jueves, 31 de mayo de 2012

Actos de ALCER.


A asociación ALCER comenzou este 29 de maio,  organizando unha mesa informativa na entrada do centro.

ALCER e ANPA repartimos folletos entre o alumnado e diversas informacións sobre a doazón de órganos.











































Actos e charla de ALCER


A Asociación ALCER, dirección do instituto e ANPA organizamos un acto de significado transcedental sobre os Trasplantes de Ril e outros órganos que por necesidade e a fatal enfermidade son necesarios para continuar vivindo... Así o explicaba o presidente de ALCER, Rafael Rodriguez, cunha brillante exposición sobre a importancia ser doantes de órganos cando morremos.

























































.


Matrícula de honra.-


FELICITACIÓNS para o alumnado de 2º Curso de Bacharelato por ter unha nota superior a 9 e, por conseguinte Matrícula de honra.

Esta ANPA felicitamos tamén aos que aprobaron con tenacidade e esforzo.

Noso recoñecemento a todo este alumnado.






lunes, 28 de mayo de 2012

Actos de ALCER para este martes-29 maio



Informamos que esta ANPA está organizando uns actos e charlas coa Asociación ALCER coa colaboración da dirección deste Centro educativo.

Este vindeiro MARTES a partir das 16,30 h.,  estades convidados no Salón de Actos do Centro para coñecer as actividades de ALCER e as súas demandas sociais.


Informacións da súa páxina web.;

 -  A directiva.-

Benvida/o a ALCER Coruña

A Asociación de Loita Contra as Enfermidades do Ril, ALCER Coruña, nace en 1976 co firme propósito de mellorar a calidade de vida do enfermo renal. Nas súas orixes loitaba porque todo paciente renal tivese acceso a un tratamento de diálise, o que era fundamental para a súa supervivencia. Anos despois, ALCER Coruña, traballando conxuntamente coas entidades nacionais e coa Federación, convértese nun activo precursor da actual lei de transplantes, da cal cumpriuse recentemente o seu XXV Aniversario.

Hoxe en día, unha vez superados aspectos de actuación sanitaria vital, ALCER Coruña e unha das entidades que máis claramente apostan por traballar optimizando os recursos sanitarios co convencimento de que a atención as persoas con enfermidades crónicas non pode centrarse nos factores da enfermidade, senon que é necesario o desenrolo de redes de apoio psicosocial con areas de actuación integrais no campo da asistencia sanitaria, a protección e ou benestar social.
Baseándose nestos principios, ALCER Coruña persegue asegurar a maior calidade de vida, participación e independencia posible nas persoas con IRC, transplantadas e familias en particular e a todas as persoas cunha enfermidade crónica en xeral, o traverso as seguintes actuacións marcadas nos seus estatutos:
  • A asistencia e información ós enfermos do ril e outras doenzas descritas nos seus aspectos sanitarios e sociais, especialmente no concernente á asistencia por facultativos e persoal sociosanitario especializado.
  • A realización de todo tipo de accións de sensibilización e fomento da doazón de órganos e texidos.
  • A atención en procesos de rehabilitación psicosocial e inclusión laboral e social das persoas con discapacidade xenerada por doencias crónicas susceptibles de transplante.
  • A promoción de servizos de atención á dependencia.
  • A execución de todas as actividades culturais, de lecer e deportivas que faciliten a participación e atención socio sanitaria do colectivo.
  • O fomento da investigación dos problemas que suscitan as enfermidades do ril nos seus aspectos médico, asistenciais e socioeconómicos, así como da prevención das mesmas.
  • A divulgación popular das necesidades deste colectivo, as súas posibles solucións, así como os seus múltiples aspectos sociais, xurídicos.
  • A realización de actuacións encamiñadas ó fomento e participación do voluntariado.
  • O establecemento de servizos propios de asesoramento laboral, educativo, asistencia social e psicoloxica máis os que se crean necesarios para unha atención integral.
  • A colaboración con todas aquelas persoas e entidades, públicas ou privadas, onde realícense actividades que leven a consecución dos fins da asociación.
  • Calquera outro que, de modo directo ou indirecto, poida contribuír á realización dos fins da Asociación.



miércoles, 23 de mayo de 2012

FOLGA ENSINO - 22 MAIO

 

A folga de educación tivo o seu maior seguimento no campus

Os datos recollidos polos sindicatos viñan confirmar onte, conforme transcorría o día, que a folga da educación pública atopara en Ferrolterra o seu maior eco no ámbito universitario. Coincidindo, así, co sucedido en case todo o país. De acordo cos datos da central maioritaria entre as organizacións convocantes, Comisións Obreiras, nos distintos centros universitarios ferroláns, ao longo do día, o número de profesores que se sumaron á xornada de protesta oscilou «entre ou 90 e ou 95 por cento». Mentres que o dos alumnos «estivo moi cerca do cen por cen».

Cifras, estas, que contrastan coa media do seguimento da folga entre o profesorado de educación infantil, primaria e secundaria, centros nos que o paro, de acordo cos datos de Comisións Obreiras, «estivo arredor dun 20 por cento». Os alumnos de secundaria foron á folga nun «70 por cento», de acordo coa mesma fonte.

A xornada transcorreu sen incidentes. As organizacións convocantes (Federación de Ensino de Comisións Obreiras, UGT, ANPE, STES e CSIF) reiteraban onte que os «recortes en educación» van traer consigo unha evidente perda da calidade do ensino público. Unha perda de calidade que á súa vez -remarcan- danará de xeito moi especial aos sectores máis desfavorecidos da poboación, que verán minguadas as súas posibilidade de optar a un ensino de calidade.
Os sindicatos entenden que ferir ao ensino público é ir en contra da igualdade de oportunidades á que todo cidadán ten dereito, e ir en contra do futuro do país.

La Voz de Galicia.-


xoves 24, ás 19 hs, CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA


CONTRA OS RECORTES E A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA. 


A xunta directiva desta ANPA do IES Sofía Casanova,

apoia as mobilizacións convocadas pola Plataforma

en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra,

por que nos afecta a todos/as.


Xoves, 24 de maio, ás 19 hs,

diante do Edificio da Xunta de Galicia

Praza Amada García -  Ferrol

martes, 22 de mayo de 2012

Manifestación contra os recortes.-

 

A comunidade educativa está chamada a secundar hoxe

a folga xeral en contra dos recortes

   redacción > ferrol  
  
 O ensino público, en todos os seus niveis –desde Infantil ata a etapa universitaria– está chamado a secundar hoxe a convocatoria de folga xeral prevista en todo o territorio español e que na comunidade galega convocan os sindicatos CCOO, CSIF e ANPE, así como o Sindicato de Estudantes, a Confapa (Confederación de asociacións de pais de alumnos) e Iesga (Iniciativa Estudiantil Galega) –membros todos eles da Plataforma en Defensa do Ensino Público–, segundo se informou onte desde Comisións Obreiras.
Todas fixeron un chamamento á participación nunha xornada reivindicativa para amosar o total rexeitamento aos recortes educativos aprobados polo goberno de Mariano Rajoy co propósito de reducir o gasto público neste ámbito. Medidas recollidas nun decreto e entre as que figuran o aumento do número de alumnos por aula, o incremento da xornada lectiva do profesorado ou das taxas universitarias.

Manifestación.-
 Na cidade ferrolá, ademais da propia convocatoria de folga xeral, está prevista para esta tarde, ás oito, unha manifestación que partirá do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na praza de España –tamén se celebrarán nas outras seis cidades galegas–.
Ademais, onte pola noite –a partir das once– celebrouse no IES Sofía Casanova unha concentración "de loito", tamén dentro das accións promovidas desde a Plataforma do Ensino Público. Desde CCOO denunciouse que os recortes en materia educativa suporán o deterioro da calidade do ensino e cebaranse nos sectores máis desfavorecidos da poboación, o que repercutirá gravemente, din, na igualdade de oportunidades.

Diario de Ferrol.-

lunes, 21 de mayo de 2012

Fotos Velorio


VELORIO CONTRA OS RECORTES NO ENSINO PÚBLICO



Acto de velorio- protesta no IES SOFÍA CASANOVA ás 11 h da noite, convocado polos sindicatos-ensino e secundado por varias ANPA,s.








Día 22 haberá unha FOLGA de ENSINO e posterior concentración na Praza de España, fronte o Edif. da Xunta de Galicia.

































Letras Galegas-2012



                    - Letras Galegas-2012 -

               Ano adicado a Valentín Paz Andrade.









Letras Galegas-2012


  EXPOSICIÓN DAS LETRAS GALEGAS-2012






Exposición estudantes na entrada do centro Sofía Casanova a respecto das Letras Galegas-2012

























miércoles, 9 de mayo de 2012

Concentración 8 de Maio-2012



CONCENTRACIÓN NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO




Concentración deste Martes- 8 de maio na Praza Amada García- Praza de España- contra os recortes e as medidas tomadas polas administracións contra o Ensino público.





























Concentración Martes 8 maio en defensa do ensino público.-


Estimados/as  socios/as;
A ANPA Sofía Casanova, pide a vosa participación para secundar unha CONCENTRACIÓN apoiada pola Federación de ANPAS de Ferrolterra, este MARTES ás 7,30 h da tarde, diante do edif. administrativo da Xunta de Galicia,  Ferrol (Praza de España).

Esta ANPA Sofía Casanova acudirá cunha pancarta propia en ;

DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE.



- A directiva.-

sábado, 5 de mayo de 2012

Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.-

As Anpas de Ferrolterra chaman á unidade na acción social contra os recortes en educación.
Sábado, 05 de Maio de 2012.
redacción > ferrol .

A Federación de Anpas de colexios públicos de Ferrolterra celebrou o pasado xoves unha asemblea xeral extraordinaria na que se ratificou a incorporación da asociación á Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, constituída o pasado día 25 de abril e integrada por Anpas de diferentes zonas galegas (Ferrolterra, Compostela e Lugo); os sindicatos CIG-Ensino e STEG; os movementos de renovación pedagóxica AS-PG e Nova Escola Galega; organizacións estudantís como os Comités e a Liga de Estudantes, así como o BNG e Galiza Nova.
A mencionada plataforma xurdiu co obxectivo de mostrar o rexeitamento da comunidade educativa galega ás medidas anunciadas polo ministro de Educación, José Ignacio Wert, e recollidas nun decreto lei, entre as que se contemplan o aumento das horas lectivas do profesorado, da cociente de alumnos por aula ou o incremento das taxas universitarias, entre outras. O pasado xoves, tamén se presentaba en Santiago de Compostela outra plataforma en contra dos recortes do goberno de Rajoy en materia educativa, aínda que neste caso integrada por CCOO-Ensino, FETE-UXT, diversas organizacións estudantís como Iesga e o Sindicato de Estudantes e a Confapa. Neste caso, a primeira das súas accións será unha xornada de loita o próximo día 10 coincidindo coa folga convocada en toda España polos estudantes de ensino medio e universitaria.
Javier Sánchez, presidente da Federación de Anpas de Ferrolterra, manifestou onte que nesta zona a asociación que preside intentará falar con todos os sindicatos e organizacións en busca da unidade total á hora de facer fronte ao que consideran é un ataque total á educación pública.
Sánchez asegurou que a Federación súmase ao rexeitamento xeneralizado expresado por toda a comunidade educativa galega ás medidas de Wert, aínda que puntualizou que eles non foron convocados formalmente á constitución da plataforma na que está a Confapa (Confederación de Asociacións de pais de alumnos).

Mobilizacións .-
 Como integrantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, a Feanpas de Ferrolterra convocou unha concentración para o vindeiro martes día 8, a partir das 19.30 horas, diante do edificio administrativo da Xunta, na praza de España. Tamén manifestaron o seu apoio á folga estudantil do día 10. A partir do 14 iniciarán peches rotativos nos centros e o 3 de xuño secundarán a manifestación en Santiago contra os recortes en educación e sanidade.


Diario de Ferrol.-

Fase FINAL OLIMPIADA Matemáticas.-


Tres estudantes da cidade loitarán en Vigo na final da Olimpiada Matemática


  redacción > ferrol .
  Os alumnos do colexio Mercedarias, Miguel Picos Maiztegui –primeiro clasificado da fase zonal– e Daniel Santalla García –segundo–, e a estudante do IES Sofía Casanova, Cecilia Ramil López –terceira–, lograron o pase á final da Olimpiada Matemática para alumnos de segundo de Educación Secundaria Obrigatoria de Agapema (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática) que o vindeiro día 25 deste mes de maio terá lugar na cidade de Vigo.
Os tres alzáronse coas tres primeiras prazas na proba zonal que o pasado día 27 de abril se disputou no IES Sofía Casanova, nunha cita na que tomaron parte 21 alumnos de cinco centros da comarca de Ferrolterra.Xunto a estes tres estudantes, figura un suplente, en concreto o alumno do IES Sofía Casanova Antonio José Lorenzo Vázquez.Na vindeira proba da cidade olívica tomarán parte os clasificados dos respectivos concursos  zonais nas que se estruturou unha competición da que sairán os seleccionados para a fase de carácter estatal.

Diario de Ferrol.-

miércoles, 2 de mayo de 2012

Día do libro






DÍA DO LIBRO






O IES Sofía Casanova, celebra nestas datas o día do Líbro, onde o alumnado realiza esta magnifica exposición ilustrativa.







Dia do Libro-2012


Celebración 1° de maio.




O ANPA do IES Sofía Casanova, celebrou a Festa do día 1º de Maio, en especial nestes momentos de RECORTES, necesitamos  reivindicar aínda máis ;






   NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO de CALIDADE 


















Tamén os recortes afectannos de forma directa a tod@s.-

Os compañeir@s da Plataforma da Sanidade Pública se manifestaron polas políticas de recortes. 


Plataforma SANIDADE PÚBLICA DE FERROLTERRA




Manifestación e celebración do 1º de maio


1º de maio-2012




Manifestación do 1º de MAIO , onde a directiva desta ANPA do IES Sofia Casanova secundou e participou, denunciando as políticas de RECORTES sociais dos respectivos gobernos, en especial no ENSINO PÚBLICO.






















Manifa 1º de Maio - 2012.-

lunes, 30 de abril de 2012

MANIFAS CONTRA OS RECORTES ENSINO.-



- Manifestacións contra os recortes -


    Este domingo-29 de Abril, a ANPA do IES SOFÍA CASANOVA, secundou e participou na Manifestación convocada polos sindicatos CCOO e UGT en CONTRA OS RECORTES no ENSINO E SANIDADE.

Levamos nosa propia parcanta para expresar o noso rexeitamento das mediadas tomadas polos actuais  gobernos, central e autonómico do PP, que desmantela o actual modelo de benestar social e perxudica o ensino e sanidade pública.

Convidamos ás familias do ensino público para celebrar este 1º de MAIO nas mesmas condicións e sañída da Praza do Infenriño.

















¡ NON AOS RECORTES  ENSINO !!

NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE.

jueves, 26 de abril de 2012

Mobilizacións contra os RECORTES ENSINO.-


MANIFESTACIÓN CONTRA OS RECORTES DO ENSINO

-ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE-





Esta ANPA do Sofía Casanova quere manifestar o seu rexeitamento ós recortes do ensino anunciados polo Ministro Wert, disminuindo un 22 % a partida dos Presupostos de Educación que representa 3.000 millóns de euros, o endurecemento e redución de Bolsas do alumnado,  encarecemento das diferentes Taxas universitarias que representa un claro perxuízo as familias máis humildes e unha volta a educación clasista e segredadora dos anos 70.
Lembramos ca ratio das aulas estarán nos 30 alumnos/as, podendo ampliar por lei a 35 alumnos e alumnas polo que entendemos unha clara masificación en prexuízo da calidade educativa.
Despido de 100.000 docentes en todo o Estado xunto a precariedade laboral, segundo denuncian as centrais sindicais de educación.
Esta ANPA denuncia este retroceso na calidade educativa polo que rexeitamos estes "Recortes no ensino" e apoiamos a MANIFESTACIÓN do vindeiro DOMINGO-29 contra os RECORTES PÚBLICOS, así como na seguinte
 Manifestación do 1º de MAIO.

Esperamos a participación de todas as Nais e Pais dos centros públicos para saír en MANIFESTACIÓN da Praza do Inferniño.

Sairemos da antiga caseta de Turismo de Porta Nova, xunto cos compañeiros/as da
PLATAFORMA da SANIDADE PÚBLICA.

- DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO de CALIDADE.-

- Directiva ANPA Sofía Casanova.-