurilingüismo que a Constitución tombou.

    O ditame do TSXG sobre o decreto do plurilingüismo di que a consulta vinculante aos pais vulnera a configuración do dereito fundamental á educación que recolle o artigo 27.5 da Carta Magna

 la voz 25 de novembro de 2012               
A sentenza que anula dúas dos puntos máis polémicos do decreto do plurilingüismo asegura que a Constitución recoñece aos pais unha esfera de elección na formación relixiosa e moral. Pero nada di de que os seus fillos reciban educación na lingua que prefiren.
Semellanza coa lei | Aconsellable, pero non ilegal. Varios dos puntos recorridos pola Mesa, a CIG e Queremos Galego refírense a que o decreto non é fiel á Lei de Normalización Lingüística de 1983. Díxoo o Consello Consultivo no seu informe e dino os demandantes, en aspectos como falar de dinamización lingüística e non de normalización. Recoñece a sentenza que pode ser aconsellable, pero non facelo tampouco é ilegal.
Pregunta determinante | Función de Educación. A sentenza asegura que dar carácter determinante á consulta aos familiares para fixar a lingua materna predominante «vulnera a configuración do dereito fundamental á educación» que recolle o artigo 27.5 da Constitución. Se o profesor usa na aula a lingua resultado da pregunta aos proxenitores está a darse unha «abdicación da potestade de ordenación xeral do ensino». E é que o dereito á educación que recolle a Constitución en ningún momento implica que estea condicionado pola opción que teñen os interesados, neste caso os pais, pola lingua docente. De feito, a Carta Magna só recoñece esta opción no caso da formación relixiosa ou moral, pero non na lingua. Isto non quere dicir que os pais non teñan dereito a opinar. No decreto do bipartito, por exemplo, o idioma a usar era unha decisión do claustro, pero tendo en conta o mapa sociolingüístico de Galicia, os datos estatísticos oficiais e a información dos pais.
Liberdade de elixir idioma | Só na universidade. O segundo punto anulado polo Tribunal Superior de Galicia é a liberdade para que o alumno se exprese de forma oral e escrita na lingua oficial que prefira, un dereito que si resulta xustificado no nivel universitario. Non así no ensino obrigatorio, e o TSXG esgrime unha tripla perspectiva para declaralo inválido. A primeira é que a Lei de Normalización di que o galego será con carácter xeral o vehículo de comunicación no ensino, algo que vai en contra do feito de que o alumno fale no idioma que prefira. O segundo motivo é que a lingua no ensino non é algo que estea condicionado pola liberdade de opción do interesado; e o terceiro porque vai en contra novamente da Lei de Normalización, que obriga ao fomento progresivo do galego no ensino.
Plan de normalización | Non vinculante. A pesar de ser aprobado por unanimidade no Parlamento galego, o TSXG considera que ao non ter rango de lei, non pode darse a este plan un valor normativo.

La Voz Galicia.-


 

Informe seguimento da Folga Xeral.



 
dirección deste IES Sofía Casanova comunica que non houbo incidencias durante a Folga Xeral e foi secundada por case a totalidade do alumnado.

Di a dirección que a folga transcurríu no centro de acordo cos servizos mínimos indicados pola normativa.
Os datos concretos son de 25 dun total de 525.
 
Profesorado pararon 17 de 68 .
 
Persoal non docente pararon 7 de 10.
O día transcurríu sen incidentes, agás a visita informativa da CIG que abandonou o centro tras un diálogo.
O alumnado presente foi atendido polo profesorado.