Foto concentracion dia 7 febrero na Praza de España -Amada García- convocada polo Sindicato de Estudantes contra a reforma educación -LOMC -
miércoles, 13 de febrero de 2013
Concent. contra a LOMC(Lei Wert)-
Foto concentracion dia 7 febrero na Praza de España -Amada García- convocada polo Sindicato de Estudantes contra a reforma educación -LOMC -
Prensa - Mobilizacion Estudantes Ferrol
Protesta de estudantes en Ferrol contra a reforma de Wert
Decenas de mozas concentráronse ante o edificio da Xunta
Escrito por:
Ferrol 06 de febreiro de 2013 12:54GMT
Ángel Manso
Ángel Manso
Varias decenas de estudantes manifestáronse esta mañá en Ferrol en contra da reforma educativa do ministro Wert.
A marcha partiu do edificio da Xunta, onde un portavoz do Sindicato de Estudantes animou a todos os cidadáns, non só estudantes, a participar nesta protesta.
Mañá prevese a presenza de novos piquetes informativos nos centros e a folga, afirmou, está a ter un elevado seguimento.
A marcha partiu do edificio da Xunta, onde un portavoz do Sindicato de Estudantes animou a todos os cidadáns, non só estudantes, a participar nesta protesta.
Mañá prevese a presenza de novos piquetes informativos nos centros e a folga, afirmou, está a ter un elevado seguimento.
- La Voz de Galicia.-
lunes, 28 de enero de 2013
Convocatoria - Concent. contra a LOMCE (Lei Wert)- 31 Xan.
Adxuntamos convocatoria gráfica da concentración en Ferrol en contra da LOMCE (Lei Wert). para o vindeiro día 31 as 19,30 h na Praza de España- Edif. Administ. Xunta de Galicia.
Por si considerades oportuno participar desta concentración en defensa dunha lei educativa de calidade.
Saúdos
martes, 22 de enero de 2013
viernes, 18 de enero de 2013
Recortes ensino
Educación recorta un 15 % a partida de axudas aos libros de texto.
Jesús Vázquez recoñece que en tres anos reducíronse 1.276 profesores. Anuncia a convocatoria de máis de 200 prazas para profesorado de infantil e primaria
Elisa Álvarez
Santiago 14 de xaneiro de 2013.
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, admitiu hoxe que o número de xubilacións non cubertas ascende este curso a 369, o que sumado ao descenso de profesorado dos últimos dous cursos supón unha diminución de 1.276 profesores en tres anos.
Vázquez asegura que o aumento do horario lectivo, a diminución de liberados sindicais e a non cobertura dalgunhas xubilacións permitiron que este descenso non afecte á atención dos alumnos.
Nunha comparecencia para explicar os orzamentos do seu departamento no Parlamento, o conselleiro anunciou ademais a convocatoria de oposicións en 2013 para o profesorado de infantil e primaria que superará as 200 prazas.
Un dos descensos máis rechamantes este ano será o das axudas para que as familias con rendas máis baixas adquiran libros de texto, que cae un 15 %, pasando de 15,1 a 12,7 millóns nun ano.
Vázquez apuntou á posibilidade de facer un axuste orzamentario neste capítulo para atender ás solicitudes se non é suficiente.
La Voz de Galicia.-
lunes, 24 de diciembre de 2012
FELICES FESTAS E ANINOVO-2013
A ANPA Sofía Casanova desexa unhas
FELICES FESTAS
MELLOR EDUCATIVO ANINOVO-2013
Postais normalización lingüística.-
Árbore ecolóxica.-
martes, 18 de diciembre de 2012
Mobilizacion contra reforma educativa.-
Protesta ante a reforma educativa
do Goberno
Viernes, 14 de Diciembre de 2012.
Varios centos de persoas secundaron onte en Ferrol a concentración convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Público para amosar o total rexeitamento ao anteproxecto da Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) proposta polo ministro de Educación, José Ignacio Wert.
A mobilización, desenvolvida diante do instituto Sofía Casanova, enmarcouse na xornada de protestas desenvolvidas a nivel estatal para esixir a retirada do terceiro documento que sobre a nova reforma o ministro Wert presentou hai uns días no marco da Conferencia Sectorial de Educación.
Unha proposta na que se manteñen, segundo a devandita plataforma, "aspectos do anterior borrador respecto dunha ESO segregadora, que deprecia a FP, introduce un modelo de avaliación como carreira de obstáculos, implanta a autonomía da competitividade, dá un salto atrás na xestión democrática dos centros educativos, aposta pola escola segregadora e retrocede na educación en valores".
Así se recolle no manifesto elaborado para a xornada de onte pola Plataforma en Defensa do Ensino Público –integrada por CCOO, UGT, CSI-F, Confapa, Sindicato de Estudantes e Escola Viva–, ao que onte deron lectura, nas diferentes cidades galegas, membros da Confederación Gallega de Anpas de Centros Públicos.
A súa presidenta, Elena Gómez, responsable tamén da Federación Provincial de Anpas da Coruña, foi a encargada de facelo en Ferrol, onde, entre outras cuestións, denunciou a "exclusión" que das familias fai a nova reforma educativa a nivel de participación ao desaparecer a súa representatividade no Consello Escolar. "Los padres nos vemos excluidos de la comunidad educativa", comentou onte a presidenta de Confapa, quen ademais lamentou que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, non accedese ata o momento á entrevista solicitada desde a Plataforma para facerlle chegar tanto a el como ao ministro Wert as propostas deste colectivo para garantir unha educación pública de calidade.
"ninguneada"
Iso foi, precisamente, unha da cuestións que onte se defenderon nas diferentes concentracións, unha educación pública que coa actual política estatal se está a ver "ninguneada e falta de recursos", xa que "se está a favorecer claramente á educación dos centros concertados", engadiu Gómez.
Desde a Plataforma instouse ao Ministerio de Educación a facer unha lei que "non sexa dun, senón de todos", referíndose á reforma educativa, que entre outras cuestións propón unha materia alternativa á de Relixión, como "unha reforma ideolóxica e elitista".
Así se recolle no manifesto elaborado para a xornada de onte pola Plataforma en Defensa do Ensino Público –integrada por CCOO, UGT, CSI-F, Confapa, Sindicato de Estudantes e Escola Viva–, ao que onte deron lectura, nas diferentes cidades galegas, membros da Confederación Gallega de Anpas de Centros Públicos.A súa presidenta, Elena Gómez, responsable tamén da Federación Provincial de Anpas da Coruña, foi a encargada de facelo en Ferrol, onde, entre outras cuestións, denunciou a "exclusión" que das familias fai a nova reforma educativa a nivel de participación ao desaparecer a súa representatividade no Consello Escolar. "Los padres nos vemos excluidos de la comunidad educativa", comentou onte a presidenta de Confapa, quen ademais lamentou que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, non accedese ata o momento á entrevista solicitada desde a Plataforma para facerlle chegar tanto a el como ao ministro Wert as propostas deste colectivo para garantir unha educación pública de calidade.
"ninguneada"
Iso foi, precisamente, unha da cuestións que onte se defenderon nas diferentes concentracións, unha educación pública que coa actual política estatal se está a ver "ninguneada e falta de recursos", xa que "se está a favorecer claramente á educación dos centros concertados", engadiu Gómez.
Desde a Plataforma instouse ao Ministerio de Educación a facer unha lei que "non sexa dun, senón de todos", referíndose á reforma educativa, que entre outras cuestións propón unha materia alternativa á de Relixión, como "unha reforma ideolóxica e elitista".
Diario de Ferrol.-
jueves, 13 de diciembre de 2012
Concentración fronte Sofía Casanova.-
A Plataforma en defensa do Ensino Público, realizou este xoves, 13 de decembro, unha serie de mobilizacións no ámbito estatal e autonómico en protesta pola nova Lei da Reforma Educativa do ministro Wert.
É necesaria a mobilización contra unha lei segregadora e clasista que retrotrae o noso sintema educativoa hai trinta anos.
Participamos nesta concentración fronte ó IES Sofía Casanova de Ferrol o XOVES-13 ás 19:00 horas da tarde, varias asociacións de ANPAS, mestres e profesores, sindicatos e a comunidade educativa.
Xustificaron a súa ausencia a directiva da Federación de ANPAS de Ferrolterra.
Saúdos
martes, 11 de diciembre de 2012
Últimos días solidarios.-
DOAZÓN ALIMENTOS
ÚLTIMOS DÍAS
A doazón de alimentos está marchando a moi bo ritmo nestes últimas días de solidariedade coas familias en precario.
A nosa comunidade educativa do Sofía Casanova está sendo bastante participativa, polo que podemos dicir que levamos ¡7 CAIXAS de alimentos!
Animamos a continuar a labor con esta causa solidaria...
Saúdos
domingo, 9 de diciembre de 2012
CONSELLO ESCOLAR - CONSTITUCIÓN.-
CONSELLO ESCOLAR
Informamos que vaise constituír o novo Consello Escolar do IES Sofía Casanova o vindeiro MARTES-11 a raíz do pasado proceso electoral de alumnxs, profesores e pais-nais.
A dirección nos informa dun proceso electoral exemplar do alumnado o cal valoramos como moi positivo e responsable.
Esta ANPA intentou impulsar un proceso electoral de nais e pais máis plural que ao final foi escaso cunha única candidatura. Trataremos de animar e impulsar máis candidaturas para as vindeiras eleccións.
Esta ANPA ten unha representante directa neste Consello Escolar, nomeada na pasada Asemblea e que será quen levará os acordos desta asociación.
Neste primeiro Consello Escolar vaise constituír o propio Consello Escolar e a Comisión de Economía do Centro, designar os membros da Comisión de Igualdade e renovación ou non do Observatorio da Convivencia Escolar.
Calquera suxestión ou aportación vosa neste senso, será recibida pola directiva para a súa valoración.

ALIMENTOS - XOGUETES
ALIMENTOS E XOGUETES
Lembramos que continuamos a bo ritmo a recollida de alimentos para familias con fillos pequenos/as con problemas de falta de recursos polas consecuencias e circunstancias derivadas da actual crise económica.
Animamos as familiar con recursos que fagan un exercicio de solidariedade e entreguen alimentos dirixidos a nenos e nenas pequenas, depositandolos no carro solidario da entrada do centro, fronte a oficina da secretaría.
Esta ANPA desexa para estas familias máis xustiza social co fin de recuperar os seus empregos e recursos propios para vivir.
Saúdos
Esta Asociación vos informa que todas as persoas que estean interesadas en colaborar na entrega de XOGUETES para nenos e nenas desta cidade de Ferrol, poden facelo na antiga Pastelaría SUIZA, sita Rua Real.
Os horarios de entrega son :
SÁBADOS - de 10, 30 h a 13,30 horas
DOMINGOS - de 11,30 h a 13,30 horas.
Saúdos
- A directiva .-
Punto limpo e reciclaxe.-
PUNTO LIMPO INSTITUTO
Lembramos da disposición dun PUNTO LIMPO na entrada de noso Instituto Sofía Casanova para depositar nestes contenedores Papel, Pilas, Cartuchos e Toner das impresoras..etc.
Debemos concienciarnos as familias e o alumnado na tarefa da reciclaxe que requiren os nosos aparellos tecnolóxicos.

Saúdos
miércoles, 28 de noviembre de 2012
DOAZÓNS ALIMENTARIA - COCIÑA ECONOMICA.-
ALIMENTOS COCIÑA ECONÓMICA
3 ao 14 decembro
Esta ANPA Sofía Casanova vai recoller alimentos non perecederos dende o vindeiro LUNS, día 3 de decembro até o Venres, día 14 de decembro.
Estes alimentos serán destinados a familias de tipo envasados, paquetes, potitos, chocolates, lácteos, papillas, cereales, etc.
Pedimos a colaboración de toda a nosa comunidade educativa do IES Sofía Casanova para facer entrega destes alimentos non perecederos nun carro sito na entrada do centro con destino a Cociña Económica.
Esperamos as doazóns de alimentos como un acto de solidariedade que todos entendemos, polo que sobra decir máis comentarios e explicacións ao respecto.
Queremos darvos as grazas anticipadas pola vosa comprensión e solidariedade.
- A directiva.-
Ditame do TSXG
O punto do decreto do plurilingüismo que a Constitución tombou.
O ditame do TSXG sobre o decreto do plurilingüismo di que a consulta vinculante aos pais vulnera a configuración do dereito fundamental á educación que recolle o artigo 27.5 da Carta Magna
la voz 25 de novembro de 2012
A sentenza que anula dúas dos puntos máis polémicos do decreto do plurilingüismo asegura que a Constitución recoñece aos pais unha esfera de elección na formación relixiosa e moral. Pero nada di de que os seus fillos reciban educación na lingua que prefiren.
Semellanza coa lei | Aconsellable, pero non ilegal. Varios dos puntos recorridos pola Mesa, a CIG e Queremos Galego refírense a que o decreto non é fiel á Lei de Normalización Lingüística de 1983. Díxoo o Consello Consultivo no seu informe e dino os demandantes, en aspectos como falar de dinamización lingüística e non de normalización. Recoñece a sentenza que pode ser aconsellable, pero non facelo tampouco é ilegal.
Pregunta determinante | Función de Educación. A sentenza asegura que dar carácter determinante á consulta aos familiares para fixar a lingua materna predominante «vulnera a configuración do dereito fundamental á educación» que recolle o artigo 27.5 da Constitución. Se o profesor usa na aula a lingua resultado da pregunta aos proxenitores está a darse unha «abdicación da potestade de ordenación xeral do ensino». E é que o dereito á educación que recolle a Constitución en ningún momento implica que estea condicionado pola opción que teñen os interesados, neste caso os pais, pola lingua docente. De feito, a Carta Magna só recoñece esta opción no caso da formación relixiosa ou moral, pero non na lingua. Isto non quere dicir que os pais non teñan dereito a opinar. No decreto do bipartito, por exemplo, o idioma a usar era unha decisión do claustro, pero tendo en conta o mapa sociolingüístico de Galicia, os datos estatísticos oficiais e a información dos pais.
Liberdade de elixir idioma | Só na universidade. O segundo punto anulado polo Tribunal Superior de Galicia é a liberdade para que o alumno se exprese de forma oral e escrita na lingua oficial que prefira, un dereito que si resulta xustificado no nivel universitario. Non así no ensino obrigatorio, e o TSXG esgrime unha tripla perspectiva para declaralo inválido. A primeira é que a Lei de Normalización di que o galego será con carácter xeral o vehículo de comunicación no ensino, algo que vai en contra do feito de que o alumno fale no idioma que prefira. O segundo motivo é que a lingua no ensino non é algo que estea condicionado pola liberdade de opción do interesado; e o terceiro porque vai en contra novamente da Lei de Normalización, que obriga ao fomento progresivo do galego no ensino.
Plan de normalización | Non vinculante. A pesar de ser aprobado por unanimidade no Parlamento galego, o TSXG considera que ao non ter rango de lei, non pode darse a este plan un valor normativo.
La Voz Galicia.-
Informe seguimento da Folga Xeral.
A dirección deste IES Sofía Casanova comunica que non houbo incidencias durante a Folga Xeral e foi secundada por case a totalidade do alumnado.
Di a dirección que a folga transcurríu no centro de acordo cos servizos mínimos indicados pola normativa.
Os datos concretos son de 25 dun total de 525.
Profesorado pararon 17 de 68 .
Persoal non docente pararon 7 de 10.
O día transcurríu sen incidentes, agás a visita informativa da CIG que abandonou o centro tras un diálogo.
O alumnado presente foi atendido polo profesorado.
Seguimento Folga Xeral no Ensino en Ferrolterra.-
Información de interese xeral.-
Seguimento maioritario da convocatoria en
Educación e relevante na área Sanitaria.
Educación e relevante na área Sanitaria.
Xoves, 15 de Novembro de 2012
redacción ferrol .
O seguimento da folga foi maioritario no sector educativo.
A práctica totalidade dos alumnos dos centros de Ferrol e comarca non acudiron ás aulas, aínda que no caso do profesorado, nalgúns colexios o nivel de seguimento da folga foi mínimo.
En Ferrol, no IES Ferrolterra tan só acudiron a clase cinco alumnos dos setecentos matriculados.
En Ferrol, no IES Ferrolterra tan só acudiron a clase cinco alumnos dos setecentos matriculados.
No Saturnino Montojo secundaron a folga o 40% dos profesores e de 400 escolares acudiron uns 24 ao centro;
- Isaac Peral non asistiron 17 dos 30 docentes nin 410 dos 450 alumnos;
- CEIP de Esteiro faltaron 14 dos 17 profesores e non acudiu ningún alumno.
- CEIP Cruceiro de Canido secundaron a folga 14 profesores de 30 e acudíronse no centro 22 alumnos de 443.
Poucos docentes e tamén poucos alumnos no colexio naronés de O Feal, onde onte tan só acudiron 12 dos case 500 estudantes matriculados e unha mínima representación de profesores.
Na Solaina acudiron ás aulas 25 dos 500 alumnos e non foi a traballar un terzo do profesorado e no tres escolas infantís do municipio -A Solaina, A Gándara e Piñeiros- si había persoal pero non máis dunha decena de nenos "no mellor dos casos" nos centros, con capacidade para uns 90.
Nos centros Mosteiro de Caaveiro (A Capela); A Magdalena (As Pontes), e Centieiras (Fene) o nivel de asistencia do alumnado foi tamén insignificante con respecto ao número de matriculados.
Diario de Ferrol.-
viernes, 9 de noviembre de 2012
Eleccións Representantes de Nais e Pais.-
CONVOCATORIA
De acordo coa Resolución do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 20), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar,
SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:
1. De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pai/nai, dun total de 3 que debe ter o Consello Escolar. Outro corresponde designalo a Asociación de Nais, Pais da ANPA, de forma directa.
O outro representante continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2010.
2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 19 de novembro.
3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do centro. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14'00 horas do citado día 19 de novembro.
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 20 de novembro, ás 18'15 horas. Dita mesa electoral estará composta polo/a Director/a do Centro, que actuará como Presidente/ a, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade.
5.- A campaña electoral comprenderá dende o 22 ao 26 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos/as, previa petición ao presidente/a da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do IES. O día 28 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.
6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores/as.
7.- As votacións realizaranse neste IES o día 27 de novembro, de 18'10 a 20 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 18'00. horas.
8.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de 2 nomes dos candidatos presentados (ver anexo coa normativa), debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegado e non se admitirá o voto por correo.
9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.
Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88). Modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril (DOG do 17 de maio) e polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. (DOG, 09/08/96)
Artigo 38.-
(Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto).
A representación dos pais no Consello Escolar correspóndelles a estes ou os representantes legais dos alumnos, independentemente do número de fillos escolarizados no centro. O dereito a elixir e ser elixido correspóndelle ao pai e a nai, ou, se é o caso, aos titores legais."
artigo 39.-
A elección producirase ente os candidatos admitidos e proclamados como tales pola xunta electoral. Para este efecto constituirase una mesa electoral integrada polo director do centro, que actuará como presidente, e catro pais ou titores legais, designados por sorteo público entre os que non se presenten como candidatos, actuando como secretario o de menor idade. A Xunta deberá preve-lo nomeamento de suplentes, designados tamén por sorteo. A mesa electoral encargarase de presidi-la votación, conserva-la orde, velar pola pureza do sufraxio e realiza-lo escrutinio.
Artigo 40.-
Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no centro, propostos por cada una das asociacións de pais de alumnos existentes no mesmo ou avalados para iso pola sinatura de 10 electores.
Artigo 41.-
O censo electoral deberá expoñerse no taboleiro de anuncios do centro con 10 días, alomenos de anticipación á data fixada para o acto electoral, para a comprobación e posible reclamación por parte de pais e titores legais dos alumnos.
Artigo 42.-
Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto).
"O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector, que deberá acreditala súa personalidade mediante a presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo, fará constar na súa papeleta un, dous ou tres nomes da lista de candidatos e candidatas, segundo corresponda elixir menos de tres, tres ou mais de tres, respectivamente.
CONVOCATORIA Asemblea Xeral Ordinaria
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA-
20 de Novembro de 2012
Estimad@ Soci@ ;
A Xunta directiva che CONVOCA para participar na vindeira ASEMBLEA XERAL ORDINARIA no Salón de Actos deste Centro IES Sofía Casanova o MARTES, 20 de Novembro, ás 16,30 horas en primeira convocatoria e ás 17 horas na segunda.
Orde do día
1 .- Lectura e aprobación, se procede, da ACTA Asemblea anterior.
2 .- Aprobación-Informe de XESTIÓN- MEMORIA ANUAL 2011-12.
(Información banco de libros, demandas centro, actividades..etc)
3 .- Aprobación- Informe ECONOMICO exercicio 2011.
4 .- Previsión económica para o exercicio 2012-13.
5 .- Nomeamento e renovación 1ª quenda de cargos da xunta
directiva. Artigo 23 Estatutos.- Vicepresidente; Tesoureiro;
1 vogal. Novas incorporacións.
6 .- Suxestións e preguntas.-
Información eleccións ao Consello Escolar do centro.
- Esperamos a túa presenza cara a unha mellor calidade do ensino público.-
- Aberta a NON Soci@s interesad@s.
Saúdos
Ferrol, a 6 de Novembro de 2012.-
A Presidenta O Secretario
Asdo. Mª Carmen DIAZ CORRAL - - Asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO-
jueves, 1 de noviembre de 2012
Reflexións do Banco de Libros de texto.-
BANCO DE LIBROS
REFLEXIÓNS
Estimados
pais e nais de alumnos do IES Sofía Casanova, como anunciamos na última
asemblea realizada a finais do curso pasado, en correos electrónicos, prensa e
mesmo como ben avisando a propia dirección do centro na súa páxina web, a
directiva da ANPA do Sofía Casanova organizou un “banco de libros” do que
sentímonos satisfeitos do seu resultado.
Pero
antes de entrar en análises a valorar, gustaríanos agradecer a colaboración a
todos aqueles que entenderon a mecánica
e participaron de forma activa, doando os seus libros, pois de non ser así,
loxicamente non existiría este banco de libros.
Grazas
tamén pola vosa paciencia pois se xuntaban moitos factores que non facían
posible dar máis fluidez ao noso labor. Era nosa primeira vez, a recollida de
libros non podía finalizar até saber os resultados dos exames de setembro e sen
dúbida o máis determinante, a cantidade de libros que nos chegou non era a que
cabería esperar.
En
todo caso, queremos deixar claro que para isto funcione hai polo menos tres
puntos importantes a ter en conta:
* Se os alumnos e alumnas non cedesen os
seus libros, de ningunha maneira teriamos un banco de libros e sería do todo
imposible prestalos.

Aquí
é onde nos xorde a dúbida, impor un prazo mínimo de catro anos de uso, non
significa ao noso entender, que exista a obrigación de cambiar un libro unha
vez transcorrido ese prazo e moito menos se o libro en cuestión, cumpre os
obxectivos didácticos. É probable que despois de catro anos o libro este
fisicamente deteriorado pero quizá sería posible tratar de conseguir alargar a
vida útil dos libros e sobre todo non entrar ao xogo das editoriais. Tentaremos
traballar sobre este tema.
Rematamos esta reflexión indicando que no
vindeiro curso volveremos a repetir este proceso a finais de Xuño con a
suficiente anticipación e información, a cal acompañada desta estimable
experiencia, desenvolveremos este banco de libros.
-
A
directiva .-
sábado, 20 de octubre de 2012
Folga estudantes.-
Martes.
ESO 1º,2º 15%,
ESO 3º,4º 25%,
BACH. 40%
Mércores.
Conxunto ESO 50%,
BACH. 70%
xoves.
Conxunto ESO 25%,
BACH 30%
Un saúdo
Juan Rodríguez Silvar
· · ·
IES Sofía Casanova
Rúa O Galego Soto s/n
15403 Ferrol (A Coruña)
T. 981 311 500 M. 638 836 907 F. 981 313 146
http://www.edu.xunta.es/centros/iessofiacasanova
MOBILIZACIÓNS ESTUDANTÍS.-
FERROL
Centenares de persoas protestan en Ferrol contra os recortes en educación.
Defender un ensino público de calidade e condenar as políticas austeras en materia de docencia do Goberno do Partido Popular, principais obxectivos da manifestación.
José M. Ameneiros17 de outubro de 2012
Mañá é o último día de inactividade.Jose PardoVarias centenas de manifestantes marcharon hoxe polas rúas do centro de Ferrol para protestar contra os recortes do Partido Popular en materia de educación. A gran maioría eran novos alumnos que, convocados polo Sindicato de Estudantes de Ferrolterra, partiron ás 12 da mañá desde o edificio administrativo da Xunta, entre pancartas reivindicativas e berros contra o Goberno. "Se os cartos son públicos, o ensino tamén", e "Menos represión e máis educación. "En defensa do ensino público" eran algunhas das consignas que se podían ler. Tamén houbo cánticos como "non nos resignamos, imos loitar".Paralelamente, desde o monumento ao 10 de marzo, saíu outro grupo de manifestantes máis reducido, algo menos de cen persoas. Esta vez os convocantes eran as mocidades de Galiza Nova. "Queremos mobilizarnos en contra dos recortes continuos que está a promover o PP, tanto no Goberno central como no da Xunta", dicía Néstor Fernández, responsable comarcal de Galiza Nova en Ferrolterra.Estas manifestacións enmárcanse dentro das 72 horas de folga estudantil que hai convocadas, a nivel nacional, nos ensinos de ESO e Bacharelato.
-La Voz de Galicia .-
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














