miércoles, 14 de marzo de 2012

Exposición IES Sofia Casanova - Dia Internacional da muller


EXPOSICIÓN DÍA INTERNACIÓNAL DA MULLER.

 Magnífica exposición de fotos históricas conmemorativas das 146 mulleres que morreron nunha fábrica de textil en Nova York.






















Dia Internacional da Muller

Charla martes-13 de Axuda en Acción.-

Ola a tod@s.-
 A xunta directiva desta ANPA e o CENTRO  organizamos  unha charla sobre as actividades de Axuda en Acción conmemorando o día Internaciónal da Muller este MARTES-13 ás 16,30 h,no Salón de Actos deste IES Sofía Casanova, dirixida a varios cursos do alumnado.
 
Saúdos
- A directiva .-

Plazas vindeiro curso da 1º ESO

Para o vindeiro Curos 2012-13.

Por correccións posteriores a noso escrito sobre "masificación"  os traslados - tras a adscripción do CEIP de Recimil tanto ao Sofía Casanova como ao Concepción Arenal - variaron a quedan en TRES GRUPOS de 1º da ESO e con 90 alumnos/as o que significa que haberá clases de 30 alumnos/as.
Lémbrovos que os datos manexados e trasladados pola inspección son:

Alumnado confirmado a 15/03 de centros adscritos:
Ponzos     24
Esteiro     23
Recimil     27
o que totalizan 74 o que cunha estimación máxima de 13-16 repetidores fan 90, unha ratio de 30 alumnis/as por tres grupos que oficiosamente temos asignados para o nivel de 1º de ESO.

- A directiva.-

jueves, 8 de marzo de 2012

Xefe terriotorial educación asegura 3 Grupos e os ratios.-

Educación asegura que os grupos do IES Sofía Casanova cumprirán as cocientes no 2012/2013 .
Xoves, 08 de Marzo de 2012 00:00 .
redacción > ferrol
O xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, asegurou onte que todos os grupos de Educación Secundaria do IES Sofía Casanova volverán cumprir co ratio establecida o próximo curso.
Cabana desmentiu deste xeito á xunta directiva do Anpa do instituto ferrolán, que fixo público un comunicado no que mostraba a súa "preocupación" ante as informacións que cifran en 105 os novos alumnos para 1º de ESO no curso 2012/2013. Os representantes da asociación de nais e pais consideran "excesivos" estes datos que, sosteñen, "amplían aínda máis ou problema de masificación do alumnado neste centro" e solicitan que o "repartición" deste alumnado "sexa asumido por todos vos centros públicos desta cidade".
Na súa resposta, Indalecio Cabana fixo fincapé en que o próximo curso "en 1º de ESO só haberá tres grupos, como ata o de agora" e sinalou que "en ningún caso se acadarán os 30 alumnos -o número máximo recomendado- en cada un". Recordou neste sentido, que as cocientes establecidas son de obrigado cumprimento. O xefe territorial de Educación negou ademais que o instituto Sofía Casanova estea masificado e que os cálculos realizados desda  Anpa do centro sobre a chegada de novos alumnos o próximo curso "son incorrectos". "Desde a inspección educativa", explicou Cabana, "trabállase con datos obxectivos que falan dun número inferior de rapaces". Actualmente, insiste Educación, Galicia ten un ratio de 9,5 alumnos por profesor.
Diario de Ferrol.-

miércoles, 7 de marzo de 2012

Masificación IES Sofía Casanova.-

  
MASIFICACIÓN CENTRO EDUCATIVO



   A Xunta directiva da ANPA Sofía Casanova, expresamos a nosa preocupación ante as informacións que aseguran da chegada de novos alumnos/as de 1ª da ESO para o futuro curso 2012-13.

   Segundo cálculos realizados, podemos prever para o vindeiro Curso 2012-13, a chegada duns 105 novos/as alumnas/os para 1º de ESO neste Centro educativo polo que consideramos que son excesivos e ampliando aínda máis o problema de masificación do alumnado neste centro, entendendo que o reparto deste alumnado sexa asumido por todos os centros públicos desta cidade.

   Lembramos que este IES SOFÍA CASANOVA ten na actualidade máis e 600 alumnos e alumnas polo que pedimos a administración debe velar para ter as mellores condicións de espazo e uso das súas infraestruturas escolares.


   Por todo isto, esta Asociación de Nais e Pais pide a intervención da Consellaría de Educación co obxecto de dar solucións a este problema de masificación cun mellor aproveitamento dos seus espazos con maiores investimentos e mediante a optimización e reparto entre os diferentes centros Educativos desta cidade de Ferrol.


                   Ferrol, a 5 de Marzo de 2012.


                   - A directiva 



- Sr. Inspector/a e Xefatura da Consellaría de Educación – Ferrol.-

martes, 6 de marzo de 2012

Escrito Inspección consellaría de Educación.-

PATIO E PISTA DEPORTIVA

    A Xunta directiva da ANPA Sofía Casanova, expresamos a nosa queixa motivado ao estado actual do patio e pista deportiva deste centro educativo.

   A descrición deste lugar podemos definilos de lamentables espazos cheos de barro nos laterais da Pista e Pavillón polo que podemos cualificar como unha "lameira" impropia dun centro de nenos/as de 12 anos en adiante.

   Outra cuestión a considerar é a falta de calidade da Pista deportiva para poder exercer a práctica deportiva polo que pedimos unha nova Pista con materiais adecuados para uso deportivo, como tamén son a falta de canastras de baloncesto homologadas.

   Lembramos que este Cetro ten na actualidade máis e 600 alumnos e alumnas polo que este espazo debe ter as máximas condicións para o seu uso destinado para o deporte ou simplemente ao descanso xuvenil.


   Por todo isto, esta Asociación de ANPA pide a intervención da Consellaría de Educación para avaliar este espazo co fin de elaborar un proxecto que dinamice este patio.


                   Ferrol, a 5 de Marzo de 2012.


               -A directiva .- 


- Sr. Inspector e Xefatura da Consellaría de Educación -

Reunión co responsable do Abalar da Xunta de Galicia



Documento que recolle a petición de retirar  WiFi das escolas a Consellería de Educación.

Onformación para as ANPAS.
Toda la información en
Saúdos

VALORAMOS O NOMEAMENTO DA SOCIA- ANA JESUS LOPEZ- NOVA- DIRECTORA DA OIX

A Directiva desta ANPA- Sofía Casanova, comprácenos en expresar a nosa satifacción polo nomeamento da socia desta ANPA - ANA JESÚS LÓPEZ DÍAZ- como nova directora da Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade d´A Coruña-(OIX)- integrada da area de Responsabilidade Social da Universidade.
Continuaremos traballando para continuar traballando polas igualdades sociais de xénero.

Desexamos que a nosa compañeira Ana Jesús alcance os seus obxectivos e toda clase de éxitos que con dedicación e esforzo reivindique os dereitos sociais das mulleres.
Parabéns!!
asdo.-  A Directiva 

viernes, 10 de febrero de 2012

IES Sofia Casanova referencia do CEIP Recimil.-

O CEIP Recimil adscríbese aos

institutos Concepción Arenal

e Sofía Casanova

redacción > ferrol
 O alumnado do CEIP Recimil que a partir do vindeiro curso inicie a etapa de Educación Secundaria Obrigatoria terá como centros adscritos, é dicir, aqueles nos que terán prioridade sobre outros no proceso de admisión, os institutos Sofía Casanova e Concepción Arenal.

Ata agora, o colexio ferrolán estaba adscrito ao antigo Marqués de Suanzes(Ferrolterra), instituto que este mesmo curso convertiuse en Centro Integrado de Formación Profesional, polo que agora só imparte ciclos formativos.

A proposta de adscribirse tanto ao IES Sofía Casanova –cuxo número de alumnado tamén se viu incrementado ao acoller ao alumnado do antigo Marqués de Suanzes– como ao Concepción Arenal recibiu o pasado mércores o visto bo por parte do xefe territorial de Educación, que mantivo un encontro coa xunta provincial de directores, entre os que estiveron os representantes dos centros da comarca de Ferrolterra.

Na mesma reunión abordouse, segundo informaron fontes a este diario,  unha das queixas xeneralizadas entre os institutos da zona relativa aos curtos prazos de tempo que se dan aos centros de Secundaria entre que remata o prazo de matrícula e o comezo do curso, o que deixa pouco marxe de tempo para organizar a actividade, como por exemplo, a elaboración dos horarios.

Obras > Por outra banda, para o vindeiro luns está prevista a visita ao CEIP Recimil do xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, e membros da unidade técnica da Consellería de Educación para comprobar “in situ” as necesidades do centro.
 
Diario de Ferrol.-
 
 

martes, 3 de enero de 2012

SEMAFORO DA CONFUSIÓN -AS PÍAS



Asto.; Semáforo Avda. da PÍAS.-


A Xunta directiva da ANPA de Alumnos/as do IES SOFIA CASANOVA, denuncia o estado actual do PASO DE PEÓNS  e SEMÁFORO da Avda das Pías a altura das Casas de Recimil por encontrase tapado con bolsas de plástico e ocultar as correspondentes luces de sinalización viaria.

Este PASO de PEÓNS está utilizado por grande parte do alumnado deste Centro de Secundaria polo que advertimos que pode dar lugar a confusións aos condutores e alumnos/as coa consecuencia de causar algún accidente.

Pedimos a intervención do goberno municipal de Ferrol ante as autoridades competentes para normalizar este paso de estudantes e cidadanía.


Esperando a demandada solución, reciba nosos cumprimentos.



Ferrol, a    de Decembro de 2011.



       A Presidenta                                                   O Secretario




    Asdo. Mª del Carmen DÍAZ CORRAL        -       asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO



- SR. ALCALDE –PRESIDENTE- CONCELLO DE FERROL.-

domingo, 25 de diciembre de 2011

FELIZ ANINOVO-2012


O Alumnado do I.E.S. Sofía Casanova
desexa unhas BOAS FESTAS 
E UN BO ESCOLAR ANINOVO-2012












 
 
 

Xogos Tradicionais.-



                           XOGOS TRADICIONAIS -2011












































Ximnasio IES. SOFIA CASANOVA.-

Xogos Tradicionais.-

         XOGOS TRADICIONAIS

               NADAL-2011

































































 Ximnasio I.E.S. SOFIA CASANOVA.-

sábado, 24 de diciembre de 2011

Xogos Tradicionais.-



       Festa do NADAL

XOGOS TRADICIONAIS-2011






















XIMNASIO IES SOFIA CASANOVA.


Xogos tradicionais

                            
       
                      XOGOS TRADICIONAIS -2011


    Carreiras de Sacos, pés atados..-



































 

FELIZ ANO ESCOLAR 2012


              
  Felices FESTAS E UN BO ANINOVO. 2012





 A xunta directiva.

lunes, 19 de diciembre de 2011

ANPA denuncia falla de profesora de Tecnoloxía.-

 

A ANPA do IES Sofía Casanova denuncia que non se cubre a baixa da profesora de Tecnoloxía



Diario de Ferrol.-

jueves, 15 de diciembre de 2011

Demanda substitución profesor/a tecnoloxía.-


Asto.; Baixa profesora Tecnoloxía.


A Xunta directiva da ANPA de Alumnos/as do IES SOFIA CASANOVA, denuncia que este I.E.S. SOFÍA CASANOVA leva varios días sen a profesora de Tecnoloxía que desenvolve en varios cursos de ensino de secundaria motivada á súa BAIXA por enfermidade.

Esta xunta directiva demanda da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia que se cubra esta BAIXA por un/unha profesor/a de Tecnoloxía para os cursos de secundaria nestas importantes datas de exames e avaliación.


Esperando a demandada solución, reciba nosos cumprimentos.



Ferrol, a 16 de Decembro de 2011.



- A directiva.-

martes, 13 de diciembre de 2011

Impugnación eleccións de nais e pais centros públicos.-

                                       - IMPUGNACIÓN –-ELECCIÓNS NAIS- PAIS - CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL-


A Xunta directiva do IES SOFÍA CASANOVA, reunida este pasado Mércores, día 7 de Novembro, nas instalacións deste centro educativo, INFORMA ;

-Que este pasado Venres, día 2 de decembro, celebrouse unha Asemblea da Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra co obxecto de elixir os membros representantes de centros públicos para a constitución do Consello Escolar Municipal da Cidade de Ferrol.

Cando precedíamos a comezar a votación, informa o presidente que esta convocatoria, segundo documentación da que dispón, vai dirixida a elección de nais e pais dos centros públicos. Esta circunstancia sorprende a maioría dos presentes, representantes de ANPAS, posto que en todo momento entendíamos que íanse elixir representantes das ANPAS.

Dadas as explicacións do presidente da Federación, varios/as representantes das ANPAS chaman a atención sobre a necesidade de que non podíamos continuar xa que deberíase realizar unha nova convocatoria pública dirixida a todos/as os/as pais e nais dos centros públicos. Facendo caso omiso o presidente decide continuar coa votación saíndo elixida a maior parte da súa Xunta directiva...

Por todo isto;
A xunta directiva desta Asociación de ANPA de alumnos/as “Sofía Casanova” expresamos o noso rexeitamento con este proceso electoral e acordamos por unanimidade pedir a IMPUGNACIÓN e NULIDADE da VOTACIÓN da mencionada Asemblea deste día 2.

Pedimos a inmediata intervención do presidente/a deste Consello Escolar Municipal de Ferrol e da propia Consellaría de Educación co obxecto de pedir unha nova convocatoria de elección de nais e pais de centros públicos dunha forma transparente, clara e pública.


Ferrol, a 7 de Decembro de 2011


               A PRESIDENTA                                  O SECRETARIO



Asdo. Mª Carmen DIAZ CORRAL     asdo. Xosé M. SANXOÁN CAAMAÑO



- PRESIDENTE CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL DE FERROL .-

lunes, 5 de diciembre de 2011

ANPA - Reparación das xanelas.-

A ANPA do instituto Sofía Casanova reclama a inmediata reposición das fiestras .                                                                                    Martes  06 de Decembro de 2011                          .                                                                                                           A xunta directiva da ANPA do instituto Sofía Casanova de Ferrol demanda da Consellería de Educación a "inmediata intervención para reparar as fiestras do centro", segundo apuntaron nun comunicado. Desde a asociación de pais recordaron que nos últimos anos producíronse algúns desprendementos non só destes elementos, senón da estrutura, polo que reclaman celeridade por parte da Administración educativa galega para levar a cabo a actuación.
Desde a propia dirección do instituto recordouse que esta é unha actuación xa comprometida polo departamento que dirixe o popular Jesús Vázquez, e coa que se completará a reposición total das fiestras, desenvolvida durante os dous últimos cursos.Tamén está previsto que para inicios do próximo ano realícense, tal e como se comprometeu a Consellería, os traballos de acondicionamento do salón de actos do instituto, cuxos problemas no teito interior obrigaron á dirección do centro a clausurar, por seguridade, calquera tipo de actividade neste espazo. O instituto foi inaugurado no ano 1967.
Diario de Ferrol.-

jueves, 24 de noviembre de 2011

viernes, 11 de noviembre de 2011

Candidatura Consello Escolar Municipal de Ferrol.

Os alumnos elixirán a vindeira semana aos seus

representantes no Consello Escolar Municipal

    redacción > ferrol  .
  O Consello Escolar Municipal do Concello de Ferrol dará a vindeira semana un novo paso de cara a súa constitución coa celebración dunha reunión no Concello pola que os representantes dos alumnos dos diferentes institutos da cidade elixirián aos catro membros que formarán parte deste órgano de consulta. Desde o propio goberno local informouse onte que a maioría dos centros de Educación Secundaria xa responderon coas súas propostas ás cartas remitidas desde a área de Educación para decidir o nome dos seus representantes.

Así mesmo, o executivo ferrolán levará ao pleno de fin de mes, para a súa aprobación, a composición das dez persoas designadas polo Concello para formar parte do Consello Escolar, e da que xa se informou na comisión do pasado 28 de outubro.

Así, ademais de catro concelleiros (un por partido político –Susana Martínez Galdós (PP), María López (PSOE), Javier Galán (EU) e Mercedes Tobío (BNG)– xa que Juan Fernández, de IF, renunciou), haberá un representante das Asociacións de Veciños, dous directores de colexios públicos (un de Primaria e outro de Secundaria), un director de colexios concertados, un representante do Centro de Formación e Recursos (CFR) e un representante das asociacións de renovación pedagóxica.

Completarán o devandito órgano de consulta o presidente –que pode ser o alcalde ou a concelleira de Educación–, dez profesores, seis membros das Anpas e catro alumnos, o que suma un total de 31 persoas.

Sofía Casanova .-

 Por outra banda, a ANPA do IES Sofía Casanova de Ferrol rexistrou un escrito dirixido ao alcalde para presentar a candidatura da presidenta desta asociación, María Carmen Díaz Corral para formar parte do Consello Escolar Municipal. “Pedimos a súa admisión por razóns que se deben a un instituto de nivel B debido ao volume do seu alumnado, que na actualidade supera os 600 alumnos”, manifestaron desde a ANPA.

Así mesmo, a entidade amosou o seu apoio á reivindicación deste instituto na necesidade de destinar un especialista en Pedagoxía Terapéutica para atender as necesidades existentes no instituto, e sinalan tamén como un tema a tratar no Consello Escolar Municipal a recuperación de cinco inspectores que antes había nesta zona, e que tralos recortes quedou reducido na actualidade a tres.

Desde esta ANPA tamén solicitan aos membros do devandito órgano consultivo “a súa implicación e compromiso de asistencia para non repetir o escandaloso desinterese amosado por algúns membros de distintas entidades e sindicatos”, criticaron.

Diario de Ferrol.-

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Xuntanza DIRECCIÓN e ANPA do I.E.S Sofía Casanova.-


A directiva da ANPA do IES Sofía Casanova avalía as necesidades coa dirección

Diario de Ferrol-2011-11-09-010-84925564
 
redacción > ferrol
  A nova directiva da ANPA do IES Sofía Casanova, constituida hai apenas un mes e logo de varios anos sen contar con esta representación no centro, reuniuse onte coa dirección do instituto, encabezada por Juan Rodríguez Silvar, para intercambiar informacións e avaliar as necesidades educativas do alumnado.
A relación do plantel de profesorado ou as necesidades de apoio especiais  das que hai que dispor para ofrecer un ensino de calidade foron algunhas das cuestións que se puxeron sobre a mesa. A ANPA interesouse así mesmo polo estado das infraestruturas, solicitando os informes necesarios para analizar a situación actual das mesmas. Neste sentido, anunciaron tamén o compromiso da Asociación de Nais e Pais de Alumnos de ofertar varias actividades culturais e deportivas como complemento da educación do alumnado para o cal agardan a colaboración de toda a comunidade educativa.

Por outra banda, a ANPA amosouse en certo modo sorprendida polo “repentino interese” da Xunta de Galicia polas cafeterías escolares, “polo que sospeitamos que fará as concesións de forma discrecional”, explicaron. A posibilidade de pedir o compromiso da Administración autonómica para a instalación de taquillas  no instituto, que este ano viu incrementado o seu número de alumnos polos cambios executados pola Consellería de Educación na área da Formación Profesional, é outra das propostas dunha ANPA moi preocupada tamén pola sinalización no entorno no que está ubicado este e outros centros, como o CIFP Ferrolterra ou o CEIP Recimil. “Falta sinalización escolar, e fai falta unha máis clara e eficaz para unha maior protección dos nenos”, denunciaron, polo que van pedir a intervención do Concello ferrolán para conseguir este obxectivo.
 A xunta directiva da recén creada ANPA está constituida por María Carmen Díaz Corral (presidenta); José Manuel Esteban Acebo (vicepresidente); Xosé Manuel Sanxoán (secretario); Montserrat Moreda (tesoureira); África García e Mónica García (vogais).

Diario de Ferrol

martes, 8 de noviembre de 2011

CONCURSO DESEÑO LOGO


CONCURSO  LOGO 

  Estimados/as alumnos/as:
   A ANPA do IES Sofía Casanova quere estrear a súa actividade solicitando a vosa colaboración para atopar un logotipo que o represente.
Gustaríanos aproveitar a ocasión para achegarvos o noso desexo de acoller de aquí en adiante as propostas que teñades para a ANPA e que fagan que o IES Sofía Casanova sexa un centro do que todos podamos sentirnos orgullosos.
Obxectivo:
Deseño dun logotipo para a ANPA do IES Sofía Casanova que pódase usar en calquera tipo de soporte, xa sexan  misivas, cartas, blog, carteis, selos,…
Consellos:
O único texto que pódese incluír no deseño do logotipo é “ANPA IES Sofía Casanova” ou “ANPA”. Aconséllase sinxeleza, que sexa lexible en tamaño pequeno e un colorido (no caso de telo) que permita a impresión en branco e negro.
Premio:
Un vale de 50 Euros para trocar por aparellos ou prendas deportivas.
Bases do concurso:
-Pode participar calquera alumno/a do centro.
-O deseño do logotipo presentarase en formato DIN-4.
-O nome, apelidos e curso do participante ten que indicarse no reverso do deseño.
-Os participantes deixarán as súas propostas no buzón da ANPA.
-O último día de recollida de propostas será o venres 18 de novembro.
     Recibide os nosos mellores saúdos ...e sorte.

- A directiva.-